DUVI

Diario da 鶹

O docente xubilado da 鶹 protagoniza hoxe unha nova edicin de ‘Conversas’ da FFT

Fernando Romo presenta unha traducin en verso ao casteln da 'Eneida' “que non permite esquecer que é un poema”

A volume est editado por La Oficina de Arte y Ediciones

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarra Figueroa DUVI 17/06/2026

“A idea tomou corpo nun rato de charla espontnea, pero porque xa nos roldaba”, recoece Fernando Romo Feito, editor e tradutor da Eneida en verso ao casteln, publicada por La Oficina de Arte y Ediciones. Precisamente foi cos editores da obra cos que o docente e investigador xubilado da Facultade de Filoloxa e Traducin da 鶹 Fernando Romo mantivo hai tres anos esa conversa que refire e da que xurdiu unha obra sobre a que asegura “de non gustarlles o resultado, sei que non a sacaran” e na que “participaron activamente facendo suxestins, propoendo…”.

Transcorridos tres anos daquela conversa, recentemente saa do prelo a traducin en verso ao casteln da Eneida de Virxilio, “para min un desafo e unha tentacin”, explica Romo, que recoece que, se ben para a Odisea hai, cando menos tres versins que lle convencen, “a de Javier Pérez en Abada e a de Juan Manuel Macas en La Oficina Editorial, para a Eneida, as rtmicas que coezo, ou teen xa moitos anos, ou non conseguen manter un ritmo sostido”.

A obra de Romo presentarase estas tarde, a partir das 19.30 horas, no edificio Redeiras da 鶹, no transcurso dunha das Conversas, organizadas pola FFT, e na que ademais do editor e tradutor, participarn o decano do centro, José Montero Reguera, e a docente e investigadora do Departamento de Filoloxa Inglesa, Francesa e Alem Helena Cortés Gabaudan.

Unha versin que non permite esquecer que é un poema

Afeitos e afeitas a lela coma unha novela de aventuras, a intencin última de Virxilio na Eneida, e esta é perspectiva na que se basea a aposta de Fernando Romo, foi poetizar a conciencia que tia de si mesma a Roma de Augusto. “Traducins fieis hai unha cantas, que dúbida cabe. Pero estou convencido de o que o verso significa e a mia versin non permite esquecer que a Eneida é un poema. Anda que ns tendamos a vela como relato de aventuras”. Ademais, o tradutor proporciona materiais complementarios que poden servir para a lectura e o estudo e que considera que axudan a entender o texto, como por exemplo, un ndice de nomes.

Nunha obra, como ocorre con todas as grandes, “complexa”, Romo revela que o que lle resultou mis complicado foi “atopar a mia propia voz: que ritmo, que ton, non complicar en exceso por pegarme ao orixinal nin achaiar demasiado. En fin, esas cousas que atormentan a todo tradutor”. O docente xubilado da 鶹 gaba a grandiosidade como poeta de Virxilio, quen asegura, “minte pouco, non oculta o horror e d que pensar”, nunha obra que, por unha banda, “expresa a conviccin imperial da Roma de Augusto de ter por misin gobernar o mundo”, e pola outra, “conta como Roma xorde da fusin entre un pobo exiliado, os troianos, e os autctonos de Italia, pero sen agochar que a integracin é imposible sen unha guerra”.