DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas para centros educativos que se celebran este martes e mércores

O campus de Ourense amosa o seu potencial académico e investigador a arredor de 800 estudantes preuniversitarios

Coincidindo coa conmemoracin do Da Mundial da Auga

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Estudantado
  • Visitas
  • Institucional
DUVI Ourense 19/03/2024

O venres, 22 de marzo, celébrase o Da Mundial da Auga. É un data significada no calendario do campus de Ourense xa que nel desenvlvese o Campus Auga, un proxecto de especializacin arredor dos recursos hdricos e alimentarios acreditado recentemente pola Xunta de Galicia. Cada curso académico, en datas prximas a ese da, o campus de Ourense abre as súas portas s futuras xeracins de universitarias e universitarios para que coezan de primeira man a súa vida académica e investigadora. Este ano, a cita celébrase este martes e mércores coa participacin de arredor de 800 estudantes preuniversitarios.

A programacin, organizada pola Vicerreitora do campus de Ourense co apoio da Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da 鶹, arrancou este martes coa arredor de 300 estudantes de Bacharelato, acompaados por docentes, de cinco centros educativos, a maiora da provincia de Ourense, como son o IES Xesús Taboada Chivite (Vern), o CPR Malvedo (Coles), o CPR Plurilingüe Mª Auxiliadora (Ourense), o IES Universidade Laboral (Ourense) e o IES Val do Asma (Chantada). Para darlle a benvida estivo Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, que destacou que esta actividade se celebra tendo en conta a conmemoracin do Da Mundial da Auga e este ano tamén os 50 anos de historia do campus ourensn. O responsable académico agradeceulle aos institutos e ao seu alumnado e profesorado “que vean a coecer un campus fantstico como é o noso" nunhas xornadas que teen como obxectivo principal que coezan de primeira man as súas instalacins, servizos, centros e titulacins, tendo en conta que nun futuro prximo estes estudantes tern que elixir que carreira universitaria queren facer e onde.

O vicerreitor animou ao alumnado a aproveitar esta visita para saber mis dun campus no que, destacou, “contamos con instalacins de vangarda tanto no eido académico como investigador e das que estamos moi orgullosos”. Alén da calidade investigadora e tamén docente, Francisco Javier Rodrguez puxo en valor a rica vida universitaria que se desenvolve nel grazas súa programacin deportiva e cultural. Lembrando que as titulacins que nel se imparten teen en xeral unha alta taxa de empregabilidade e emprego de calidade, o responsable académico indicou que cada curso académico o campus de Ourense acada taxas de matrcula do 100%. “Con xornadas coma esta queremos continuar nesta lia de bos resultados e seguir mellorando cada da, en estreita colaboracin coa nosa contorna”, afirmou.

Nove centros, 16 graos

Tras a benvida conxunta, o alumnado dividiuse en pequenos grupos para realizar dous itinerarios segundo a súa modalidade de Bacharelato e tendo en conta as temticas das nove facultades e escolas que hai no campus de Ourense, nas que, lembrouse na visita, se imparten 16 ttulos de grao, tres programas conxuntos de dobres graos, 12 mestrados e sete programas de doutoramento, achegndose a cifra de alumnado aos 4800.

O itinerario do mbito xurdico-social, humanidades e artes permitiulle ao alumnado participante coecer as facultades de Educacin e Traballo Social; Historia; Ciencias Empresariais e Turismo; Dereito e Relacins Internacionais. O itinerario de ciencias e enxeara levounos Escola Superior de Enxeara Informtica; Facultade de Ciencias; Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e Escola Universitaria de Enfermara. En ambos casos percorreron os seus edificios, coecendo desde as súas aulas e laboratorios ata museos que albergan, da man de membros dos seus equipos decanais e directivos, que foron explicndolles todo tipo de cuestins referidas s súas titulacins, actividades e sadas profesionais. Igualmente, en diferentes laboratorios as e os estudantes achegronse ao traballo investigador que se realiza nas facultades e escolas ourenss, especialmente no caso da Facultade de Ciencias pero tamén en eidos como a arqueoloxa ou o espacial. No seu percorrido polo campus de Ourense tamén tiveron a oportunidade de coecer instalacins comúns, como as deportivas, a biblioteca universitaria e as zonas verdes.