DUVI

Diario da 鶹

claustro

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Democracia
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 08/07/2025

Último informe de Esther Pillado como valedora universitaria

Como via acontecendo nos últimos anos o informe da Valedora Universitaria confirmou a tendencia crecente dos expedientes e das consultas, “o que non debe levar necesariamente conclusin dun aumento da conflitividade na universidade”, explicou Esther Pillado, no que, tal e como ela mesma anunciou, ser o seu último informe ante o Claustro como valedora universitaria. “O meu mandato, de seis anos, empezou o 15 de outubro de 2019 e, polo tanto, achégase ao seu fin, polo que para a prxima memoria ser outra persoa a que colla testemua da Valedora Universitaria”, apuntou Pillado, quen aproveitou para dar as grazas “pola confianza depositada en min” para levar a cabo un labor ao que se referiu como “moi gratificante e intenso”. Admitiu “marchar satisfeita se nalgo axudei a mellorar a vida da comunidade universitaria e pido desculpas se nalgún intre non estiven altura do que se agardaba de min”, subliou a valedora, a quen o reitor agradeceu todo o traballo realizado fronte da Valedora.

No que ao informe da valedora se refiere Pillado explicou que no ano 2024 confrmase a tendencia alza dos expedientes (nun 4 %), pero sobre todo chama a atencin o crecemento das consultas nun 41 % fronte ao 2023”. Este incremento do número de peticins de intervencins débese, ao seu modo de ver, a un conxunto de factores: dun lado, a maior visibilidade que foi acadando este rgano e a confianza nel depositada da comunidade universitaria como instrumento de control; doutro lado, un maior coecemento por parte do alumnado, o PDI e o PTXAS dos seus dereitos e de como exercelos. “Agora ben, non se pode deixar de sinalar que, sobre todo os colectivos de PDI e PTXAS, estn dirixindo Valedora Universitaria unha serie de queixas, reclamacins e consultas que evidencian situacins de tensin na aplicacin dos procedementos e normas vixentes”, salientou a valedora.

Coma en anos anteriores, a maiora dos expedientes refrense ao estudantado (59 %), seguido a bastante distancia polo profesorado (21 %) e polo PTXAS (20 %), se ben neste último a porcentaxe vai en aumento. Outro tanto acontece coas consultas, das que o 58 % proceden do estudantado, o 35 % corresponden ao profesorado, mentres que as do PTXAS representan un 7 % do total das recibidas.

Os motivos que levaron a abrir expedientes no sector do estudantado estn relacionados, sobre todo, coas avaliacins, bolsas, docencia en lia, Erasmus, exencin de prezos públicos, taxas, matrcula… No sector do PDI, as queixas céntranse na aprobacin de actas de consello de departamento, na avaliacin de actividade docente, na avaliacin por compensacin... No caso dos PTXAS as queixas refrense RPT, accin social por incapacidade permanente total, axuda do fondo social, cambios de quenda...

“Bo progreso” na execucin do Plan Estratéxico 2021-2026

Outro dos puntos desta sesin do Claustro foi a presentacin do informe de seguimento e avaliacin anual do Plan 2021-2026 da 鶹, no que se d conta do grao de avance na consecucin dos obxectivos establecidos neste documento, permitindo “identificar as fortalezas e as debilidades da Universidade no seu camio cara ao logro dos seus obxectivos estratéxicos e a mellora continua na calidade do ensino, investigacin e xestin, e unha maior eficiencia e eficacia no uso dos recursos públicos”. 

Segundo explicou Mnica Siota, coordinadora do Plan Estratéxico, dos 29 obxectivos e 118 accins que se incluron inicialmente no Plan Estratéxico, actualmente pasouse a 30 obxectivos e 124 accins. Desas 124 accins, 11 xa foron completadas (8,9%), 91 xa estn iniciadas (73,4%) e s 22 estn anda pendentes de iniciarse (17,7%), “o que pon de manifesto un bo progreso na execucin do Plan Estratéxico”.

Ademais, no seguimento do 2024 percbese a tendencia mellora xeneralizada dos valores dos indicadores, con evolucin positiva do 54,8% dos avaliados. A diferencia do seguimento de 2023, no 2024 hai algúns indicadores con evolucin negativa, pero s representan o 8,5% dos indicadores avaliados, como indicaba Siota. O outro 36,6% presentan unha situacin estable. 

Neste punto, entre outros membros do Claustro, interveu o profesor Xosé Henrique Vzquez, en nome de Ns Universidade, que sinalou varias eivas dun documento de seguimento “que debera servir para axudar a axustar decisins e reasignar recursos, pero se non permiten avaliar avances nin formular aprendizaxes, perde a súa razn de ser como instrumento de gobernanza”. Como propostas de mellora, Vzquez aposta polo despregue de ferramentas de xestin que permitan facer seguimentos, incluso en tempo real; que se dispoa dun cadro de mando e que todos os obxectivos do plan tean indicadores clave fciles de entender e medibles, marcando metas concretas e contando con datos actualizados.