Tras rematar o proceso de votacin para elixir as novas denominacins
Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato darn nome aos edificios administrativos do campus
Tras unha semana de votacin nas redes sociais, a 鶹 xa coece os novos nomes para os edificios administrativos do campus de Vigo. Xerencia-Servizos Centrais pasar a chamarse Exeria;a Reitora levar o nome de Ernestina Otero e o Anexo a Xerencia ser coecido co nome de Filomena Dato. En total, como explica a vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama, “entraron en contacto entre o visionado de historias de Instagram, impresins de Twitter e mis a interaccin directa en Facebook un total 20.289 persoas”. Neste sentido, dende o equipo de goberno amsanse moi satisfeitos “coa participacin, implicacin e interese por parte da comunidade universitaria nesta iniciativa”. En total emitronse 2195 votos, sendo Facebook a plataforma na que participaron mis persoas.
Con esta proposta institucional tratbase de render homenaxe, mostrar e recuperar a memoria de mulleres que contriburon ao desenvolvemento de Galicia e, para iso, propuxéronse dous nomes femininos senlleiros para cada edificio. Deste xeito, cada unha das instalacins ter “un nome propio, independente dos usos dados en cada momento”, como indicaba o reitor na sesin do Claustro do da 18 de xullo, cando adiantaba a decisin de levar a cabo esta proposta.
Exeria, novo nome para Xerencia-Servizos Centrais
No caso do edificio de Xerencia-Servizos Centrais, no que actualmente est o despacho do reitor, o nome elixido pola comunidade universitaria foi Exeria, que obtivo a maiora dos votos, un 58%, fronte ao 42% de Mara Wonenburger. Por redes, Exeria foi a eleccin maioritaria en Instagram (53%) e Facebook (65%), non as en Twitter (46%). Deste xeito, o edificio levar o nome da autora dun Itinerarium Terra Santa, da que fala por primeira vez Valerio do Bierzo, ao redor do ano 680, nunha carta dirixida probablemente comunidade monstica de San Pedro de Montes. Exeria viviu no século IV, na provincia romana de Gallaecia. Muller curiosa, intrépida, audaz e forte, acadou moita sona pola súa viaxe a Oriente entre os anos 381 e 384, emprendida para coecer directamente os lugares bblicos e evanxélicos, e tamén a Tebaida exipcia, onde estiveron os ascetas do primeiro cristianismo.
Ernestina Otero para Reitora
A redondelana Ernestina Otero dar o seu nome Reitora. A súa foi a escolla coas porcentaxes mis claras, acadando o 72% dos votos, fronte o 28% que obtivo Sofa Casanova. Nesta votacin, houbo substanciais diferencias segundo as plataformas, acadando o 78% dos votos en Facebook e o 63% en Twitter, pero tan s o 34% en Instagram. Otero naceu en Redondela en 1890 e cursou os seus estudos de mestra elemental e superior en Pontevedra e foi unha das primeiras mulleres en obter o ttulo na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid. Desde o principio, a súa traxectoria estudantil e profesional opúxose, no que educacin das mulleres se refire, ideoloxa dominante do momento orientada fundamentalmente formacin de boas fillas, nais e esposas.
Filomena Dato para o Anexo a Xerencia
Para o Anexo a Xerencia a comunidade universitaria elixiu o nome da poeta Filomena Dato, cun 56% dos votos, fronte ao 44% de Ángela Ruiz. Neste caso, foi elixida maioritariamente nas tres redes sociais, cun 51% dos votos en Instagram, un 63% en Facebook e un 54% en Twitter. Desta escritora, nada en Ourense en 1856¬, coécense poucos datos persoais. Profusamente galardoada, mantivo desde nova unha estreita amizade coa escritora Sofa Casanova e compartiu faladoiro e inquedanzas feministas con Emilia Pardo Bazn, Fanny Garrido e outras intelectuais. Colaboradora habitual en xornais da súa época, pronunciou conferencias en defensa das mulleres en intervencins públicas. En 1906 ingresou na Real Academia Galega como membro correspondente.




