DUVI

Diario da 鶹

Ser do 7 ao 13 de marzo nos centros BeOne de As Lagoas e Eiros e Bouso Intersport

O Club Natacin Escualos Campus Auga organiza unha Semana Solidaria contra o Cancro

Na piscina do campus desenvolveranse diferentes actividades participativas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 04/03/2022

O Club Natacin Escualos Campus Auga organiza desde o luns 7 e ata o domingo 13 de marzo unha Semana Solidaria contra o Cancro co obxectivo de recadar fondos a favor da Asociacin Espaola contra o Cancro en Ourense. O equipo convida a todas as persoas interesadas a unirse a esta campaa con doazns nos centros BeOne de As Lagoas e Eiros e en Bouso Intersport. “No noso Adn ademais do deporte levamos a solidariedade por bandeira, deste xeito todos os anos contribumos coa sociedade organizando ou recadando fondos”, sinalan desde o club.

Retomar a actividade

A Semana Solidaria contra o Cancro foi presentada este venres no campus de Ourense. No acto, Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, agradeceu e felicitou s entidades organizadoras e patrocinadoras por esta iniciativa, poendo en valor o traballo solidario do Club Natacin Escualos Campus Auga e a súa aposta pola vida activa e saudable. Igualmente, destacou “o labor imprescindible que axuda a moitas persoas que pasan das difciles” da Asociacin Espaola Contra o Cancro de Ourense. Germn Rodrguez-Saa, presidente da Asociacin Espaola Contra o Cancro en Ourense, sumouse a este agradecemento a Escualos e s entidades participantes e destacou que, tras a pandemia, “estamos vidos de facer cousas” e “sobre todo cousas se son tan interesantes como esta, que ten como fo condutor o deporte”. O presidente da AECC salientou que na loita contra o cancro “estamos para sumar” con iniciativas coma a presentada este venres.

Pola súa banda, Susana Reboreda, presidenta do Club Natacin Escualos Campus Auga, subliou que este equipo é “moi heteroxéneo”, formado por persoas que “temos idades distintas, profesins distintas, pero que nos une a auga”. No club, salientou, ademais de nadar, “tratamos de facer moitas actividades”, entre elas actividades solidarias. Nesta lia, a Semana Solidaria contra o Cancro, apuntou, foi unha das actividades que se tivo que suspender pola pandemia pero que, indicou, agora se recupera como “sntoma de que xa estamos pasando pxina, na medida do posible, da época que vivimos”. Nesta edicin da Semana Solidaria contra o Cancro, detallou a presidenta do club, colaboran BeOne, Aceites Abril, a Vicerreitora do Campus de Ourense, Bouso Intersport e a Asociacin Espaola Contra o Cancro Ourense.

Diferentes posibilidades de colaborar

En representacin do club organizador, Joaqun Padn foi o encargado de explicar as actividades relacionadas coa natacin que se desenvolvern ao longo da semana. Por unha banda, do 7 ao 13 de marzo estarn colocadas urnas da AECC para a recollida de donativos econmicos en BeOne As Lagoas e Beone Eiros e tamén en Bouso Intersport. Por outra banda, desenvolverase un programa de actividades abertas na piscina do campus universitario, na piscina de BeOne As Lagoas. Estas actividades convidan s e aos usuarios do centro e s persoas interesada a participar nunha rúa de natacin solidaria (na que calquera persoa pode nadar os metros que desexe e facer unha doazn final segundo os metros nadados) ou nunha pirmide de natacin solidaria en 45 minutos (na que pagar unha inscricin). Por último, o sbado 12 de marzo ter lugar nesta piscina un Festival de Natacin Solidario contra o Cancro, con competicin en catro probas individuais e unha de relevos, s 16.00 h. As e os participantes recibirn obsequios e agasallos ao remate do festival.