DUVI

Diario da 鶹

Trtase dun estudo sobre usos e actitudes lingüsticas en Miranda do Douro, Portugal

Vigo convértese na primeira universidade en editar un libro en mirandés

O catedrtico Xosé-Henrique Costas advirte que este idioma pode desaparecer antes de 2040

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • ʳܲԲ
  • Աپ
D. Besado DUVI 24/02/2023

Os concellos fronteirizos de Miranda do Douro e Vimioso, pertencentes ao distrito de Braganza, na rexin portuguesa de Tras-os-montes, gardan un tesouro milenario, o mirandés, unha lingua da familia asturleonesa con arredor de 4000 falantes e que, se nada cambia, corre serio risco de desaparicin. “A este ritmo ou as administracin portuguesas reaccionan ou o mirandés ser unha lingua morta antes de 2040”. As o advirte o catedrtico Xosé-Henrique Costas no libro , un estudo sociolingüstico que impulsou e coordinou e que acaba de sar venda editado polo Servizo de ʳܲԲ da 鶹, institucin que se converte as na primeira universidade en editar un libro en mirandés, “algo que non fixo ningunha institucin de ensino superior”, salienta Costas.

A obra recolle os resultados dun estudo que arrancou en marzo de 2020, cando un equipo formado por unha ducia de alumnos e alumnas do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, dirixidos por Costas, realizaron en Miranda do Douro 315 enquisas sobre usos, actitudes, competencias e coecementos lingüsticos da poboacin mirandesa sobre a súa lingua propia e analizaron as 25.000 respostas. “A lingua mirandesa é un elemento identitario de primeira orde para as xentes de Miranda, anda que ata hai pouco estaba considerada un signo de rusticidade e de atraso social. Esta consideracin secular anda pesa nas conciencias de non poucos mirandeses”, sublia o docente, director do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹.

Lingua recoecida en Portugal desde 1999

Recoecido como lingua -mais non cooficial- en Portugal desde 1999, o mirandés conta cunha normativa propia, introducin como materia optativa na escola, rotulacin pública (rúas, paneis informativos) e “unha excelente producin literaria e musical, con moi bos poetas, tradutores e grupos musicais para unha poboacin falante tan reducida”, apunta o director do volume, ao tempo que explica que Portugal non asinou a Carta Europea para as Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa ata o 7 de setembro de 2021 (cando Espaa xa o fixera en 2002), e na actualidade est pendente de ratificar ese tratado internacional, o que dara pé elaboracin dunha nova Lei do Mirandés dirixida a revitalizar esta minora lingüstica, “sempre e cando isto viese acompaado dun orzamento para un plan de choque dedicado recuperacin social e ao desenvolvemento da oficialidade do mirandés”. Segundo Costas, o espello onde se ten que mirar o mirandés é o aranés, a lingua occitana de 4000 falantes que é cooficial en Catalua e de uso preferente no seu territorio, o Val de Arn.

O 80% da poboacin identifcase coa lingua e desexa a súa cooficialidade plena

Segundo se expn no libro, anda que o 80% da poboacin di que entende ben ou moi ben o mirandés e o 76% considera que o pode falar, o certo é que a lhéngua mirandesa est en grave perigo de desaparicin porque entre a poboacin en idade reprodutora (18-40 anos) e menor de idade (12-18 anos) o uso da lingua descendeu case nun 50%. Neste aspecto o coordinador do estudo fai fincapé en que “ningún menor fala mirandés na escola, onde a lingua de socializacin e prestixio é o portugués e apenas un 5% de menores fala o mirandés, nomeadamente rapaces e s nas súas aldeas, con familia e vecios”.

Desde o punto de vista de Costas, as medidas tomadas ata agora polo goberno portugués foron “simple placebo, foguetera de artificio”, subliando como exemplo a introducin na escola dunha materia optativa sen materiais nin capacitacin do profesorado, certos usos rituais en datas sinaladas, as como usos folclricos e culturais. “A introducin optativa do mirandés na escola conseguiu afincar competencias pasivas no alumnado e incrementar as actitudes positivas cara lingua, pero non propiciou os usos escolares nin extraescolares”.

O libro pon sobre a mesa múltiples datos, entre eles, que hai un 10-15% de residentes en Miranda con actitudes moi negativas cara ao mirandés. O prototipo é o de muller, funcionaria, con estudos medios ou superiores e procedente doutros lugares de Portugal. “Estas persoas anda consideran o mirandés como unha lingua de ignorantes e manteen unha actitude moi centralista e supremacista”, recalca Costas. Outramente, un 80% da poboacin identifcase totalmente coa lingua e desexara a súa cooficialidade plena en todos os mbitos (administracin, xustiza, emprego, industria, comercio, ensino, sanidade, medios de comunicacin etc.). As actitudes mis positivas danse entre a mocidade, precisamente na franxa de idade onde o uso é menor. A xuventude ve a lingua como un factor non s identitario senn comercial, turstico e economicamente revitalizador.

Brigada de la Lhéngua

Denominados como Brigada de la Lhéngua, o equipo de alumnas e alumnos que colaboraron co profesor Xosé-Henrique Costas na elaboracin deste estudo estivo integrado por Julieta Insagaray, Marinha Paradelo, Abraham Álvarez, Aïcha Villaverde, Alejandro Solla, Ana Fernndez Berrocal, Ángela Otero, Manuel Naveira, Montserrat Pume, Natividade Villar, Sol Vilas e Teresa Rodrguez. Contouse ademais coa colaboracin dos profesores Antn Vaamonde e Ricardo Luaces, do Departamento de Estatstica Aplicada, que asesoran en todo o proceso do tratamento estatstico dos datos, e da directiva da Associaçon de la Lhéngua Mirandesa.