Foi unha das novidades da programacin de obradoiros deste cuadrimestre
O Grupo de Crecemento Persoal e Empoderamento para Mulleres remata a súa actividade co compromiso de volver o vindeiro curso
As participantes fixeron un percorrido polas súas biografas desde unha perspectiva de xénero
Entre as novidades da programacin deste primeiro cuadrimestre de obradoiros de extensin universitaria do campus de Ourense estivo a posta en marcha dun Grupo de Crecemento Persoal e Empoderamento para Mulleres. Nel, dez mulleres, de idades e perfs moi diversos, fixeron un percorrido ao longo das súas biografas persoais desde unha perspectiva de xénero co obxectivo de mellorar o seu benestar.
A catedrtica da Área de Personalidade, Avaliacin e Tratamento Psicolxico da 鶹 Mara Lameiras foi a responsable deste obradoiro que tivo como obxectivo “a promocin do benestar eudaimnico das mulleres a través do traballo grupal, entendendo este benestar como o proceso de coecemento persoal que nos permita vivir de forma mis plena”. Con 30 horas de duracin, a actividade desenvolveuse nas instalacins universitarias, con dúas sesins semanais nas que participaron tanto membros da comunidade universitaria como persoas allea a ela. “Estamos moi contentas cos resultados acadados polo que queremos darlle continuidade o vindeiro curso académico”, comenta a responsable da iniciativa.
Reflexionar sobre o modelo patriarcal, heteronormativo e xenerizado
“O que fixemos nas sesins foi fundamentalmente un traballo experiencial”, explica Mara Lameiras. Ao longo das sesins, detalla, as participantes fixeron un percorrido polas súas biografas persoais desde unha perspectiva de xénero e co obxectivo de entender como se ten construdo a súa identidade, o seu autoconcepto e como iso ten repercutido na súa autoestima. Nas sesins, apunta, abordouse o impacto que ten na construcin da identidade “a mensaxe xenerizada do que significa ser muller”, en relacin personalidade e ao corpo. No modelo patriarcal, heteronormativo e xenerizado vixente, de “espazos rxidos, bipolares e asimétricos”, comenta a catedrtica da 鶹, s mulleres “sobre todo se nos transmite a mensaxe de construr a nosa identidade en relacin: son eu en tanto en canto me dou para outras persoas”, algo que se traduce na consideracin por exemplo da vida en parella e a maternidade como “elementos significativos da construcin da identidade”. No obradoiro, comenta Mara Lameiras, “fixemos un percorrido por estas mensaxes que enchen de contido o que eu son” para “entender como iso ten condicionado a mia liberdade para construr quen son”. Na medida, engade a profesora, “en que son capaz de reflexionar sobre todo iso, podo identificar cales foron esas trampas nas que se me ten metido e podo traballar para reelaborar a mia identidade desde un espazo mis libre. Canto mis conscientes somos de como temos sido atrapadas en determinados esquemas de identidade, mis doado pode ser subverter iso”.
As regras do grupo foron, indica Mara Lameiras, “falar en primeira persoa, non xulgar e confidencialidade, sendo o grupo o que sostén as narrativas, o que actúa de empoderamento das participantes con ese apoio sen xuzos de valor, escoitando e compartindo”. As, explica a profesora da 鶹, no grupo “creouse un espazo de confianza e seguridade para que as mulleres puidese falar de cousas ntimas, para axudarlles a entenderse a si mesmas e a avanzar nese camio de reconstrucin constante da identidade, de empoderamento a través da autoestima”. O traballo realizado, apunta a profesora, permitiu s participantes “pr as gafas de xénero” e “entender que haba realidades que non estaban a percibir ata que nos puxemos a reflexionar de onde veen as cousas, como por exemplo o valor que lle damos ao rol de coidadoras”.
