A través da combinacin dunha lectura graduada e unha metodoloxa baseada na dramatizacin
Docentes de Ciencias da Educacin e do Deporte converten un relato de Vicente Risco nun recurso para a aprendizaxe do galego
No marco dun proxecto de innovacin educativa
O lobo da xente, un relato publicado en 1925 por Vicente Risco, constitúe o punto de partida dun proxecto de innovacin docente dirixido a mellorar a competencia comunicativa en galego do alumnado da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, a través da combinacin de dúas estratexias metodolxicas. Coordinado polo profesor Carlos Valcrcel abrangue a adaptacin do relato como unha “lectura graduada”, seguindo unha metodoloxa baseada na adaptacin do vocabulario e a gramtica dos textos literarios a diferentes niveis de competencia lingüstica. A versin deseada, explica este docente, “inclúe apoio visual, glosario, léxico destacado e estruturas gramaticais sinaladas, especialmente relacionadas coa colocacin dos pronomes”. Tras a súa lectura, o alumnado participante debe levar esta historia aula a través dunha dramatizacin baseada na metodoloxa TPRS (Total Physical Response through Storytelling), que combina a narracin oral con xestos, movementos e repeticins, co propsito de “consolidar o léxico e a gramtica”
O proxecto Historias que se len, historias que se viven: integracin da lectura graduada e da TPRS para consolidar competencias en galego L2 ambiental busca “mellorar a competencia en galego” das e dos futuros docentes que se forman na facultade, especialmente a dun alumnado “que non sempre se sente seguro hora de lelo, falalo ou empregalo como futura lingua docente”, sinala Vacrcel. Seleccionado na convocatoria de proxectos de innovacin educativa promovida pola facultade neste 2026, nove docentes participan nun proxecto que parte da “necesidade de fortalecer a competencia comunicativa en galego” dun alumnado “maioritariamente castelanfalante e para quen o galego representa mis unha lingua ambiental e de herdanza”. Partindo deste marco, o proxecto busca tanto mellorar a súa competencia lingüstica, como familiarizalo con usos pedagxicos dos textos literarios, ao tempo que explorar “a integracin de innovacins metodolxicas no ensino do galego como segunda lingua ambiental”.
Adaptando 'O lobo da xente'
Esta iniciativa lévase a cabo con alumnado de sete materias dos graos en Educacin Infantil e Educacin Primaria integra e “dous enfoques metodolxicos complementarios e de eficacia contrastada na didctica de linguas segundas”, apunta Valcrcel. Por unha banda, as lecturas graduadas implican a adaptacin da “dificultade léxica e estrutural” de textos literarios, co obxectivo de que contribúan a aspectos como “a adquisicin accidental de vocabulario”. Neste caso, Carlos Valcrcel e Ana Acua traballaron unha adaptacin léxica e sintctica do texto de Risco, “para facelo mis accesbel, sen perder o seu valor literario nin o vnculo coa tradicin galega”.
Previamente, levaron a cabo un estudo de “erros lingüsticos” en textos do alumnado, que serviu de base para desear esta adaptacin, para a que, apunta Valcrcel “ensaiamos un proceso de asistencia con intelixencia artificial”. Este implicou unha “avaliacin cruzada de dous modelos”, mentres que un terceiro deba definir un texto de consenso para a súa revisin por parte dos investigadores, o que permitiulles tamén “explorar o potencial” destas tecnoloxas como “ferramenta pedagxica”.
Por outra banda, a escolla dun relato que aborda un elemento como a licantropa, presente en múltiples manifestacins culturais, buscaba “tender pontes entre a tradicin oral galega e a cultura popular contempornea”, vez que promover unha reflexin sobre a diversidade de xénero. A idea, explica Valcrcel, é empregar esta relectura de O lobo da xente “e o mito da licantropa como metforas da alteridade, da exclusin e da inclusin”, conectando “a aprendizaxe lingüstica coa educacin en valores”.
Dramatizacin na aula
A lectura desta adaptacin vese complementada pola dramatizacin oral do relato na aula, baseada na metodoloxa TPRS, que permite “incorporar movemento, xesto, humor e emocin”, na repeticin do vocabulario e as estruturas, promovendo unha “aprendizaxe experiencial e grupal”. Nese senso, se ben existen xa “varias experiencias” do uso de lecturas graduadas para o ensino do galego, non é as no caso dunha metodoloxa do tipo TPR (Total Physical Response), baseada no movemento e que xa centrara un proxecto de innovacin previo, centrado tamén nas súas posibilidades para a aprendizaxe do galego como segunda lingua.
Ao longo do ano, o equipo investigador prevé desenvolver esta experiencia con preto de 150 estudantes, complementndoa con actividades como conferencias de especialistas en dramatizacin pedagxica e adaptacin de textos orais. Polo de agora, apunta Valcrcel, “xa fixemos as primeiras intervencins co alumnado e os datos que recollemos”, a través dos cuestionarios deseados para a avaliacin do proxecto, “son moi positivos”. Estas primeiras experiencias permitiron constatar “unha mellora clara na motivacin, unha maior disposicin a ler en galego e unha boa retencin do vocabulario traballado”, vez que varias das persoas participantes sinalaron “que este formato lles d mis seguridade para ler textos literarios en galego e para imaxinar usos didcticos da literatura nas aulas”.
Xunto avaliacin final dos resultados, o proxecto completarase coa publicacin dos materiais xerados en formato aberto. As mesmo, entre os obxectivos do equipo investigador atpase tamén o de levar esta proposta a diferentes centros educativos.
