Foi unha das novidades da programacin de obradoiros deste cuadrimestre
O Grupo de Crecemento Persoal e Empoderamento para Mulleres remata a sĂșa actividade co compromiso de volver o vindeiro curso
As participantes fixeron un percorrido polas sĂșas biografas desde unha perspectiva de xĂ©nero
Entre as novidades da programacin deste primeiro cuadrimestre de obradoiros de extensin universitaria do campus de Ourense estivo a posta en marcha dun Grupo de Crecemento Persoal e Empoderamento para Mulleres. Nel, dez mulleres, de idades e perfs moi diversos, fixeron un percorrido ao longo das sĂșas biografas persoais desde unha perspectiva de xĂ©nero co obxectivo de mellorar o seu benestar.
A catedrtica da Ărea de Personalidade, Avaliacin e Tratamento Psicolxico da Âé¶ččû¶ł Mara Lameiras foi a responsable deste obradoiro que tivo como obxectivo âa promocin do benestar eudaimnico das mulleres a travĂ©s do traballo grupal, entendendo este benestar como o proceso de coecemento persoal que nos permita vivir de forma mis plenaâ. Con 30 horas de duracin, a actividade desenvolveuse nas instalacins universitarias, con dĂșas sesins semanais nas que participaron tanto membros da comunidade universitaria como persoas allea a ela. âEstamos moi contentas cos resultados acadados polo que queremos darlle continuidade o vindeiro curso acadĂ©micoâ, comenta a responsable da iniciativa.
Reflexionar sobre o modelo patriarcal, heteronormativo e xenerizado
âO que fixemos nas sesins foi fundamentalmente un traballo experiencialâ, explica Mara Lameiras. Ao longo das sesins, detalla, as participantes fixeron un percorrido polas sĂșas biografas persoais desde unha perspectiva de xĂ©nero e co obxectivo de entender como se ten construdo a sĂșa identidade, o seu autoconcepto e como iso ten repercutido na sĂșa autoestima. Nas sesins, apunta, abordouse o impacto que ten na construcin da identidade âa mensaxe xenerizada do que significa ser mullerâ, en relacin personalidade e ao corpo. No modelo patriarcal, heteronormativo e xenerizado vixente, de âespazos rxidos, bipolares e asimĂ©tricosâ, comenta a catedrtica da Âé¶ččû¶ł, s mulleres âsobre todo se nos transmite a mensaxe de construr a nosa identidade en relacin: son eu en tanto en canto me dou para outras persoasâ, algo que se traduce na consideracin por exemplo da vida en parella e a maternidade como âelementos significativos da construcin da identidadeâ. No obradoiro, comenta Mara Lameiras, âfixemos un percorrido por estas mensaxes que enchen de contido o que eu sonâ para âentender como iso ten condicionado a mia liberdade para construr quen sonâ. Na medida, engade a profesora, âen que son capaz de reflexionar sobre todo iso, podo identificar cales foron esas trampas nas que se me ten metido e podo traballar para reelaborar a mia identidade desde un espazo mis libre. Canto mis conscientes somos de como temos sido atrapadas en determinados esquemas de identidade, mis doado pode ser subverter isoâ.
As regras do grupo foron, indica Mara Lameiras, âfalar en primeira persoa, non xulgar e confidencialidade, sendo o grupo o que sostĂ©n as narrativas, o que actĂșa de empoderamento das participantes con ese apoio sen xuzos de valor, escoitando e compartindoâ. As, explica a profesora da Âé¶ččû¶ł, no grupo âcreouse un espazo de confianza e seguridade para que as mulleres puidese falar de cousas ntimas, para axudarlles a entenderse a si mesmas e a avanzar nese camio de reconstrucin constante da identidade, de empoderamento a travĂ©s da autoestimaâ. O traballo realizado, apunta a profesora, permitiu s participantes âpr as gafas de xĂ©neroâ e âentender que haba realidades que non estaban a percibir ata que nos puxemos a reflexionar de onde veen as cousas, como por exemplo o valor que lle damos ao rol de coidadorasâ.
