Esta fin de semana disputouse a última xornada da competicin
Os equipos de xadrez do campus rematan a liga en terceiro e cuarto posto
O Universitario de Ourense A gaou en Mondariz a Ajedrez Marcote
Este sbado os tres equipos de xadrez que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez 2022 disputaron a última xornada desta competicin. Tras os resultados acadados nos encontros celebrados o sbado, os representantes universitarios acadaron dous terceiros e un cuarto posto, resultados valorados positivamente desde o club.
O sbado o Universitario de Ourense A perdeu en Mondariz contra Ajedrez Marcote por un marcador final de 3-1, con tboas de Marcos Reza e Miguel Reza e derrotas de Diego Vidal e José Jaime Gonzlez-Viso. Con este resultado, o primeiro equipo do campus rematou terceiro do seu grupo na primeira divisin da liga galega.
En segunda divisin, o Universitario de Ourense B visitou a Liceo de Ourense B, acadando un empate 2-2, con vitorias de Manuel Álvarez e Raúl Martnez e derrotas de José Manuel Novoa e Gabriel Alcalde Sosa. Con este resultado, este equipo remata cuarto a competicin. Por último, en terceira divisin, o Universitario de Ourense C gaou na casa contra Liceo Carlos Casares 4-0, con vitorias de Rodrigo Arias, Nuel Vzquez, Sergio de Soto e Victor Lpez. Tras acadar este marcador, o equipo remata a liga en terceiro lugar, empatado a puntos co segundo clasificado.
