DUVI

Diario da 鶹

O Pazo Provincial acolleu unha competicin que tivo como temtica o aumento do gasto militar

Estudantes de Direccin e Xestin Pública e de catro institutos poen a proba a súa capacidade de oratoria nun torneo de debate

A vitoria foi para un dos equipos da facultade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 12/05/2026

Estudantado de ESO, bacharelato e universitario puxo a proba este martes as súas capacidades de oratoria e argumentacin na fase final do Club de Debate DXP, que tivo como sede o Pazo Provincial da Deputacin de Pontevedra. A pregunta de se Espaa debera ou non aumentar o seu gasto militar ata o 5% do PIB foi o eixe temtico das diferentes roldas desta competicin promovida pola Facultade de Direccin e Xestin Pública, na que aos equipos lles corresponda por sorteo defender unha postura favorable ou contraria a esta idea. Nacida como un proxecto de innovacin docente, esta actividade alcanzou na súa cuarta edicin o seu maior número de participantes, con seis equipos de diferentes niveis educativos, de entre os que o xurado seleccionou un dos representantes da facultade como gaador final.

Nomeadamente, nesta edicin competiu tanto un equipo de primeiro curso do Grao en Direccin e Xestin Pública como outro de terceiro, xunto a estudantes de 4º da ESO do IES A Xunqueira II, alumnado de 1º de Bacharelato do colexio Los Sauces, estudantes do segundo ciclo da ESO do colexio La Esperanza, de Vigo, e estudantado tamén de 4º da ESO do colexio Santiago Apstol, de Soutomaior. De a que o decano, Enrique Varela, definise esta actividade como “unha especie de torneo interxeracional”, na súa apertura no saln de plenos do Pazo Provincial, na que estivo acompaado polo vicepresidente da Deputacin, Rafael Domnguez. Varela lembrou que a capacidade de “debater, argumentar, defender e refutar” é algo que forma parte “da vida coti”, o que levou a lembrar ao alumnado que “o importante non é gaar, senn aprender”, mentres que Domnguez puxo de relevo o valor da capacidade de argumentacin en múltiples eidos.

Tres roldas de competicin

Coordinada polo profesor Ignacio Fernndez, esta final do Club de Debate DXP abriuse cunha primeira rolda que enfrontou, por unha banda, aos equipos de Los Sauces e Santiago Apstol e, por outra, ao estudantado de La Esperanza e A Xunqueira II. Estes primeiros debates levronse a cabo de xeito simultneo no saln de plenos e nunha sala anexa, como aconteceu tamén coas semifinais do torneo, s que se sumaban os dous equipos da facultade, que xa se mediran previamente nun debate no centro.

As vitorias de Los Sauces e La Esperanza levaron aos equipos destes dous centros a medirse nas semifinais co alumnado de primeiro e terceiro de Direccin e Xestin Pública, respectivamente. Nos dous casos, o alumnado da facultade logrou o pase final, na que a vitoria foi para o equipo de terceiro curso, ao que lle correspondeu defender a postura contraria ao aumento do gasto militar.

En todas as roldas, a proposta temtica desta edicin levaba a que un dos equipos argumentase que “elevar o gasto militar ao 5% permitira reforzar a autonoma estratéxica de Espaa, mellorar a súa capacidade de defensa ante ameazas hbridas e fortalecer a súa credibilidade internacional no marco da OTAN”; mentres que o outro incida en como ese aumento“podera supor unha desviacin de recursos fundamentais para os servizos públicos, fomentar dinmicas de militarizacin e limitar a capacidade de accin poltica”, explicou Fernndez.

Para pr a proba as súas capacidades argumentativas, os debates estruturbanse en catro roldas de intervencin, tras os que eran avaliados por uns xurados compostos polos profesores Ángeles Fernndez, Fernando Martnez, Sara Torres e Bruno Fernndez, as como por docentes dos institutos participantes. Este tribunal deba ter en consideracin aspectos como a calidade da exposicin argumentativa, o uso de evidencias contrastadas, a exposicin clara e ordenada, o respecto polas quendas de palabra e a correcta utilizacin do tempo asignado.

A edicin con maior participacin

Nacido en 2023 a raz dunha experiencia de innovacin docente que conectaba diferentes materias do grao, este Club de Debate DXP naceu co propsito de enfrontar o alumnado do grao preparacin e desenvolvemento dun debate. Na súa segunda edicin, esta iniciativa abriuse aos centros de ensino secundario e xa o ano pasado, contou por primeira vez con carcter competitivo. Este formato de torneo mantvose neste 2026, no que a iniciativa ampliou o seu número de equipos. Antes deste torneo final, esta iniciativa abrangueu o desenvolvemento de actividades preparatorias nos diferentes centros, “orientadas ao adestramento en habilidades de argumentacin, pensamento crtico e oratoria”, apuntou Fernndez.