DUVI

Diario da 鶹

Nun acto organizado pola Área de Normalizacin Lingüstica

Versos de música e area despiden o ano de Xela Arias na Facultade de Filoloxa e Traducin

Da man do artista Marcos Escudero e a chelista Margarida Mario

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Arte
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • ú
DUVI 09/11/2021

A poesa de Xela Arias converteuse este martes na Facultade de Filoloxa e Traducin nun espectculo multidisciplinar no que a area e a música, da man, serviron para plasmar en imaxes os versos da escritora homenaxeada neste 2021 nas Letras Galegas. O acto, organizado pola Área de Normalizacin Lingüstica da 鶹, foi o peche oficial de todo un ano de eventos e propostas que a Facultade de Filoloxa e Traducin lle dedicou que fora a súa alumna entre 1991 e 1994.

O espectculo De certo, a vida a en serio, mesturou os debuxos en area de Marcos Escudero e a actuacin da chelista Margarida Mario para converter en arte animado algúns dos poemas de Xela Arias, como Achégate a min, Vide, A Desorde, textos do poemario Daro a diario ou Oh, a botella. Como explica Marcos Escudero, esta proposta artstica pretende achegar a obra de Arias a todos os públicos, inclundo tamén aos nenos e nenas, motivo polo que inclúen unha animacin do conto O av Manuel pelexou cos lobos, que forma parte do libro Non te amola! As, o público presente no saln de actos da facultade puido ver, proxectado nunha pantalla,como o artista daba vida aos versos debuxandocos seus dedos na area, mentres unha voz en off la os poemas ao son das pezas interpretadas ao chelo.

O ano de Xela Arias na 鶹

Este 2021 a 鶹 uniuse con especial agarimo celebracin dunhas Letras Galegas dedicadas a unha ex-alumna e compaeira de clase de algunhas docentes do Departamento de Filoloxa Galega e Latina. Poeta, tradutora, editora, narradora e profesora; feminista, reivindicativa e transgresora... Xela Arias foi unha “poeta sen xeracin” que destacou pola súa “valenta”, como a definiu a súa amiga e profesora da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense Ana Iglesias nun artigo para o Duvi. Para renderlle homenaxe, os tres campus da Universidade acolleron ao longo de todo o 2021 multitude de actos e propostas tanto académicas como culturais, dende o acto institucional das Letras Galegas, celebrado no campus de Ourense, ata conferencias, concertos, certames ou presentacins de libros e revistas. Tamén o alumnado se uniu conmemoracin, por exemplo cunha mostra de traballos elaborados por estudantes de Educacin e Traballo Social ou o documental Xela Arias. Poeta nas marxes, que constitúe o traballo fin de grao de Beatriz Pereira, estudante de Comunicacin Audiovisual, que percorreu 30 localidades da man da Secretara Xeral de Poltica Lingüstica.

Outro dos eixos centrais desta celebracin foi a exposicin A poesa do retrato, unha mostra que recolle unha serie de poemas de Xela Arias xunto aos retratos realizados polo fotgrafo Xulio Gil nas décadas de 1980 e 1990 mentres eran parella. Tras percorrer os tres campus da Universidade, est de regreso en Vigo e pode visitarse no exterior da Facultade de Filoloxa e Traducin.