DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

Financiado pola Unin Europea con 3,3 millns de euros

O CINBIO participa nun proxecto europeo para mellorar o diagnstico das infeccins crnicas de feridas

Desenvolver modelos ‘bioenxeados’ de pel humana e ferramentas de diagnstico non invasivo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • HR
  • Internacional
  • ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±²Ô
  • ³§²¹Ãº»å±ð
  • ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±²Ô
DUVI 27/07/2026

As infeccins crnicas de feridas supoen un importante reto clnico pola súa alta prevalencia, a dificultade do seu tratamento e o impacto na calidade de vida das persoas afectadas. Co obxectivo de mellorar o seu diagnstico e tratamento mediante solucins innovadoras e personalizadas, esta primavera botou a andar o , Rede doutoral para coidados avanzados e diagnstico rpido de infeccins de feridas. A iniciativa, financiada pola Unin Europea con 3,3 millns de euros a través do programa Horizonte Europa e das accins Marie SkÅ‚odowska-Curie, reúne dez socios europeos, entre eles o CINBIO da Âé¶¹¹û¶³, integrado na Rede Cigus.

Tras a reunin de lanzamento celebrada en Roma, o proxecto prolongarase 48 meses e  permitir formar 11 investigadoras e investigadores predoutorais en toda Europa para afrontar o reto das infeccins de feridas. Coordinado pola Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia), o consorcio reúne expertos e expertas en ciencia de nanomateriais, qumica, fabricacin aditiva, enxeara biomédica, bioloxa molecular, microbioloxa e prctica clnica de Espaa, Francia, Reino Unido, Irlanda, Italia, Pases Baixos e Grecia, reforzando o seu carcter internacional e multidisciplinar.

Na Âé¶¹¹û¶³ o equipo participante est coordinado polo investigador Gustavo Bodeln Gonzlez, do grupo de NanoBioMateriais Funcionais, FunNanoBio, do CINBIO, dirixido por Isabel Pastoriza Santos e Jorge Pérez Juste. 

Coidado e diagnstico personalizado das infeccins

Un dos principais obxectivos de Heal-4Ward é desenvolver un modelo tridimensional bioenxeado de pel humana con propiedades plasmnicas que permita detectar e monitorizar de maneira non invasiva infeccins crnicas de feridas e avaliar a resposta s terapias antimicrobianas mediante espectroscopa Raman intensificada por superficie (SERS), sen necesidade de marcadores.

"Mediante a integracin de nanomateriais de vangarda, tecnoloxas de deteccin non invasivas e bioenxeara de tecidos desenvolvemos prototipos de feridas orientados ao diagnstico e tratamento personalizado das infeccins", explica Gustavo Bodeln.

Para iso empréganse hidroxeles bioenxeados que imitan a pel humana e incorporan nanopartculas de ouro capaces de amplificar sinais pticos. "A técnica principal é a espectroscopa SERS, que permite detectar moléculas producidas por células e bacterias sen danar a mostra", sinala o investigador. O traballo compleméntase, as mesmo, con técnicas de microbioloxa, enxeara xenética, bioenxeara e espectroscopa de fluorescencia.

Ferramentas non invasivas con alto potencial de transferencia

Ademais de contribur ao desenvolvemento de terapias antimicrobianas mis eficaces, reducin do uso de modelos animais e mellora do manexo clnico das infeccins crnicas, o proxecto permitir desenvolver plataformas bioenxeadas e ferramentas de diagnstico non invasivo cun elevado potencial de transferencia a empresas biotecnolxicas e biomédicas, as como a institucins sanitarias.

En definitiva, o financiamento obtido con Heal-4Ward supn unha oportunidade para formar novo talento investigador nun contexto europeo, colaborar con centros de referencia e afrontar retos cientficos de grande impacto. "Este proxecto aposta por unha forma responsable e avanzada de facer ciencia", sublia Bodeln. "É un orgullo comprobar que a investigacin bsica desenvolvida nun laboratorio do CINBIO e da Âé¶¹¹û¶³ poida contribur a mellorar a vida das persoas."