A actividade tivo lugar este mércores no campus organizada pola Unidade de Diversidade
Alumnado de Educacin e Traballo Social implcase na loita polos dereitos fundamentais coa celebracin dun hackaton social
Houbo presentacins, unha mesa de dilogo, obradoiros e regueifas
Como preludio conmemoracin de maio como o Mes Europeo da Diversidade, a Unidade de Diversidade da 鶹, co apoio da Vicerreitora do campus de Ourense, celebrou este mércores un Hackaton social polos dereitos. “Esta xornada quere ser unha ferramenta para transformar a empata en accin, utilizando a linguaxe audiovisual, o dilogo experto e a creatividade estudantil para derrubar estas barreiras, fsicas e simblicas, que anda hoxe, s veces, limitan o exercicio pleno da cidadana”, sinalan desde a organizacin.
Na actualidade, a construcin dunha sociedade plenamente democrtica, comentan as entidades promotoras, esixe non s o recoecemento terico dos dereitos fundamentais, senn a súa praxe real nos espazos educativos e sociais. Con este obxectivo, o 'hackathon social' celebrado este mércores na Facultade de Educacin e Traballo Social propúxose como un espazo de cocreacin e reflexin crtica ante a “urxente necesidade de abordar a diversidade funcional, a identidade de xénero e a multiculturalidade dende unha perspectiva interseccional”.
Á apertura da cita asistiron, entre outras persoas, Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Isabel Mocio, decana da Facultade de Educacin e Traballo Social, e Raquel Rey, responsable da Unidade de Diversidade da 鶹. A programacin arrancou coa presentacin da curta Cuatro esquinitas en el pas de las muchas formas, con guin de Pablo Romero Fresco e Kate Dangerfield. Seguiu cunha mesa de dilogo aberto sobre dereitos fundamentais moderada por Raquel Rey e que contou, entre outras intervencins, coa de Iria Loisa Justo sobre o paso da tutela autonoma, a participacin e a dignidade; a de Anta Pousa e Marian Garca, que falaron sobre o dereito a identidade de xénero e orientacin sexual e os dereitos de igualdade; a de Susana Álvarez sobre a eliminacin de barreiras, a garanta de accesibilidade universal e os dereitos fundamentais, e a do profesor da facultade Deibe Fernndez-Simo. O Hackaton social polos dereitos incluu a celebracin dun Laboratorio dos Dereitos no que se desenvolveron diferentes obradoiros creativos realizados polo estudantado da Facultade de Educacin e Traballo Social e que consistiron en recunchos sobre multiculturalidade, diversidade funcional, identidade de xénero e a primeira xeracin universitaria. Neste obradoiros particiou tamén alumnado do Programa de Emprego e Vida Autnoma do campus. A actividade rematou cunha actuacin das regueifeiras Nuria Penas e Xairo D´Herbn.
Catros eixes estratéxicos
A xornada estruturouse arredor de catro eixes estratéxicos. O primeiro foi a sensibilizacin a través da linguaxe audiovisual, utilizando pezas como Cuatro esquinitas para “xerar un impacto emocional que sirva de motor para o debate sobre a educacin inclusiva e a accesibilidade universal”. O segundo foi o dilogo e transferencia de coecemento, facilitando un espazo de intercambio entre profesorado, profesionais e estudantado para analizar os retos actuais nos dereitos de xénero, a autonoma persoal e a eliminacin de barreiras. Seguiulle o eixe de activismo creativo e experimental, centrado en fomentar a participacin activa do estudantado a través do Laboratorio dos Dereitos, onde a creacin de recunchos temticos permitiu materializar propostas concretas sobre diversidade. Por último, a actividade apostou pola reivindicacin da identidade cultural, pechando a programacin vinculando a loita polos dereitos coa tradicin oral galega a través das regueifeiras, pondo en valor a comunicacin directa e a retranca como ferramentas de transformacin social.
