DUVI

Diario da 鶹

A sesin perante a Comisin da Reforma da Constitucin tivo lugar este venres

O catedrtico Xosé Henrique Costas defende na Assembléia da República Portuguesa unha proposta para a salvagarda do mirandés

O convite chega tras a publicacin pola 鶹 dun libro no que se adverte da situacin crtica desta

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • پܱ
  • Cultura
D. Besado DUVI 14/07/2023

O catedrtico Xosé Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, compareceu este venres na Assembléia da República Portuguesa perante a Comisin da Reforma da Constitucin como experto en linguas minoritarias. Acudiu convidado polo presidente da comisin, o deputado José Silvano, quen lle encomendou a tarefa de elaborar unha proposta para a salvagarda do mirandés, un convite que lle chegou tras a publicacin do libro Persente i feturo de la lhéngua mirandesa: studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhengusticas de la populaçom mirandesa, coordinado por Costas e publicado hai apenas dous meses en mirandés pola 鶹.

Neste estudo concluase que a situacin deste idioma, “que leva falndose no leste de Bragança desde antes da existencia de Portugal” e cunha cifra actual de falantes de arredor de 4000 persoas, é crtica, ata o extremo de correr o risco de desaparecer antes de 30 anos. “Os deputados tomaron nota e queren escoitar a nosa opinin para ver como poden lexislar en favor da lingua mirandesa”, explica o experto vigués.

Múltiples medidas para deter a “hemorraxia” 

Dende a publicacin deste libro, o estudo foi citado varias veces por distintos parlamentarios no debate da cmara como argumento para unha intervencin inmediata do Goberno portugués en favor do mirandés e deu lugar a numerosas noticias e debates en prensa, radio e televisin. Finalmente, na súa intervencin ante a asemblea, o catedrtico vigués defendeu unha proposta cuxos puntos centrais para tratar de reverter a perigosa deriva do mirandés estn baseados nas propias conclusins do libro, e que  pasan, fundamentalmente, porque Portugal ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais do Consello de Europa e aplique o seu articulado. 

As, segundo explicou Costas ante os deputados e deputadas, Portugal debe elaborar unha Lei de Proteccin da Lingua Mirandesa que contea medidas efectivas en todos os niveis de ensino, na administracin, na xustiza, na sanidade, no eido asistencial, nos medios de comunicacin, no comercio, na hostalera, nas asociacins etc; debe facer por lei que o coecemento do mirandés sexa requisito ou mérito para traballar en Terra de Miranda; ten que introducir materias de mirandés nos campus de Bragança e Vila-Real (UTAD), ademais das principais universidades portuguesas etc.; ten que sacar prazas especficas de profesorado de mirandés, técnicos lingüsticos, tradutores, intérpretes etc.; ten que crear e dotar economicamente un Instituto da Lingua Mirandesa para aprendizaxe e reciclaxe de profesorado e funcionariado en lingua mirandesa, deseo de accins e campaas de normalizacin, investigacin, didctica, lexicografa etc. “En fin, as medidas normais cando se quere deter unha hemorraxia de falantes”, salienta Costas.

“Se os gobernos queren, as linguas non esmorecen” 

Á pregunta de si se chega a tempo para salvagardar este idioma, Costas responde comparando esta situacin coa que viviu o lince ibérico, un animal que se extinguir  en Portugal e que hai 30 anos estaba a piques de se extinguir en Espaa, con menos de 100 individuos s en dúas zonas do medioda espaol. Nese caso, os dous estados ibéricos avinzaron a recuperacin do lince: acondicionaron hbitats, onde ceibaron animais para se alimentaren os linces, reproduciron en catividade, perseguiron o furtivismo etc., e para acometeren todo isto investiron 70 millns de euros, que non é moito, son 2’5 millns por ano. “Despois de 30 anos hoxe hai xa seis zonas de lince ibérico na pennsula, dúas delas en Portugal, cun total de 1.300 exemplares. Que ten que facer un falante de mirandés para que o traten dunha maneira semellante ao lince? Porque ao final é unha cuestin de ecolingüstica. Queremos manter a biodiversidade ou non?”, explica o experto.

Non sabe si se chega a tempo, todo depende de Portugal, “pero o terrible sera non intentalo”.  Nesta lia sublia que hai zonas do sur de Euskalherria onde o vasco desapareceu hai centos de anos. “Hoxe en da, despois de 40 anos de euskaldunizacin intensa, a maiora da mocidade xa fala vasco (ademais de espaol e outras linguas). E despois de centos de anos, xa nacen nesas zonas menios que teen o vasco como lingua de berce. Se os gobernos queren, as linguas non esmorecen”, pero, para logralo, hai que crear as condicins e facer os investimentos.

“No caso do mirandés a diagnose est feita, a terapia que se debera aplicar est clara, pero se de verdade Portugal quere curar o mirandés ten que actuar canto antes, con decisin, planificacin e financiamento”, recalca Costas.

Recoecemento internacional a un traballo de anos

O convite da Comisin da Reforma da Constitucin de participar neste proceso como experto supn para Costas un “recoecemento internacional inesperado” a un traballo de anos feito “con rigor e con paixn, pois a investigacin sen paixn pouco vale”, apunta Costas, ao que engade que isto é o que lle entusiasma, “a lingüstica prctica implicada socialmente”.

No plano persoal, a chamada foi para el unha sorpresa moi agradable. “Que me conviden a intervir perante a Comissão da Reforma da Constituição portuguesa faime feliz e asemade abrúmame porque é unha responsabilidade moi grande: defender no Parlamento a dignidade da lingua mirandesa”, salienta o investigador, quen admite que traballa con linguas minorizadas “por pracer, por solidariedade, por curiosidade, para mellorar a vida e a dignidade das persoas que falan linguas historicamente desprezadas, porque todas teen a mesma dignidade e as mesmas potencialidades”.