O Pazo Provincial acolleu unha competicin que tivo como temtica o aumento do gasto militar
Estudantado de Direccin e Xestin PĂșblica e de catro institutos compite nun torneo de debate
O gaador
Estudantado de ESO, bacharelato e universitario puxo a proba este martes as sĂșas capacidades de oratoria e argumentacin na fase final do Club de Debate DXP, que tivo como sede o Pazo Provincial da Deputacin de Pontevedra. A pregunta de se Espaa debera ou non aumentar o seu gasto militar ata o 5% do PIB foi o eixe temtico das diferentes roldas desta competicin promovida pola Facultade de Direccin e Xestin PĂșblica, na que aos equipos lles corresponda por sorteo defender unha postura favorable ou contraria a esta idea. Nacida como un proxecto de innovacin docente, esta actividade alcanzou na sĂșa cuarta edicin o seu maior nĂșmero de participantes, con seis equipos de diferentes niveis educativos, de entre os que o xurado seleccionou un dos representantes da facultade como gaador final.
Nomeadamente, nesta edicin competiu tanto un equipo de primeiro curso do Grao en Direccin e Xestin PĂșblica como outro de terceiro, xunto a estudantes de 4Âș da ESO do IES A Xunqueira II, alumnado de 1Âș de Bacharelato do colexio Los Sauces, estudantes do segundo ciclo da ESO do colexio La Esperanza, de Vigo, e estudantado tamĂ©n de 4Âș da ESO do colexio Santiago Apstol, de Soutomaior. De a que o decano, Enrique Varela, definise esta actividade como âunha especie de torneo interxeracionalâ, na sĂșa apertura no saln de plenos do Pazo Provincial, na que estivo acompaado polo vicepresidente da Deputacin, Rafael Domnguez. Varela lembrou que a capacidade de âdebater, argumentar, defender e refutarâ Ă© algo que forma parte âda vida cotiâ, o que levou a lembrar ao alumnado que âo importante non Ă© gaar, senn aprenderâ, mentres que Domnguez puxo de relevo o valor da capacidade de argumentacin en mĂșltiples eidos.
Tres roldas de competicin
Coordinada polo profesor Ignacio Fernndez, esta final do Club de Debate DXP abriuse cunha primeira rolda que enfrontou, por unha banda, aos equipos de Los Sauces e Santiago Apstol e, por outra, ao estudantado de La Esperanza e A Xunqueira II. Estes primeiros debates levronse a cabo de xeito simultneo no saln de plenos e nunha sala anexa, como aconteceu tamĂ©n coas semifinais do torneo, s que se sumaban os dous equipos da facultade, que xa se mediran previamente nun debate no centro.Ìę
As vitorias de Los Sauces e La Esperanza levaron aos equipos destes dous centros a medirse nas semifinais co alumnado de primeiro e terceiro de Direccin e Xestin PĂșblica, respectivamente. Nos dous casos, o alumnado da facultade logrou o pase final, na que a vitoria foi para o equipo de terceiro curso, ao que lle correspondeu defender a postura contraria ao aumento do gasto militar.
En todas as roldas, a proposta temtica desta edicin levaba a que un dos equipos argumentase que âelevar o gasto militar ao 5% permitira reforzar a autonoma estratĂ©xica de Espaa, mellorar a sĂșa capacidade de defensa ante ameazas hbridas e fortalecer a sĂșa credibilidade internacional no marco da OTANâ; mentres que o outro incida en como ese aumentoÌęâpodera supor unha desviacin de recursos fundamentais para os servizos pĂșblicos, fomentar dinmicas de militarizacin e limitar a capacidade de accin polticaâ, explicou Fernndez.Ìę
Para pr a proba as sĂșas capacidades argumentativas, os debates estruturbanse en catro roldas de intervencin, tras os que eran avaliados por uns xurados compostos polos profesores Ăngeles Fernndez, Fernando Martnez, Sara Torres e Bruno Fernndez, as como por docentes dos institutos participantes. Este tribunal deba ter en consideracin aspectos como a calidade da exposicin argumentativa, o uso de evidencias contrastadas, a exposicin clara e ordenada, o respecto polas quendas de palabra e a correcta utilizacin do tempo asignado.
A edicin con maior participacin
Nacido en 2023 a raz dunha experiencia de innovacin docente que conectaba diferentes materias do grao, este Club de Debate DXP naceu co propsito de enfrontar o alumnado do grao preparacin e desenvolvemento dun debate. Na sĂșa segunda edicin, esta iniciativa abriuse aos centros de ensino secundario e xa o ano pasado, contou por primeira vez con carcter competitivo. Este formato de torneo mantvose neste 2026, no que a iniciativa ampliou o seu nĂșmero de equipos. Antes deste torneo final, esta iniciativa abrangueu o desenvolvemento de actividades preparatorias nos diferentes centros, âorientadas ao adestramento en habilidades de argumentacin, pensamento crtico e oratoriaâ, apuntou Fernndez. Ìę
Ìę
