Recolle fotografas de estudantes de Belas Artes que reflexionan sobre a orde sexual imposta
Imaxes que rompen os moldes da orde sexual imposta
A exposicin 'Sen Moldes II' pdese visitar no Centro Comercial de Cidade Universitaria
19 fotografas, 19 xeitos de rachar cos roles de xénero, 19 propostas para amosar realidades discrepantes e creativas que rompen a orde sexual imposta. Detrs destas visins estn outros tantos estudantes da Facultade de Belas Artes que dan forma segunda edicin da mostra Sen Moldes, que se pode visitar deste hoxe mércores no Centro Comercial de Cidade Universitaria.
Trtase dunha iniciativa posta en marcha polos docentes Mar Caldas, Andrés Pinal e Carlos Tejo, co patrocinio da Unidade de Igualdade, baixo o paraugas da materia Técnicas Fotogrficas, que se imparte no primeiro curso do grao. Tejo explica que se seleccionaron 19 obras entre os 149 traballos presentados dentro da materia, “nos que se resume o que aprenderon ao longo do curso tanto a nivel técnico como conceptual”. Os docentes realizaron un convite ao alumnado para reflexionar arredor “dos roles de xénero, da violencia machista e das valentes eleccins que cuestionan unha impositiva heterosexualidade”. Deste reto naceron as imaxes que agora conforman a mostra Sen Moldes, “diferentes xeitos de enfocar a perspectiva de xénero, dende a temtica da violencia de xénero, a discriminacin laboral da muller, a falta de empata por outras opcins de orientacin sexual, etc.”, remarca o docente. As metforas, que provocan lecturas abertas, dominan a seleccin das obras, pero outras “falan directa e abertamente sobre a temtica proposta”, con visins crticas, discrepantes, innovadoras, creativas, diverxentes ou mesmo paradoxais.
O profesor Tejo tamén fai fincapé en que das 19 obras que foron seleccionadas para a mostra, 18 son de alumnas (Nahir Álvarez, Uxa Armada, Mara Barca, Lola Calvio, Benita Diéguez, Daniela Domnguez, Vanesa Domnguez, Carla Fernndez, Nuria Ferreiro, Sofa Gonzlez, Laura Lpez, Carla Montouto, Mnica Pascual, Iria Pazos, Mara Pérez, Paola Reboreda, lria Pereira e Uxa Zamar) e tan s unha dun alumno (Mateo Barcia). Tanto Tejo, como a decana de Belas Artes, que tamén asistiu inauguracin, destacaron tanto a resposta e implicacin do alumando como a calidade das obras, “sobre todo tendo en conta que son traballos realizados no primeiro ano de carreira”. Como parte do proceso creativo, quixeron tamén salientar “o acertado uso de ferramentas como a introspeccin, os xogos coa linguaxe ou un lúcido sentido do humor”.
Igualdade como contido transversal
A aposta de Mar Caldas, Andrés Pinal e Carlos Tejo pola interrelacin entre arte e igualdade é fonda e estruturada. A materia Técnicas fotogrficas, da que nace esta exposicin, conta cun mdulo sobre xénero e igualdade, convertendo esta temtica nun contido transversal na formacin dos futuros titulados e tituladas. Analizan, por exemplo, “a obra de autoras que estn traballando con fotografa arredor do xénero, serven como referentes e ademais permtennos introducir as bases tericas que estn detrs deste discurso”, explica Carlos Tejo. A decana de Belas Artes demanda mis iniciativas deste tipo, que permiten que a igualdade se converta en formacin transversal, algo que como engade Tejo, “xa esixe a lexislacin espaola”. Neste sentido, a Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade, lembrou que na reunin da sectorial da CRUE “unha das medidas que se van abordar é que a perspectiva de xénero sexa un criterio para acreditar ou non unha titulacin” e, de aprobalo, tera un “efecto cascada” para que a igualdade entre no currculo.
Mentres non sexa as, a inclusin de contidos relacionados coa igualdade nas aulas depende, como remarcaba a decana Silvia Garca, “dun profesorado moi sensibilizado e implicado neste tipo de temas”, que traballe para romper con dinmicas que teen aos homes como únicos protagonistas, “como por exemplo no mundo da arte, que transmite o patrn de varn, branco e heterosexual”, cando nas facultades de Belas Artes o alumnado é maioritariamente feminino.
Reivindicar o corpo e visibilizar a diversidade
Entre as 19 obras da exposicin est a fotografa que asina Lola Calvio, na que tratou de centrarse no xénero feminino, cun plano detalle do vello na axila e da mamila, coa que “principalmente quixen plasmar a crtica que a muller sufre no seu fsico a través de dúas cousas mis odiadas, criticadas e censuradas hoxe en da”. A proposta de Nahir Álvarez é tamén moi explcita, e con ela trata de “visibilizar diferentes tipos de parellas e amosar que cando es libre, es feliz”. Menos directa é a obra de Mateo Barcia, unha fotografa que forma parte dunha serie “que fala da contraposicin da roupa de xénero masculino fronte do xénero feminino, con sutilezas como a direccin na que se abrochan os botns, que son moi representativas”.
A mostra exporase tamén nos vindeiros meses no campus de Pontevedra e no de Ourense.




