DUVI

Diario da 鶹

O profesor Alberto Ruiz de Samaniego analiza nun libro a primeira pelcula de Alain Robbe-Grillet

Reflexins que parten do cinema para explorar “a relacin entre imaxe, realidade e verdade”

O filme permtelle afondar tamén en temticas como a reescritura dos mitos ou o deambular urbano

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Deportes
DUVI Pontevedra 10/02/2023

Estreada en 1963, A inmortal (´ǰٱ) foi a primeira longametraxe dirixida polo escritor e cineasta francés Alain Robbe-Grillet, principal expoente do movemento literario Noveau Roman, que avogaba pola ruptura coas concepcins da novela decimonnica. Tomando como punto de partida este filme, no que un home marcado pola pasividade coece unha enigmtica muller en Istambul, o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego articula no seu novo libro La musa inquietante un conxunto de reflexins sobre “a relacin entre a imaxe, a realidade e a verdade, o espectral, o deambular urbano, as runas e o fragmentario ou a escritura do mito e da novela”, explica.

Publicado por Abada Editores, trtase, como recoece o ensasta e docente, do seu libro “mis digresivo”, no que a anlise dunha pelcula “extraordinaria e que non est o suficientemente recoecida sérveme para falar de todas aquelas cuestins que me interesan e interesaron ao Noveau Roman”, sinala. A primeira das dez longametraxes dirixidas por Robbe-Grillet, que previamente realizara o guin de O ano pasado en Marienbad, de Alain Resnais, é, “pola forma na que est narrada, toda unha declaracin de intencins”, que entronca directamente coa visin da escritura do Noveau Roman. “Non é unha pelcula lineal, é unha pelcula fracturada, da que o espectador ten que ir logo pegando os anacos, sen que haxa, diramos, unha solucin perfecta a ese proceso de reconstitucin do sentido perdido”, sostén Ruiz de Samaniego, que lembra nese senso como este movemento literario, no que se insiren tamén autores como Claude Simon ou Marguerite Duras, “ataca os fundamentos bsicos do que se entende por novela, como a trama lineal ou o propio concepto de personaxe”. De a que o profesor de Estética defina o filme que d lugar a este ensaio como “un dos exemplos mis perfectos da modernidade cinematogrfica, dunha ruptura moi evidente coa narrativa clsica tal e como a instaura Hollywood”.

Imaxe, realidade e memoria

Co filme como fo condutor, Ruiz de Samaniego aborda en La musa inquietante un conxunto de temas que, ao igual que a trama, non se suceden dun xeito lineal, senn que “van entrecruzndose e complementndose uns aos outros”. Partindo dunha historia na que o protagonista deambula por Istambul, atrapado pola imaxe dunha muller “que non chegamos a saber se existe de verdade”, o libro sitúa entre os seus “temas fundamentais a ontoloxa da imaxe, a anlise de cal é a relacin entre a imaxe, a realidade e a verdade”, destaca.

“A pelcula é en certa maneira, unha historia de pantasmas, que se desenvolve nunha Istambul que ten moito que ver coa presenza de runas, coa persistencia de tempos pasados”, engade Ruiz de Samaniego. De a que outro dos eixos do libro sexa precisamente, como sinala o seu texto de presentacin, promover unha reflexin sobre esas “imaxes das que est feita a nosa memoria” e sobre como estas permanecen nela como “espectros”, xa que, no fondo, engade este texto, “do que sempre se trata é de restitulas a vida, de como as imaxes son reincorporadas existencia”.

As mesmo, a “preocupacin polo papel da memoria, en relacin coa vida”, a espectralidade e a antigüidade grecorromana conflúen noutra das referencias nas que Ruiz de Samaniego afonda neste libro, Freud e a súa anlise da novela Gradiva, do escritor alemn Wilhelm Jensen. Trtase, lembra, dunha historia que “se desenvolve noutra paisaxe” caracterizada pola presenza de runas, como é Pompeia, ao que se suma o feito de que Gradiva é un “personaxe recorrente” na traxectoria de Robbe-Grillet, que centrou de feito nesta figura a súa última longametraxe.

Mitos e reinterpretacins

O propio devir do personaxe protagonista permite tamén a Ruiz de Samaniego afondar neste volume noutra temtica que forma parte dos seus eixos de anlise, a do “deambular urbano”, a vez que na “vontade” do protagonista “de ordenar os signos” ao longo dun filme marcado por ese “desenvolvemento nunca lineal”. Estas temticas conéctanse súa vez coa “natureza do mito”, outro motivo recorrente na traxectoria literaria de Robbe-Grillet, na que foi frecuente a formulacin “de núcleos narrativos de que dependen do mitolxico”. De feito, lembra, “o que hai detrs dunha das súas novelas mis coecidas, Les gommes, é o mito de Edipo”.

Esta exploracin levou súa vez ao docente e investigador a tratar de coecer o mito tras A inmortal, “que por un lado ten que ver coas augas, co carcter inquietante que ten o acutico para unha civilizacin sedentaria, e, dunha maneira moito mis clara, co mito de Diana e Acten”. Narrado por Ovidio nas súas Metamorfoses, trtase da historia dun cazador que, percorrendo un bosque, quedouse contemplando a deusa Diana bandose núa nun lago, o que provocou que esta o convertese nun cervo e fose devorado polos seus propios cans. “A pelcula é unha translacin contempornea deste mito, dun home que persegue a unha muller que sempre se escapa, ata o punto de que non chegamos a saber se existe de verdade ou non é mis que unha mera imaxe”, conclúe Ruiz de Samaniego.