DUVI

Diario da 鶹

O edificio Redeiras acolleu unha charla interxeneracional dentro das actividades do 11F

Catro mulleres de ciencia, catro experiencias vitais

Analizaron os atrancos cos que se atoparon nas diferentes etapas profesionais

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 10/02/2022

Dende diferentes eidos do coecemento, diferentes campus e diferentes etapas profesionais, catro mulleres investigadoras participaron este mércores nunha charla interxeracional enmarcada dentro das actividades organizadas pola 鶹 co gallo da celebracin do Da Internacional da Muller a Nena na Ciencia. As protagonistas da cita, celebrada no marco do proxecto Ciencia de Ida e Volta, que conta coa colaboracin da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovacin,foron Tala Rodrguez, do Departamento de Comunicacin Audiovisual e Publicidade; Cristina Delgado, do Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal; Susana Reboreda, da Área de Historia Antiga e Carmen Garca Mateo, catedrtica de Teora do Sinal e Comunicacins e investigadora de atlanTTic. Cada unha delas relatou como foi súa etapa académica e como se desenvolveu a súa traxectoria profesional ata a actualidade. A pesar de que a separan décadas, coincidiron en que queda moito por facer, que a loita é continua, que as desigualdades de xénero son maiores canto mis se sube na escala profesional e que, en moitas ocasins, son as propias mulleres as que se poen barreiras.

A encargada de moderar o debate, que tivo lugar no edificio Redeiras, foi a vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama, que destacou que esta é unha iniciativa impulsada pola Unidade de Cultura Cientfica que ten como finalidade que estas catro mulleres, en diferentes etapas da súa carreira profesional, compartan as súas experiencias como mulleres na ciencia e analicen as dificultades que se atoparon para desenvolver a súa carreira cientfica, como o teito de cristal ou a fenda de coidados.

Diferentes momentos, visins similares

As primeiras en intervir foron as docentes mis novas, comezando por Tala Rodrguez, investigadora que desenvolve o seu traballo no eido da producin audiovisual, contidos en televisin, plataformas dixitais, anlise de campaas de publicidade e desinformacin. Chegou Universidade tras constatar que a conciliacin era imposible no sector audiovisual, “en canto de plantexas ser nai, desapareces do panorama laboral”. Por isto considera que a súa entrada na 鶹 foi “doce, xa que entrei durante a mia baixa por maternidade, algo impensable no mundo profesional”. Xa no eido universitario recoece que “a investigacin dende esa perspectiva é mis positiva do que esperaba”.

Mis atrancos atopou Cristina Delgado, docente e investigadora distinguida do Departamento de Ecoloxa e Bioloxa Animal, que desenvolve o seu traballo na rea de ecoloxa e taxonoma das diatomeas, tanto en ecosistemas marios como en auga doce. Explicou que a súa experiencia foi unha loita continua, xa que a pesar de que durante a etapa da carreira ou da tese “a par cos meus compaeiros e non tiven dificultades, chegado a un punto, tes que elixir”, en referencia aos roles de nai ou coidadora, que “pesan moito hora de tomar decisins e de poer a profesin por diante”. Recalcou que “moitas veces é culpa nosa, non da sociedade, pero debemos saltar esa barreira e non deixarnos levar por iso”. No seu caso, foi nai mentres traballaba na tese de doutoramento e, “co apoio da mia familia e do meu marido fixen estadas en Portugal e organizmonos para acceder a contratos e conciliar”, anda que recoece que sufriu crticas “por non estar co meu fillo todos os das”. Pero o seu caso non é o habitual, recoeca, “a mia experiencia é que as demais (amigas, colegas, etc.) deixrono polo camio; elas mesmas puxeron a barreira”. A este respecto, a vicerreitora Mnica Valderrama lembraba que a producin cientfica da muller “decae entre os 0 e os 3 anos dos seus fillos, o que fixo Cristina é algo atpico”.

Cunha experiencia profesional extensa, Susana Reboreda e Carmen Garca Mateo achegaron unha perspectiva temporal mis ampla. Reboreda, docente e investigadora da Área de Historia Antiga dende 1997 centrada na mitoloxa grega e a muller na antiga Grecia, forma parte de varios proxectos relacionados co mundo da muller e a maternidade. Explicou que a súa traxectoria é a dunha persoa “tpica da LRU (Lei de Reforma Universitaria), porque estudei en Santiago e segun a traxectoria bsica de bolseira, predoutoramento, etc. ata chegar a ser profesora titular”. Recoece que foi “un camio foi doado” no que non se sentiu diferente aos seus compaeiros varns. “As humanidades teen un perfil que seguen moitas mulleres, polo que non atopei moitas dificultades”, pero estas si apareceron nunha escala superior e, como exemplo relataba que cando se converteu en profesora titular “s haba dúas catedrticas”. Lembrou tamén que sendo decana tivo unha nena, “foron catro anos nos que tiven que renunciar investigacin. Fxeno encantada pero porque estamos educadas para iso. Eu era consciente, tia que escoller e parecame que a xestin era mis apetecible e tomei a decisin”.

A última en achegar a súa experiencia foi Carmen Garca Mateo, catedrtica de Teora do Sinal e Comunicacins e investigadora responsable do Grupo de investigacin en Tecnoloxas Multimedia de atlanTTic. As súas reas de investigacin bsicas son a tecnoloxa da fala en galego e casteln, a segmentacin de audio e o recoecemento biométrico de persoas. É coautora de mis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais e dirixiu 10 teses. Na súa intervencin lembrou como a súa nai se botou a chorar cando lle dixo que a estudar Enxeara de Telecomunicacin en Madrid. Al atopouse con clases de 200 persoas sen unha soa muller. Tras rematar a carreira regresou a Vigo, xusto cando comezaba a tomar forma a EE de Telecomunicacin e apostou por involucrarse no proceso. Recoece que pensaba que coa docencia a ter que renunciar a parte do seu desenvolvemento profesional, pero “pronto comezamos a facer investigacin e transferencia. Foi unha oportunidade que aproveitei e fixen unha carreira investigadora potente”. Neste tempo puido constatar desigualdades en moitos aspectos, por exemplo, cando as mulleres exercen como investigadoras principais, “se somos moi agresivas, cualifcannos de ‘machirulos’, pero no caso dos homes enténdese que é o que teen que facer”. Sobre a evolucin ao longo destes anos, explica que ela segue a ser a única catedrtica na súa rea de coecemento, a pesar de que tras o paréntese no proceso de acceso s ctedras xerado pola crise, hai dez catedrticos novos, todo eles homes.

O debate tamén serviu para analizar como a pandemia agravou a fenda de xénero que xa exista entre as investigadoras e os investigadores, como a fenda de coidados segue a repercutir negativamente no desenvolvemento profesional das mulleres ou como segue habendo, en palabras de Susana Reboreda, “temor a romper os teitos de cristal”.