DUVI

Diario da 鶹

Celebrarase o venres 9 de xuo de 16.00h a 19.00h no edificio Redeiras

Un obradoiro achegar cidadana os retos, estratexias e competencias da interpretacin e traducin de linguas de sinais

Impartido por Carlos Rodrigues, profesor da Universidade Federal de Santa Catarina de Florianpolis

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Charlas e seminarios
  • Diversidade
  • Աپ
  • Աپ
M. Del Ro DUVI 02/06/2023

Co propsito de compartir coa sociedade e difundir entre as persoas interesadas o coecemento especializado sobre a traducin e interpretacin de linguas de sinais, o vindeiro venres 9 de xuo o edificio Redeiras acoller o obradoiro Interpretacin e traducin de linguas de sinais: retos, estratexias e competencias.

O obxectivo, explica Mara Teresa Veiga, profesora do Departamento de Traducin e Lingüstica e membro do grupo de innovacin docente Grettel, é dar a coecer e poer en valor os avances realizados ao abeiro dos distintos proxectos de investigacin da 鶹 sobre a traducin e interpretacin de linguas de sinais e, ao tempo, “obter unha mellor comprensin da realidade e das demandas especficas dos tradutores e intérpretes de lingua de sinais espaola que operan en Vigo e os seus arredores”, destaca. Neste sentido, a docente sublia que “a colaboracin e o intercambio de experiencias enriquecer a formacin dos participantes e brindar a oportunidade de explorar os desafos inherentes interpretacin e traducin de linguas de sinais, as como as estratexias e competencias necesarias”. Ademais, engade, “pensamos que é fundamental que exista unha conexin entre a Universidade e a sociedade, entre as persoas investigadoras e a realidade coti das persoas que desempean ese traballo”.

O obradoiro ser impartido por Carlos Rodrigues, profesor da Universidade Federal de Santa Catarina (UFSC), de Florianpolis (Brasil) e investigador principal do InterTrads (Centro de Աپ en Interpretacin e Traducin de Linguas de Sinais), que se atopa na actualidade realizando unha estada de investigacin na Facultade de Filoloxa e Traducin. Este é un aspecto que tamén destaca Veiga, xa que dende Grettel consideran que “é preciso intercambiar experiencias entre persoas que proceden de distintas realidades, por iso nos pareceu que Carlos é a persoa idnea para falar do tema dende a perspectiva comparada da realidade da profesin e a investigacin en Brasil e o que percibe da situacin deste colectivo profesional en Espaa”.

No taller, Rodrigues buscar, como el mesmo avanza, “contribur comprensin da diversidade de procesos de traducin e interpretacin nos que interveen as linguas de signos, as como das competencias que son requiridas por eles. Con isto, espero poder abordar os seus desafos e compartir posibles solucins e estratexias que poidan empregar para enfrontalos”.

O para as persoas que estean interesadas en asistir estar aberto ata o 8 de xuo, o da antes da celebracin do obradoiro.

Unha perspectiva comparada entre Espaa e Brasil

Carlos Rodrigues leva dende o mes de setembro de 2022 realizando unha estada de investigacin dentro do Departamento de Traducin e Lingüstica, en colaboracin coa profesora Mara Teresa Veiga. Neste tempo, explica, puido estar en contacto con diferentes linguas e culturas, participar en cursos de grao, tanto como profesor como como observador e establecer relacins con diferentes profesores e investigadores do mbito da traducin, da interpretacin e tamén da lingüstica, para desenvolver debates e investigacins “con outros compaeiros que se preocupan por formar tradutores e intérpretes e promover a accesibilidade”, entre outras oportunidades.

O docente brasileiro lembra que a escolla do Departamento de Traducin e Lingüstica da 鶹 debeuse posibilidade de estar en contacto e debater coa profesora Veiga Daz, “unha oportunidade para unir intereses comúns e ampliar perspectivas de investigacin e posibilidades de colaboracin, tanto entre os nosos grupos de investigacin, como a nivel internacional. Todo isto, “co obxectivo de mellorar a formacin de tradutores e intérpretes e avanzar nos estudos de traducin e interpretacin das linguas de sinais en Brasil e Espaa, que é o eido especfico no que me centro”, conclúe.