Pola plena igualdade de mulleres e homes
Comunicado de CRUE Universidades Espaolas pola plena igualdade de mulleres e homes
Madrid, 8 de marzo de 2019
O establecemento do principio xurdico de igualdade entre mulleres e homes foi un dos grandes fitos sociais do século XX e a plena consecucin dese dereito universal debe ser un dos logros colectivos que agora vexamos culminado. Os avances no camio cara igualdade efectiva foron o resultado dos esforzos de moitos actores sociais, moi especialmente das universidades. O noso papel é primordial na transmisin de valores para construr unha sociedade cada vez mis tolerante, xusta e igualitaria. Pero a meta non se alcanzou anda. E xa é tempo de encarar a recta final.
As universidades somos un reflexo da nosa sociedade e nelas vemos con satisfaccin como se alcanzou o equilibrio entre mulleres e homes nas súas aulas, nos seus claustros ou nos expedientes académicos mis brillantes. Con todo, tamén vemos con inquietude como persiste ese teito de cristal que frea o acceso aos postos de mxima responsabilidade, como as carreiras cientficas ou académicas se ven lastradas polas cargas que asumen maioritariamente as mulleres no mbito familiar ou como non somos capaces de atraelas cara s carreiras tecnolxicas. Tampouco conseguimos erradicar das nosas comunidades universitarias a violencia machista e o acoso sexual e por razn de sexo.
Todas estas desigualdades non s son inxustas e intolerables, moitas mesmo ilegais, senn que ademais nos fan perder moito talento. Sen a plena participacin das mulleres en todos os mbitos perdemos unha visin insubstituble para a ciencia e privamos a sociedade de novos enfoques que nos conduciran a valores mis sustentables e eficientes.
Crue Universidades Espaolas traballa a diario, desde as unidades de igualdade das súas universidades, para promover a igualdade dentro e fra das nosas comunidades e, tamén, contamos cunha longa traxectoria en estudos universitarios de xénero, con magnficos equipos de investigacin. Grazas a ese esforzo conxunto, temos unha lexislacin e unhas polticas públicas de igualdade innovadoras que estn a contribur a conformar unha sociedade mellor e mis xusta.
Pero toda accin provoca unha reaccin. O estudo das desigualdades de xénero achegou un rigoroso corpus terico, avalado cientificamente, que non merece ser posto en dúbida con argumentos exclusivamente ideolxicos, como se fixo nos últimos meses. As universidades queremos expresar a nosa preocupacin polos debates que cuestionan a existencia mesma das polticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero baixo o equvoco argumento de que discriminan aos homes. Por iso, pedimos que os partidos polticos traten con rigor e responsabilidade as polticas de igualdade e deixen literatura académica especializada e ao coecemento experto de xénero ilustrar esas discusins.




