Ata o 31 de outubro na Facultade de Filoloxa e Traducin

Unha exposicin reúne no campus libros de 34 editoras cartoneiras de 12 pases

Son volumes con tapas de material reciclado e pintadas a man

Tags
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Internacional
  • Cultura
DUVI 02/10/2018

O movemento cartoneiro naceu a comezos deste século na Arxentina como unha resposta ao mundo editorial tradicional, unha aposta innovadora que, por unha banda, se asenta no uso de material reciclado e, por outra, trata de espallar a cultura e a literatura mis al dos circutos comercias. Dende que naceu a primeira editora deste tipo, Elosa Cartonera, en Bos Aires en 2003, este movemento foise estendendo, primeiro por Latinoamérica e Estados Unidos e despois por Europa. Agora, unha exposicin no campus de Vigo reúne libros de 34 editoras cartoneiras de 12 pases, exemplares que se podern ver e tocar na Facultade de Filoloxa e Traducin ata o 31 deste mes de outubro.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da coleccin que Gaudêncio Gaudério, de Vento Norte Cartonero, foi creando ao longo dos anos, dende que entrou en contacto con este mundo. Explica que na mostra pdense atopar exemplares de editoriais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Chile, Estados Unidos, Italia, México, Panam, Paraguai, Perú e Espaa, entre elas a editora da 鶹, Astromntica Cartoneira. Segundo apunta “son libros cuxa caracterstica principal é que as súas tapas estn feitas con cartn e pintadas a man, o que implica que nunca hai dous iguais, feito que lles outorga a súa singularidade”. Por estes motivos, remarca o propietario da coleccin, os proxectos cartoneiros estn vinculados, por unha banda, “ tarefa de reciclar e de colaborar coa sustentabilidade do planeta” e, por outra, son iniciativas que procuran que “o obxecto libro sexa accesible aos mis diferentes lectores, pois polo seu proceso de confeccin medio artesanal case sempre circula a prezos baixos, e moitas veces por espazos pouco convencionais o non ligados cultura letrada”. Neste sentido, tamén engade que as editoras cartoneiras “adoitan ser proxectos de pequenos grupos ou colectivos, sen carcter comercial, que case sempre se converten en plataformas de proxeccin de suxeitos e linguaxes que non teen acceso industria editorial”. Ao seu obxectivo de promover a escrita e a lectura, engdese a tarefa de divulgacin, realizando obradoiro sen escolas, prisins ou centros comunitarios, nos que amosan s persoas participantes como é o proceso de elaboracin dun libro cartoneiro. En resumo, remarca que este tipo de publicacins “non pretende competir co mercado; a súa aspiracin é crear un espazo paralelo ao mercado para que autores e lectores poidan relacionarse baixo outros principios grazas mediacin do cartn”.

“Un produto tpico da realidade latinoamericana”

Os volumes que integran a exposicin, que se pode visitar na Facultade de Filoloxa e Traducin, forman parte da coleccin particular de Gaudêncio Gaudério. Recoece que este tipo de libros interésanlle, ademais de polas formas concretas da creatividade, porque xorden das situacins de crises sociais e polticas, “son un produto tpico da realidade latinoamericana, que agora se expande polo mundo europeo”. Remarca tamén que como cartoneiro, est implicado no intercambio de “historias e experiencias” e no troco dos volumes que se publican. “As puiden montar a exposicin a comezos de ano” e, tras pasar pola Biblioteca Nacional de Portugal, “con moi boa repercusin entre o público” e por Viseu, recala agora en Vigo “grazas implicacin de Mercedes Fernndez e Susana Pereira, comisarias da mostra, e dos profesores Fernando Ramallo e Luis Alonso Bacigalupe, decano do centro. A todos eles Gaudério agradécelles a súa axuda, porque “para ns é de vital importancia divulgar noutros contextos culturais, como o galego, o que construmos co cartn”.

As orixes de Vento Norte Cartonero

Vento Norte Cartonero é o proxecto actual de Gaudêncio Gaudério, pero non o primeiro. Explica que a súa relacin co mundo cartoneiro nace cando un amigo lle trae de Bos Aires “un libro bastante raro, ben rústico, con tapas de cartn, pinturas coloridas, dun narrador peruano e feito por unha editora da que non coeca a súa existencia: Elosa Cartonera”. Tras coecer e visitar algunhas outras editoras, de regreso en Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil, “comecei a organizar a primeira editora cartoneira do estado”, que se fixo realidade en 2013 baixo o nome de Maria Papelão. “Durante un ano publicamos cinco libros e realizamos obradoiros en diversas escolas públicas”, pero o grupo desfxose en 2014, dando paso nese mesmo ano ao nacemento de Vento Norte Cartonero. Neste tempo, a editora conseguiu crear un catlogo de 17 ttulos e tres mis en preparacin, ademais de realizar talleres en varios lugares do mundo, entre eles, tres en Vigo no mes de marzo.