14 persoas participan no obradoiro ‘Elaboracin de pan artesn con formento’

Redescubrindo a forma de facer pan

O taller cubriu en apenas uns das todas as prazas dispoibles

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Cultura
DUVI 09/11/2018

Est de moda facer pan? Moreas de libros, blogs, vdeos, cursos ou conferencias sobre como facelo inundan tanto internet coma tendas de libros. As diferentes opcins van dirixidas a todo o público, dende principiantes ata persoas que polo tempo que lle levan dedicado xa son verdadeiras especialistas e, xunto a isto, as ventas de panificadoras seguen a aumentar.  Neste contexto, a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria lanzou este ano o obradoiro , unha iniciativa que gozou dunha grande acollida entre o público, cubrindo en apenas uns das todas as prazas dispoibles.

A idea para facer este obradoiro xurdiu do interese que espertou o ano pasado o taller Plantas silvestres comestibles de primavera, no que tamén se encheron as prazas vacantes nun tempo récord. Agora, neste novo obradoiro, combnanse aspectos tericos sobre as calidades nutricionais do pan feito con formento e con farias de cereais cultivados de maneira respectuosa co produtor, o consumidor e a natureza vez que se practica a elaboracin do pan. “O formento é o levedo que se fai a base de faria e auga, o tradicional; axuda a dixerir mellor o pan e aproveita unha chea de nutrientes”, explica César Lema, unha das dúas persoas que imparten o curso. 

As 14 persoas que estn a participar no taller teen perfs variados, a maiora son mulleres de mediana idade, tanto da contorna universitaria coma allea, que se esforzan e teen interese en aprender a facer os seus propios pans nutritivos a base de farias de trigo, de millo, de centeo, de landra, sen glute, de plantas silvestres... “Cando un adquire os coecementos tericos e prcticos e ten vontade de alimentarse co pan noso de cada da a cousa é moito mais doada”, afirman dende a organizacin. 

Cocia combinada cun percorrido polo campus de Vigo

As clases desenvlvense na sala II do edificio Miralles e al cada mércores pola tarde e durante tres horas, o alumnado aprende a manipular e crear pan de diferentes tipos; tamén traballan as variadas técnicas de elaboracin como son a autlises (proceso biolxico polo que unha célula se autodestrúe), a mestura, o repouso, o amasado, as fermentacins, o boleado, o formado e a coccin. Por outro lado, o programa do curso inclúe a posibilidade de coecer, a través dunha andaina pola contorna do campus, as plantas silvestres que se poden engadir s farias de cereais para darlle mis nutrientes e outros gustos e sabores, “a diversidade da contorna permtenos ensinarlles que hai moito mis que trigo, é dicir, agricultura” engade Lema.

Pensando no futuro

O alumnado ten claro que o que mis lle gusta é “ver que o pan sae ben e que é sabedeiro pero a pesar das ganas de facer un bo pan, o manexo do formento é complicado e require moita preparacin”, comentan dende o obradoiro. Os profesores que imparten o curso, César Lema e Sofa Armenteros, saben o complicado que é facer o pan tradicional e, pese a iso, teen o propsito de que dentro dun ano o cen por cen do alumnado siga elaborando o seu pan con formento e farias cultivadas de forma respectuosa coas persoas que traballan o campo, coas que consumen e coa terra, para recuperar a idea do pan como alimento bsico de sempre. Neste obradoiro ponse unha “pequena semente para que a xente decida se quere coidala ou non”, conclúe Lema.