O club contar con arredor de 50 xogadores e xogadoras

O Auriense FG afronta unha nova tempada co reto de seguir medrando “no deportivo e no social”

Entre as súas prioridades estarn consolidar a escola universitaria e crear canteira

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 26/09/2018

En plena semana de promocin e captacin de novos membros e coa vista posta no inicio da Liga Galega de Fútbol Gaélico a fin de semana, o Auriense FG afronta a tempada 2018/2019, a cuarta desde o seu nacemento, co reto de seguir medrando en participacin e calidade de xogo e apostando pola combinacin de actividade deportiva e social.

Esta tempada, o club, que ten un equipo masculino e outro feminino competindo na Liga Galega, conta cun número aproximado de 50 xogadores e xogadoras, das e dos que practicamente o 80% renovan da tempada anterior. Co inicio do curso académico brese de novo a matrcula na escola deportiva de fútbol gaélico que o club desenvolve coa 鶹 no campus de Ourense. “Hai que ter en conta que anda non comezou a traballar a escola deportiva, da que agardamos ter boa acollida e que sume mis efectivos polo menos nos adestramentos”, sinalan desde o equipo ourensn.

Intentar crear un terceiro equipo

Sobre o enfoque desta nova etapa, Milln Brea comenta en nome do club como o piar do seu traballo, e mxima prioridade hora de organizar a tempada, é unha vez mis “o aspecto deportivo e social e non o de resultados”. Durante este curso, detalla, “os esforzos centraranse en consolidar e primeira (e única) escola universitaria de fútbol gaélico de Galicia e, tratar de crear canteira e formar un grupo de rapazas e rapaces de entre 14 e 17 anos para poder xogar amigables con outros clubs galegos que tamén apostan pola base como clave no crecemento do deporte na nosa terra”. Dous retos importantes, recalca, que poden desembocar nun terceiro obxectivo “que ser a configuracin dun novo equipo que compita a vindeira tempada representando nosa provincia”. Tratarase dun filial do Auriense “que favoreza a entrada de novas e novos xogadores e que dea continuidade ao proxecto”, segundo explican desde o equipo.

Polo que respecta ao aspecto deportivo, desde o Auriense FG comentan que o formato en liga masculina, a partir desta tempada nove contra nove en campo grande, “é moi ilusionante para o noso equipo”, salientando como buscarn “unha boa clasificacin durante a primeira volta da liga (con 14 equipos), para poder disputar nunha segunda volta o ttulo cos mellores equipos”. Polo que atinxe categora feminina, engaden, “o obxectivo ser como en tempadas anteriores pelexar polos primeiros postos”. Como parte do fútbol gaélico galego, desde o club ourensn sublian ademais como “segue medrando en Galicia non s en número de fichas, senn tamén en calidade, sendo na actualidade campioas de Europa en feminino e subcampins en masculino, cun obxectivo no vern de 2019: o mundial e Dubln, onde partiremos como favoritos para os ttulos en ambas categoras”.

Afeccin e novos membros

Co obxectivo de dar a coecer o fútbol gaélico, de crear afeccin e de captar novos membros para o club, desde o Auriense Gaels (nome que agrupa ao Auriense masculino e feminino as como o equipo mixto Afiadoras), estn a desenvolver as IV Xornadas de Fútbol Gaélico cun amplo programa de actividades, que abrangue desde mesas informativas e adestramentos abertos ata xogos, sorteos e unha mesa redonda sobre a perspectiva de xénero neste deporte. No marco destas actividades promocionais tamén visitaron a Vicerrreitora do Campus de Ourense para facer entrega vicerreitora, Esther de Blas, dunha camiseta do club.