aeroespacial
A 鶹 acaba de resolver o concurso de ideas para a construcin do edificio que acoller a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo. Atendendo acta do xurado, presidido polo vicerreitor de Planificacin e Sostibilidade José Luis Mguez Tabarés, acordouse que a mellor idea, das doce presentadas, é a asinada por Javier e Carlos Rodrguez Alcoba, de Garca Rodrguez Alcoba Oficina de Arquitectura, de Madrid, autores dunha proposta “que non s responde a un programa funcional, senn que achega outra serie de elementos estéticos e de relacin co resto das edificacins da súa contorna” e cuxa forma e posicin vén marcada pola propia topografa do campus. Segundo esta proposta, bautizada como O Camalen, o futuro edificio formalzase en tres pezas, unha sobre rasante, outra semisoterrada e unha “xunta” entre os dous primeiros, e nel tern gran protagonismo os espazos verdes, tanto no interior como no exterior.
“Ser un edificio emblemtico para o campus de Ourense”, salientou Mguez Tabarés nada mis facerse pública a acta do xurado, ao tempo que explicou que con este edificio complétase o que sera a parcela do campus sur, cubrindo o espazo que queda en desnivel. Ao seu xuzo, é unha proposta que mellora a localizacin privilexiada deste solar, situado ao carn dunha das arterias principais que d acceso cidade. “Trtase dun proxecto moi importante para ns, pois supn conseguir que o Grao en Enxeara Aeroespacial, un dos de maior demanda da 鶹, conte cun edificio propio e moi caracterstico”, considerou Mguez, quen tamén incidiu en que agora se fai “mis necesaria ca nunca” a unin entre os dous campus mediante un soterramento parcial da avenida Otero Pedrayo, “o que permitira crear un espazo peonil aberto entre os dous campus, xunto co novo Edificio Administrativo da Xunta de Galicia”.
O investimento previsto supera os 8,3 millns de euros
Segundo a acta do xurado correspndelle agora empresa Garca Rodrguez Alcoba a redaccin do proxecto bsico, do proxecto de execucin e da direccin da obra, para o que contarn cun importe de algo mis de 390.000 euros, IVE includo. A idea, segundo explicou o vicerreitor, é que a empresa conte cun prazo de entre dous e tres meses para a realizacin do proxecto, con vistas a poder licitar a obra a principios de 2024. “Gustaranos que a construcin arrancase en abril ou maio e que o edificio poida converterse en realidade nun prazo estimado de entre dous anos e dous anos e medio”, recalcou o responsable do xurado, quen tamén explicou que o investimento previsto para esta obra supera os 8,3 millns de euros.
Desde a direccin da escola, Humberto Michinel, un dos vogais do xurado, amosouse satisfeito polo “avance importante” que supn para este centro a construcin dun edificio que dar servizo tanto titulacin de grao como do Mster en Enxeara Aeronutica que arranca no curso 2023/2024. “Agardamos que non haxa moitos atrancos técnicos e que poidamos empezar canto antes a docencia e a investigacin neste novo edificio”, recalcou o responsable do centro.
A proposta “aproveita e potencia” a situacin privilexiada da parcela
Segunda a memoria descritiva presentada por Javier e Carlos Rodrguez Alcoba, a proposta quere “aproveitar e potenciar” a situacin privilexiada da parcela, caracterizada por unha zona aterrazada na fachada sur e con forte pendente da fachada norte, correspondente rúa José Villaamil y Castro. Nesta lia, sublase que, por unha banda, o edificio servir como elemento que remata e pecha volumetricamente o parque natural que d sobre o interior do campus, mantendo a imaxe de pradeira que ten na actualidade e, pola outra, dar continuidade edificacin da cidade, na medida en que servir de transicin entre a trama urbana edificada e o espazo natural.
A idea é aproveitar o actual desnivel para crear unha serie de terrazas verdes -cubertas vexetais-, que sern as que darn esa imaxe verde e de continuidade coas reas de herba contiguas, e que servirn tamén como novos espazos de lecer para os pens.
Ás propostas candidatas pedaselle que o deseo do futuro edificio debera recoller estratexias de deseo, construcin e mantemento encamiadas a optimizar o rendemento enerxético, a eficiencia no uso da auga, a reducin das emisin de CO2 e o incremento da calidade do ambiente interior, e as se recolle na proposta construtiva presentada polo despacho Rodrguez Alcoba, onde se especifica que as solucins construtivas da proposta buscan, primeiro ser o mis eficientes e sostibles posibles; que a maiora dos elementos empregados se poidan reutilizar, recuperar e reciclar e utilizar materiais de Km0, destacando os elementos de madeira laminada.
60.000 euros en premios para as cinco propostas finalistas
O xurado, ademais de seleccionar a proposta gaadora, que recibir un galardn de 30.000 euros, outorgou tamén un segundo e un terceiro premio, as como dous accésits. O segundo premio, valorado en 15.000 euros, foi para a proposta Ms Madera, presentada pola UTE formada por José Manuel Pérez Muoz, en representacin da empresa mrpr e Rafael Sollero Lpez; o segundo, con 7500 euros, para Dédalo y Wright, o proxecto de Villacé y Cominges SLP. O primeiro accésit, dotado con 5000 euros, foi para o titulado Alrededor, da UTE formado por Óscar Lpez Alba e Manuel Vzquez Muio; e o segundo, con 2500 euros, para AAA333, de Iglesias y Veiga Arquitectos SLP.
