DUVI

Diario da 鶹

Ouro para Saúl Bello, en loita, e Juno Moreno, en judo, e prata para Sara Pena, en taekwondo

12 medallas para a 鶹 nos Campionatos de Espaa Universitarios de Taekwondo, Loita, Judo e Atletismo

O botn inclúe oito bronces: seis en taekwondo, un en loita, un en judo e outro en atletismo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
D. Besado DUVI 12/05/2026

A 鶹 regresou dos campionatos de Espaa universitarios de taekwondo, loita, judo e atletismo cun balance de 12 medallas, obtidas nas competicins celebradas esta fin de semana en Granada e Jaén. O botn final inclúe dúas medallas de ouro, conseguidas por Saúl Bello, en loita, e June Moreno, en judo, unha prata de Sara Pena en taekwondo e oito de bronce -seis en taekwondo, unha en loita, unha en judo e outra en atletismo-, ademais de varios postos destacados en diferentes disciplinas.

Ouro para Saúl Bello e bronce para Gonzalo Caparrs, en loita

Na competicin de loita, celebrada en Granada, a representacin viguesa, integrada unicamente por tres competidores e cun Yassine Fouzi mermado fisicamente, conseguiu excelentes resultados: unha medalla de ouro e outra de bronce. Saúl Bello, estudante do Grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, proclamouse campin en -80 kg, mentres que o seu compaeiro de estudos Gonzalo Caparrs acadou o bronce na mesma categora. O torneo deixou ademais a circunstancia de que ambos estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte se enfrontaron nas semifinais nun combate polo pase final.

Ouro para June Moreno e bronce para Mario Tenreiro, en judo

Pola súa banda, no Campionato de Espaa Universitario de Judo, a 鶹 presentou un equipo moi novo, integrado por tres mulleres e un home, coa excepcin da xa veterana June Moreno, estudante tamén de Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte. A experiencia desta última permitiulle conquistar o ouro na categora de -78 kg, mentres que Mario Tenreiro, estudante do Grao de Educacin Primaria, tamén en Pontevedra, conseguiu o bronce en -81 kg.

Prata para Sara Pena e 6 bronces en taekwondo

No Campionato de Espaa Universitario de Taekwondo, disputado tamén en Granada, o equipo da 鶹 acadou unha medalla de prata e seis de bronce, anda que non conseguiu subir ao podio por equipos, rematando finalmente na sexta posicin. A competicin deixou un sabor agridoce, xa que varios dos combates que daban acceso s finais decidronse nos últimos segundos.

A prata chegou da man de Sara Pena, estudante do Grao en Educacin Primaria no campus de Pontevedra, na modalidade de poomsae (modalidade técnica) individual feminina, mentres que os bronces foron para os estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Adrin Davila en combate -54 kg, Lois Toms en -63 kg, Alba Rey en -67 kg e Nuria Cernadas en +73 kg, e da Escola de Enxeera Industrial Tudor Ciobanu en +87 kg (estudante de Enxeera Eléctrica) e Ekaterina Rebn en -62 kg (estudante Enxeara Biomédica).

A clasificacin xeral estivo encabezada pola Universitat de Valencia, seguida da Universitat Autnoma de Barcelona e da Universidad de Sevilla.

Bronce para Fernando Vallines en atletismo

En atletismo, nun campionato marcado pola presenza de deportistas de primeiro nivel como o campin do mundo Mariano Garca, a lanzadora galega Belén Toimil ou o especialista en 800 metros Pablo Snchez-Valladares, a participacin da 鶹 tamén deixou bos resultados. Fernando Vallines, estudante de Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, logrou o bronce en lanzamento de peso, e os seus compaeiros de facultade Xiana Lago foi cuarta na mesma disciplina e Pablo Ulla rematou sétimo nos 1500 metros lisos.

Medallas que consolidan a 鶹 nos campionatos estatais

Con estes resultados, a 鶹 continúa consolidando a súa presenza nos campionatos universitarios estatais, destacando tanto polos éxitos deportivos como pola proxeccin de novas promesas nas diferentes disciplinas.

No repaso aos éxitos acadados nas últimas semanas destacan os Campionatos de Espaa Universitarios (CEU) de Natacin e Natacin Adaptada, celebrados en Granada, aos que a 鶹 acudiu con nove representantes e nos que a institucin académica tomaba parte por primeira vez na competicin de natacin adaptada. Facao da man de Marcos Castro, estudante da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, e Hugo Mera, alumno da Escola de Enxeara de Telecomunicacin, que lograron as primeiras medallas nesta modalidade na historia da 鶹. Concretamente, Castro logrou o ouro na competicin de 50 metros braza na categora S1-S3, mentres que Mera sumou dous bronces, nas competicins de 50 e 100 metros libres da categora S1-S16.

O éxito chegou tamén no CEU de Esgrima, celebrado en Almera, neste caso da man do estudante da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais Marcos Rascado, medalla de ouro na categora de florete. Nesa mesma fin de semana, no campionato de bdminton, celebrado neste caso en Granada, a 鶹 estivo representada por cinco estudantes dos campus de Pontevedra e Vigo, sumando dúas medallas e o cuarto posto na clasificacin por equipos. Ana Nvoa, estudante de Fisioterapia, logrou o bronce na competicin individual feminina, ao que sumou o acadado en dobres feminino xunto con Sofa Álvarez, alumna da EU CEU de Maxisterio de Vigo.

Houbo tamén boas novas no CEU de Tenis de Mesa, en Jaen, cun bronce na competicin por equipos feminina acadado polas estudantes Laura Forte (CC da Educacin e do Deporte) e Noa Bernrdez (Dereito).