Acadaron os obxectivos marcados para esta tempada
Os equipos do campus rematan con bos resultados a súa participacin na Liga Galega de Xadrez 2026
O club conseguiu aumentar os seus membros e xogadores
A Liga Galega de Xadrez 2026 rematou e os cinco equipos cos que competiu nela o Xadrez Ourensn Universitario finalizan facendo un balance positivo da tempada. “En xeral, os obxectivos deportivos que tiamos marcados cumprronse e o mis importante, o club medrou en número de membros e xogadores”, sinalan desde o club do campus de Ourense. Co reto de consolidar e mellorar os resultados do pasado ano, os 57 xogadores e xogadoras do Xadrez Ourensn Universitario adestraron cada semana no seu local do Edificio de Ferro do campus de Ourense e competiron as fins de semana.
O equipo do Xadrez Ourensn Universitario que estivo na divisin mis alta da competicin foi o Universitario de Ourense A, que participou na categora de preferente, onde cada xornada xogaron seis taboleiros. O obxectivo principal era manterse outro ano mis na categora, xa que tanto os rivais como os desprazamentos "son moi esixentes". Finalmente quedou nunha sexta posicin, con tres vitorias, tres empates e tres derrotas, acadando polo tanto o seu obxectivo. Seguiulle o Universitario de Ourense B, que estivo en primeira divisin, onde xogaron catro taboleiros cada semana. Neste caso, o obxectivo que se marcaron era consolidarse anda mis na categora, xa que o ascenso non é posible porque a competicin non permite dous equipos do mesmo club en preferente, onde xa est o Universitario de Ourense A. O equipo da 鶹 quedou tamén en sexta posicin, con catro vitorias, tres empates e catro derrotas, manténdose na categora e mellorando a puntuacin da liga pasada.
Tamén en primeira divisin o club do campus competiu co Universitario de Ourense C. Este ano este equipo contou con varios reforzos, polo cal o obxectivo era finalizar o mis arriba posible na clasificacin. Neste caso quedaron en novena posicin, con catro vitorias, un empate e seis derrotas, salvando a categora e coa satisfaccin da boa resposta dos novos xogadores cos que contou este ano. Xa en segunda divisin participou o Universitario de Ourense D, con tamén catro taboleiros en cada xornada e co reto de manter a categora tratando de quedar no posto mis alto posible. Quedou nun cuarto posto, con catro vitorias, dous empates e cinco derrotas, manténdose na categora con moita marxe. Por último, o Universitario de Ourense E xogou en terceira divisin, con catro taboleiros por xornada. Nesta categora competiron os xogadores mis novos do club e o obxectivo era ascender a segunda divisin. Remataron a liga en terceiro posto e non puideron ascender pero, sublian desde o Xadrez Ourensn Universitario, “fxose un equipo de nenos e nenas que se divertiron competindo e que xa estn adestrando e agardando a liga de 2027”.
