A cita celebrouse este sbado na piscina universitaria
Unha trintena de deportistas participaron no I Festival de Natacin Campus Auga
Nel realizouse unha recadacin solidaria destinada ao Banco de Alimentos de Ourense
Este sbado a piscina universitaria do campus de Ourense, Be One As Lagoas, acolleu o I Festival de Natacin Campus Auga, organizado polo Club Natacin Escualos Campus Auga. Unha trintena de deportistas paticiparon nalgunha das súas cinco probas: 50 m libres, 50 m braza, 50 m costas, 50 m bolboreta e 100 m estilos, habendo categoras sénior, mster e universitario.
Segundo indican desde a súa organizacin, a cita foi “o primeiro festival de natacin competitivo que se organiza en Ourense enfocado comunidad universitaria, anda que aberto participacin de todos”. Entregronse premios aos tres primeiros clasificados de cada categora, feminina e masculina, e dous trofeos para as e os nadadores que realizaron as 5 probas en menos tempo. O Trofeo Campus Auga na categora de universitarios foi para Claudia Álvarez e Brais Pino, recibindo cada un un vale por un mes gratis de Abono en Be One As Lagoas. O Trofeo Nadador Completo na categora absoluta levronno Natalia Rivas e Josué Pazos, recibindo cadanseu vale de compra por 50 euros en Bouso Intersport. Todas e todos os participantes tiveron algún obsequio marxe da competicin, como camisetas e agasallos de entidades colaboradoras, como Aceite Abril e Domusvi.
O festival tamén foi un evento solidario xa que para poder participar haba que levar alimentos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Ourense. “Estamos moi satisfeitos xa que cumprimos cos obxectivos do festival, que eran fomentar e apoiar o deporte na nosa comunidade e mis concretamente no Campus Auga. Xa estamos pensando na seguinte edicin e estamos seguros de que ser moito mellor”, indican desde o club organizador agradecendo s entidades colaboradoras todo o seu apoio nesta iniciativa.
