Ciencias da Educacin acoller un ciclo de literatura infantil e xuvenil

Os martes de outubro son para espertar a paixn pola lectura

Ledicia Costas e Yolanda Castao estarn no panel de participantes

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • Ourense
  • Cultura
  • Estudantes
DUVI Ourense 19/09/2018

Ledicia Costas, Mara Lado, Yolanda Castao, Esther F. Carrodeguas e Carlos Negro. Estas son as catro escritoras e contacontos e o escritor que ao longo do mes de outubro se achegarn Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense para participar nunha nova edicin, a cuarta, do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil.

A iniciativa, coordinada pola profesora deste centro Isabel Mocio coa colaboracin da Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Xunta de Galicia, ten como obxectivo enriquecer a formacin das e dos docentes e futuros docentes, especialmente estudantes de Educacin Infantil e Primaria, en materias relevantes para o seu desenvolvemento profesional. O ciclo, sinala a súa responsable, nace da preocupacin pola falta de hbito lector no alumnado, neste caso do alumnado de Ciencias da Educacin. “Se as e os futuros docentes non len é practicamente imposible que o seu futuro alumnado lea, rmpese a transmisin do gusto pola lectura”, recalca Isabel Mocio. Fronte a outras alternativas de ocio, como a televisin ou Internet, a docente sinala como ler require dun esforzo e da creacin dun hbito no que o papel do profesorado é moi importante.

Neste ocasin e ademais deste obxectivo principal, como eixe temtico transversal do ciclo escolleuse A lectura como ferramenta de equidade. Trtase, apunta a coordinadora da iniciativa, tamén de empregar a lectura como “unha ferramenta para a formacin, para facermonos conscientes da necesidade dunha sociedade mis equitativa na que todas as persoas tean as mesmas oportunidades independentemente das súas caractersticas e necesidades particulares”.  

Da poesa ao contacontos

Sobre as conferencias que se ofrecern, Isabel Mocio salienta como “quixemos traer escritoras e escritores que nos deran puntos de vista diferentes pero complementarios, que amosaran ao alumnado vas posibles para a animacin lectura”. As, a programacin arrancar o da 2 de outubro cunha conferencia de Ledicia Costas titulada Luces e monstros, da realidade fantasa que permitir ao público asistentes escoitar a “unha das autoras mis lidas en Educacin Primaria en Galicia e que ten unha presencia social e meditica moi importante”, segundo apunta a coordinadora da cita. Seguiralle unha conferencia de Mara Lado o da 9 titulada Como pode a literatura cambiar (un pouco) a túa vida. “Mara Lado destaca por unha actitude reivindicativa a nivel social que é moi interesante de traer a este ciclo”, comenta Mocio.

As sesins continuarn o da 16 de outubro coa intervencin Chaves en letra miúda da poetisa Yolanda Castao. “No caso de Yolanda, que é unha figura meditica moi representativa da xeracin dos 90, interésanos especialmente para este ciclo o seu traballo da poesa e da palabra tamén como intervencin ou performance”, comenta Isabel Mocio. A penúltima das conferencias ser a de Carlos Negro, do que desde a organizacin sublian como se trata “dun dos poetas novos mis innovadores, que consegue enganchar xuventude falndolle na súa propia linguaxe”. Pechar a actividade o da 30 de outubro Esther F. Carrodeguas, contacontos e actriz que permitir s e aos asistentes ao ciclo “ver como se leva a literatura a outras formas de expresin”. 

Como en anteriores edicins, todas as conferencias celebraranse s 18.00 h na Sala Emilia Pardo Bazn da Facultade de Ciencias da Educacin, estando abertas asistencia do alumnado deste centro, dos estudantes do campus de Ourense, de docentes en activo e de público en xeral interesado nesta temtica.