Nun libro coordinado polo grupo de investigacin dx5, da Facultade de Belas Artes
Especialistas de sete pases afondan nas especificidades da animancin xaponesa a partir de âEvangelionâ
Resultado dun proxecto de investigacin con financiamento estatal
Estreada en 1995 e ambientada nun futuro posapocalptico, no que humanoides biomecnicos pilotados por adolescentes combaten criaturas de orixe descoecida, Neon Genesis Evangelion converteuse nun dos ttulos de referencia do anime, a animacin xaponesa, tanto polo Ă©xito da serie como polo xeito no que esta transgrediu os canons asociados ao xĂ©nero mecha, as series niponas protagonizadas por robots. Esta combinacin de factores levaron a que o grupo de investigacin dx5 (digital & graphic art research), da Facultade de Belas Artes, empregase Evangelion como punto de partida para unha anlise das caractersticas e especifidades do anime como medio, na que reuniron especialistas de universidades de sete pases. As sĂșas achegas reĂșnense en Anime Studies. Media-specific approaches to Neon Genesis Evangelion, un libro coordinado pola directora do grupo dx5, Ana Soler, e o investigador JosĂ© AndrĂ©s Santiago, que constitĂșe un dos resultados finais do proxecto Explorando nuevos territorios grficos desde una perspectiva transdisciplinar. Cmic de campo expandido, el hiperlibro de artista y teoras animĂ©ticas contemporneas, desenvolvido co financiamento do Programa Estatal de Fomento da I+D+i de Excelencia.
Publicado en inglĂ©s por Stockholm University Press, en formato dixital de acceso aberto, este traballo, que contar proximamente cunha versin impresa en casteln, propn âunha visin do que sera o anime como un medio, na que en lugar de traballar con series diferentes, collemos unha como pretextoâ, salienta Santiago. âNon Ă© un libro sobre Evangelion, Ă© un libro sobre animeâ, engade este investigador. Con ese propsito, optaron por centrar o estudo nunha producin âparadigmtica e significativaâ que ârepresentase a realidade do medioâ, o que implicaba tamĂ©n, pese a importancia que tivo neste ttulo a figura do seu director e guionista, Hideaki Anno, ir mis al dunha âobra autoralâ, para pr o foco nun proxecto cuxa vida foi mis al dos 26 captulos da serie orixinal para dar lugar a longametraxes, cmics ou videoxogos.
Unha serie que adoptou e subverteu os canons
A mediados da dĂ©cada de 1990, Neon Genesis Evangelion foi unha serie âque a nivel formal, estilstico, estĂ©tico e narrativo marcou todo o que era a ciencia ficcin e especialmente o xĂ©nero de robots. Cambiou o paradigma por completo e converteuse no espello no que se miraban, directa ou indirectamente, todas as series do xĂ©neroâ, salienta Santiago. Neste punto, o investigador pon de relevo que o que fixo esta serie âfoi apropiarse de todos os cdigos que existan no xĂ©nero mecha para subverteloâ, de tal xeito que vez que âidentificbase inmediatamenteâ como tal, propua, âcoas mesmas pezas, algo completamente diferenteâ.
Unha serie, mĂșltiples focos de anlise
Como apunta Santiago, Evangelion Ă© unha serie xa moi estudada âdesde un punto de vista temticoâ, mais non âpor aquilo polo que foi moi rompedora, que non son o temas, senn os aspectos estĂ©ticos, formais e narrativosâ. Deste xeito, o libro detense tanto na sĂșa montaxe, banda sonora ou dobraxe como no fenmeno fan ou nos diferentes produtos derivados da serie. Deste xeito, o grupo dx5 buscaba estudar o anime, non pondo o foco en diferentes producins, senn reunindo âautores de distintos mbitos, como a socioloxa, historia da arte, estĂ©tica, literatura comparada, estudos culturais ou belas artesâ para analizar unha mesma serie desde mĂșltiples perspectivas.
Esa idea do anime como medio centra de feito o texto introdutorio do libro, asinado pola investigadora da Universidade de Estocolmo Jaqueline Berndt, para logo deterse, nos primeiros captulos, nos âaspectos mis formais, mis  centrados na cinematografaâ da serie. Ese Ă© o caso da achega que realiza o propio Santiago ao volume, na que abordar os longos planos estticos caractersticos de Evangelion, ou no captulo que tamĂ©n investigadora da Universidade de Estocolmo Ida Kirkegaard centra nun dos elementos caractersticos das series de anime, âa reutilizacin de recursosâ, o reemprego de planos xa debuxados previamente para novas escenas, unha accin que responda nun primeiro termo âa unha economa de medios, pero que terminou por converterse nun recurso estilstico e na que Evangelion foi ademais revolucionariaâ. Nesta mesa lia de anlise, outros dous captulos detĂ©ense en dous aspectos da serie pouco estudados previamente, a sĂșa banda sonora e a sĂșa dobraxe, da man dos investigadores Heike Hoffner, da Ohio State University, e Minori Ishida, da universidade xaponesa de Niigata.
A partir de a, un segundo bloque de captulos, explica Santiago, âfalan xa de aspectos un pouco mis expansivosâ da serie, como o que o investigador da Hosei University Stevie Suan centra nas personaxes ou aquel no que Manuel Hernndez-PĂ©rez, da universidade britnica de Salford, âfala de Evangelion como xĂ©neroâ. Por Ășltimo, un terceiro bloque de estudos âabre o crculo anda un pouco mis e trata aspectos como o concepto do media mix, a franquicia expandidaâ, apunta o editor dete volume. Neste eixo de anlise insrense captulos como o do investigador da Stuttgart Media University Zoltan Kacsuk, que relaciona a serie coa âsubcultura otakuâ, e o que Olga Kopyloa, da Tohoku University, centra no anime como un medio aberto a franquicias e adaptacins. Nesa mesma lia, a narrativa da serie e dos videoxogos derivados desta centra a achega da turca Selen Ăalik Bedir, da Beykoz University, mentres que o captulo final de Jesicca Bauwens-Sugimoto, da Ryukoku University, âfala de cando os fans collen os materiais da serie e os transforman e retransformanâ, explica Santiago. Por Ășltimo, o volume pĂ©chase co sumario que a investigadora do grupo dx5 Tatiana Lameiro realiza tanto da trama como dos principais personaxes.
