DUVI

Diario da 鶹

A Facultade de Filoloxa e Traducin acolle hoxe e ma o Simposio Internacional NEOS

Onde est, cara onde vai e cal que é a repercusin do suxeito neofalante?

Os casos de Galicia, Aragn, Euskadi, Catalua ou Bretaa/Lusatia centran o congreso

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • Lingua Galega
  • Աپ
Mª Carmen Echevarra DUVI 17/10/2019

“Levamos dez anos traballando arredor do suxeito neofalante e precisamos saber onde estamos e cara onde debemos camiar para entender mellor a súa repercusin, relevancia e necesidade nos contextos de linguas que se atopan nunha situacin comprometida, lmite nalgúns casos”, explica Fernando Ramallo, docente e investigador da 鶹 e organizador xunto a Rubén Moralejo do Simposio Internacional NEOS. De neofalante potencial a falante activa dunha lingua minorizada, que hoxe e ma se celebra na Facultade de Filoloxa e Traducin. Ao longo de dous das, expertas e expertos nacionais e internacionais abordarn o neofalantismo e o seu suxeito en xeral, ao tempo que dialogarn sobre o neofalante potencial e as posibilidades de converterse en falante activa destas linguas, nas que “as e os seus falantes quedaron fra da distribucin dos recursos de acceso a unha vida sociolingüstica normal, entendendo por normal, o seu uso en todos os mbitos do da a da. É dicir, dun ou doutro xeito son linguas que sufriron unha notoria estigmatizacin, includo o seu desprazamento social, poltico, econmico, educativo e cultural”, sinala Ramallo, que ata finais de ano seguir a compaxinar as súas tarefas académicas co labor como membro do Comité de Expertos sobre Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa.

Ata o venres as e os poentes e asistentes abordarn os resultados de diferentes proxectos de investigacin e debatern sobre cuestins epistemolxicas e metodolxicas, os espazos propicios para a muda/conversin sociolingüstica e o propio proceso de muda/conversin a partir de experiencias favorables e desfavorables. Precisamente, a sesin de ma abrirase cunha conferencia plenaria a cargo de Jacqueline Uria sobre a importancia etnogrfica para o avance do coecemento destes procesos de transformacin. “En proxectos anteriores, dedicmonos a coecer subxectividades, historias da vida, posturas ideolxicas, etc. de neofalantes reais e agora estamos co pre-neofalantismo, considerado de capital importancia desde a lingüstica poltica”, explican os organizadores do congreso.

O futuro das linguas pasa polo neofalantismo

Na inauguracin do simposio, celebrada esta ma, o secretario xeral de Poltica Lingüstica incidiu na importancia de captar e fomentar o neofalantismo “para buscar un futuro para as linguas, creo que mal chamadas minoritarias ou minorizadas, porque a apertura dun escenario onde hai que gaar falantes, onde as linguas deixan de ter unha transmisin xeracional tan forte como tian antes, faise imprescindible que a sociedade e os diferentes axentes actúen como motor de captacin para que a cidadana se anime, cada vez mis, a utilizar a lingua que non usa habitualmente”. Valentn Garca reivindicou un status de “persoa interesante” para o neofalante, considerado na lingüstica ortodoxa como un falante de segunda ou terceira categora e demandou a implicacin da sociedade “para que ninguén se ra ou faga chanza de quen non fala ben algunha das nosas linguas. Creo que o futuro das nosas linguas pasa polo neofalantismo e os neofalantes”, afirmou o secretario xeral de Poltica Lingüstica.

Pola súa banda, a vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais da 鶹, Mnica Valderrama, avogou por darlle unha oportunidade s linguas propias que non se utilizan e asegurou que “é imporante que te animen a lanzarte a falar con erros e eivas”. A vicerreitora tamén alentou a amosar a cara positiva da aprendizaxe dunha lingua, anda que non sexa ortodoxa, “convertendo esta ferramenta de comunicacin en algo positivo”. Desde o grupo de investigacin Grades, o seu coordinador, Antonio Rifn, destacou o carcter “homoheteroxeneo” do mesmo pola súa dedicacin a diferentes ramas de estudo da lingua e tamén por enfocarse directamente na conexin da lingua na sociedade.

13 linguas minoradas no estado espaol

Galicia, Aragn, Euskadi, Catalua, Pas Valenciano e Bretaa/Lusatia centran os casos de estudo que se abordarn ao longo dos das que dura o simposio “porque houbo unha convocatoria aberta de comunicacins e recibimos propostas deses lugares. En parte, esas comunicacins constitúen achegas derivadas dos resultados acadados no proxecto de I+D,O suxeito neofalante. O proceso de conversin lingüstica en Galicia, Euskadi, Aragn e Pas Valenciano, que temos na linguas minoradas no Estado espaol e que remata este ano”, explica Fernando Ramallo.

De acordo coa Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa, as linguas minoradas no Estado espaol, alfabeticamente ordenadas, son as seguintes: amazige (Melilla), rabe ceut (Ceuta), aragonés (Aragn), aranés (Catalua), asturiano (Asturias), cal (lingua non territorial), cataln (Catalua, Pas Valenciano, Illas Baleares, Aragn, Murcia), éuscaro (Pas Vasco, Navarra), galego (Galicia, Asturias, Castel e Len, Estremadura), leonés (Castela e Len), portugués (Estremadura). “Tamén hai que considerar como linguas minoradas a lingua de signos catal e a lingua de signos espaola”, detalla Ramallo.