Nun libro coordinado polo grupo de investigacin dx5, da Facultade de Belas Artes
Especialistas de sete pases afondan nas especificidades da animancin xaponesa a partir de ‘Evangelion’
Resultado dun proxecto de investigacin con financiamento estatal
Estreada en 1995 e ambientada nun futuro posapocalptico, no que humanoides biomecnicos pilotados por adolescentes combaten criaturas de orixe descoecida, Neon Genesis Evangelion converteuse nun dos ttulos de referencia do anime, a animacin xaponesa, tanto polo éxito da serie como polo xeito no que esta transgrediu os canons asociados ao xénero mecha, as series niponas protagonizadas por robots. Esta combinacin de factores levaron a que o grupo de investigacin dx5 (digital & graphic art research), da Facultade de Belas Artes, empregase Evangelion como punto de partida para unha anlise das caractersticas e especifidades do anime como medio, na que reuniron especialistas de universidades de sete pases. As súas achegas reúnense en Anime Studies. Media-specific approaches to Neon Genesis Evangelion, un libro coordinado pola directora do grupo dx5, Ana Soler, e o investigador José Andrés Santiago, que constitúe un dos resultados finais do proxecto Explorando nuevos territorios grficos desde una perspectiva transdisciplinar. Cmic de campo expandido, el hiperlibro de artista y teoras animéticas contemporneas, desenvolvido co financiamento do Programa Estatal de Fomento da I+D+i de Excelencia.
Publicado en inglés por Stockholm University Press, en formato dixital de acceso aberto, este traballo, que contar proximamente cunha versin impresa en casteln, propn “unha visin do que sera o anime como un medio, na que en lugar de traballar con series diferentes, collemos unha como pretexto”, salienta Santiago. “Non é un libro sobre Evangelion, é un libro sobre anime”, engade este investigador. Con ese propsito, optaron por centrar o estudo nunha producin “paradigmtica e significativa” que “representase a realidade do medio”, o que implicaba tamén, pese a importancia que tivo neste ttulo a figura do seu director e guionista, Hideaki Anno, ir mis al dunha “obra autoral”, para pr o foco nun proxecto cuxa vida foi mis al dos 26 captulos da serie orixinal para dar lugar a longametraxes, cmics ou videoxogos.
Unha serie que adoptou e subverteu os canons
A mediados da década de 1990, Neon Genesis Evangelion foi unha serie “que a nivel formal, estilstico, estético e narrativo marcou todo o que era a ciencia ficcin e especialmente o xénero de robots. Cambiou o paradigma por completo e converteuse no espello no que se miraban, directa ou indirectamente, todas as series do xénero”, salienta Santiago. Neste punto, o investigador pon de relevo que o que fixo esta serie “foi apropiarse de todos os cdigos que existan no xénero mecha para subvertelo”, de tal xeito que vez que “identificbase inmediatamente” como tal, propua, “coas mesmas pezas, algo completamente diferente”.
Unha serie, múltiples focos de anlise
Como apunta Santiago, Evangelion é unha serie xa moi estudada “desde un punto de vista temtico”, mais non “por aquilo polo que foi moi rompedora, que non son o temas, senn os aspectos estéticos, formais e narrativos”. Deste xeito, o libro detense tanto na súa montaxe, banda sonora ou dobraxe como no fenmeno fan ou nos diferentes produtos derivados da serie. Deste xeito, o grupo dx5 buscaba estudar o anime, non pondo o foco en diferentes producins, senn reunindo “autores de distintos mbitos, como a socioloxa, historia da arte, estética, literatura comparada, estudos culturais ou belas artes” para analizar unha mesma serie desde múltiples perspectivas.
Esa idea do anime como medio centra de feito o texto introdutorio do libro, asinado pola investigadora da Universidade de Estocolmo Jaqueline Berndt, para logo deterse, nos primeiros captulos, nos “aspectos mis formais, mis centrados na cinematografa” da serie. Ese é o caso da achega que realiza o propio Santiago ao volume, na que abordar os longos planos estticos caractersticos de Evangelion, ou no captulo que tamén investigadora da Universidade de Estocolmo Ida Kirkegaard centra nun dos elementos caractersticos das series de anime, “a reutilizacin de recursos”, o reemprego de planos xa debuxados previamente para novas escenas, unha accin que responda nun primeiro termo “a unha economa de medios, pero que terminou por converterse nun recurso estilstico e na que Evangelion foi ademais revolucionaria”. Nesta mesa lia de anlise, outros dous captulos detéense en dous aspectos da serie pouco estudados previamente, a súa banda sonora e a súa dobraxe, da man dos investigadores Heike Hoffner, da Ohio State University, e Minori Ishida, da universidade xaponesa de Niigata.
A partir de a, un segundo bloque de captulos, explica Santiago, “falan xa de aspectos un pouco mis expansivos” da serie, como o que o investigador da Hosei University Stevie Suan centra nas personaxes ou aquel no que Manuel Hernndez-Pérez, da universidade britnica de Salford, “fala de Evangelion como xénero”. Por último, un terceiro bloque de estudos “abre o crculo anda un pouco mis e trata aspectos como o concepto do media mix, a franquicia expandida”, apunta o editor dete volume. Neste eixo de anlise insrense captulos como o do investigador da Stuttgart Media University Zoltan Kacsuk, que relaciona a serie coa “subcultura otaku”, e o que Olga Kopyloa, da Tohoku University, centra no anime como un medio aberto a franquicias e adaptacins. Nesa mesma lia, a narrativa da serie e dos videoxogos derivados desta centra a achega da turca Selen Çalik Bedir, da Beykoz University, mentres que o captulo final de Jesicca Bauwens-Sugimoto, da Ryukoku University, “fala de cando os fans collen os materiais da serie e os transforman e retransforman”, explica Santiago. Por último, o volume péchase co sumario que a investigadora do grupo dx5 Tatiana Lameiro realiza tanto da trama como dos principais personaxes.
