DUVI

Diario da 鶹

A profesora Silvia Garca reúne nunha exposicin fotografas domésticas de diferentes épocas e pase

Un cento de nenas annimas coas que reflexionar sobre como medramos, vivimos e desaparecemos

A mostra parte do seu libro de poemas ‘Nenas medrando’

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • ʳܲԲ
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 07/05/2021

Nenas medrando é o ttulo do libro de poemas no que a profesora da Facultade de Belas Artes reflexiona sobre as transformacins corporais que se producen ao longo da infancia e as sensacins e inseguridades que rodean ao proceso de medrar. Editado por Chan da Plvora, os poemas deste libro acompanse dunha serie de fotografas domésticas de nenas e adolescentes, de diferentes épocas e pases, que Garca foi reunindo ao longo da última década. As preto de 30 imaxes presentes no libro, xunto con outra serie de fotografas que tamén teen como protagonistas a nenas ou mozas, reúnense desde este venres na sala de exposicins da Vicerreitora do campus, nunha mostra que afonda a través das imaxes tanto nesa idea de medrar como no rastro material que as persoas deixan tras de si.

Ata o 28 de maio poder visitarse esta exposicin, que reúne mis dun centenar de fotografas, na súa meirande parte en branco e negro e pertencentes a diferentes décadas do pasado século. A mostra foi inaugurada na tarde deste venres, nun acto no que Garca estivo acompaada polo vicerreitor do campus, Jorge Soto; a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, Maribel Doval, e a directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e de Integracin, Eulalia Agrelo e que tivo como continuacin a presentacin do libro de poemas que lle d nome, na que participou tamén o editor de Chan da Plvora, Antn Lopo. Inseridas no programa de actividades impulsado pola Vicerreitora do campus para este mes de maio, con motivo da conmemoracin do Da das Letras Galegas, a exposicin e a presentacin de Nenas medrando foron destacadas por Soto como “unha mostra da implicacin do profesorado da 鶹 co tecido cultural galego”, o que súa vez levouno a pr de relevo a vontade da institucin académica de “utilizar as diferentes instalacins das que dispomos para levar a cabo todo tipo de actividades culturais, que redundan no beneficio non s do campus, senn tamén da cidade”.

Nenas medrando é, por outra banda, a primeira exposicin na que Garca presenta o conxunto de fotografas que inspiraron os diferentes poemas do libro que lle d nome. Imaxes que, explica, “non se presentan como ilustracins, senn que completan a reflexin poética sobre como medramos, sobre a propia percepcin do corpo e como seguen transmitndose estereotipos ou sobre o non adaptarse s regras do mundo dos adultos”. Xunto a esta trintena de imaxes, preséntanse a súa vez outra serie de fotografas “que amplan a lia do propio libro” e que forman parte, explica,  dun “arquivo orgnico conformado ao longo de dez anos por memorias domésticas de distintas partes do mundo”.

Diferentes lugares, diferentes lecturas

Nenas que sorrn a cmara no Berln de 1942, en plena Segunda Guerra Mundial, lbums familiares chegados desde o Xapn ou retratos realizados por unha familia portuguesa en Angola forman parte dunha exposicin que, como recoece Garca, “ten ese misterio” de estar conformada por imaxes “que forman parte dunha memoria familiar da que se perdeu o rastro”. De feito, a artista e docente preséntaas agrupadas por criterios visuais ou formando “xogos coa iconografa”, sen que estean acompaadas de ningunha informacin respecto da época ou o lugar no que foron tomadas. 

“O interesante é o que o espectador non vai poder atopar datos histricos das fotos”, de tal xeito que se abren “distintas vas para a anlise das imaxes e do que nos provocan”, salienta Garca, que recoece que, mis al da propia “reflexin poética” estas imaxes “teen moitas capas de significado”. Entre elas, a propia reflexin sobre “como obxectos tan humildes como as fotografas duran mis que a vida das persoas”, convertendo en annimos retratos nacidos na esfera familiar. Ao mesmo tempo, as súas múltiples procedencias permiten detectar “patrns nas poses” que se repiten en diferentes partes do mundo e afondar na “influencia do cinema e das revistas de moda”, vez que permiten observar as diferentes “actitudes” diante da cmara, ”xa que vemos tanto poses mis estereotipadas como outras mis desafiantes”, apunta a comisaria da exposicin. 

A permanencia do efémero

As diferentes imaxes preséntanse nesta exposicin acompaadas de documentos, apuntamentos, revistas e cadernos escolares antigos, cadernos de artista e outra serie de materiais que, ao igual que as imaxes, forman parte “dun proxecto global”, ao que Garca deu o nome de Rastro material, e que xira en torno ao concepto dos ephemera, “que no mbito dos arquivos alude a aqueles documentos que non foron creados para perdurar”. De feito, parte desa coleccin de fotografas domésticas que Garca foi acumulando ao longo da última década serviron para a creacin de obras como cadernos de artista, que xiran en torno a esa idea “do efémero e da memoria”, de tal xeito que esta exposicin constitúe a súa vez, explica, unha mostra dun proxecto en proceso.