DUVI

Diario da 鶹

A xornalista Ana Fuentes presenta un libro dedicado primeira doutora galega

Olimpia Valencia, unha pioneira na ciencia e na igualdade

Da o nome ao edificio que alberga o Cacti e o Cinbio

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • ʳܲԲ
  • Cultura
M. Del Ro DUVI 05/07/2019

Olimpia Valencia entrou na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1919, tan s nove anos despois de que se aprobase o decreto que permita s mulleres estudar carreiras. Xusto cando se cumpren 100 do seu ingreso na USC sae do prelo o libro Olimpia Valencia: ocho décadas de historia desde los ojos de una pioneira, publicado pola redactora xefe de Atlntico Diario, Ana Fuentes. E o lugar elixido para presentalo non poda ser outro que o edificio que leva o nome da doutora no campus de Vigo e que acolle o Centro de Investigacins Biomédicas, Cinbio, e o Centro de Apoio Cientfico-Tecnolxico Investigacin, Cacti.

Acompaada pola catedrtica África Gonzlez, directora do Cinbio;Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade e Xon Carlos Abad, presidente do Instituto de Estudos Vigueses, a xornalista explicaba que para escribir este libro consultou moitos arquivos e viuse sorprendida “pola cantidade de referencias que hai sobre Valencia nas hemerotecas”. Toda esta informacin xunto con documentos e recordos familiares (a doutora era curm da avoa de Fuentes) dan forma a un volume que sae luz “coincidindo cos 100 anos do seu ingreso na universidade”.

África Gonzlez, que asina o prlogo, lembraba que este libro “pecha un crculo” poendo en valor a figura dunha “muller pioneira”, pero laibase de que o novo hospital de Vigo non tivese levado o seu nome, como primeira médica galega. Pola súa banda, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gmez, remarcaba que a presentacin deste libro constitúe un “acto de vitoria moral e de autorrevés da historia, estando rodeadas das novas xeracins de mulleres cientficas que traballan no Cinbio e no Cacti continuando o legado de Olimpia Valencia”. Gmez destacaba a figura de Valencia como “unha muller curiosa, valente, soadora, transgresora, vital e cosmopolita que, xunto con outras intelectuais galegas como Maruja Mallo ou Sofa Novoa, foron quen de impregnar de destellos atlnticos con sabor a mar o panorama sociocultural da época”. Destacaba que mudou o, “rumbo vital dun destino tradicional grazas paixn polo saber, e paralelamente mudou o devir de moitas mulleres que a sucedemos; sobreviviu nun contexto hostil, sufriu o efecto Matilda que padecen as cientficas destacadas, o feroz antigaleguismo e a misoxinia reaccionarias dos sectores menos intelixentes da época”. Xon Carlos Abad, presidente do Instituto de Estudos Vigueses, entidade que edita o libro, explicou que se trata dun volume moi interesante “tanto polo personaxe como polo contexto no que viviu” esta muller “dinmica, activa e con moitsimas relacins de alto nivel dende a súa época como estudante, cando se comezou a involucrar co galeguismo”.

Dúas carreiras, un doutoramento e unha vida dedicada medicina

Olimpia Valencia, nada en Baltar e criada en Vigo, foi a primeira muller galega en licenciarse en Medicina en 1925 con premio extraordinario, 23 sobresantes e 18 matrculas de honra. Nese mesmo ano trasladouse a Madrid, en concreto Residencia de Seoritas, para realizar a tese de doutoramento, dirixida por Sebastin Recasens e valorada por Juan Negrn, “secretario da Facultade de Medicina, que despois sera presidente da II República”, destacaba Fuentes. Posteriormente ampliou estudos en Francia e Suiza e en 1930 participou na fundacin da Academia Médico Cirúrxica de Vigo, da que cinco anos mis tarde foi vicepresidenta. Paralelamente, en 1928 xa abrira a súa consulta de xinecoloxa na rúa do Prncipe, en Vigo. Pero ademais, Olimpia Valencia foi unha galeguista comprometida, estivo relacionada cos intelectuais da época, como Valentn Paz Andrade, e encabezou varios manifestos públicos, un en 1931 de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en 1936 a favor do plebiscito polo Estatuto de Autonoma. A súa implicacin poltica provocou que tras o golpe de estado de 1936 fose detida e presa durante varios das acusada de pertencer ao Partido Galeguista. Unha vez en liberdade, pero marcada publicamente pola súa ideoloxa, a súa consulta resentiuse pola perda de pacientes. Na década de 1940 incorporouse Seguridade Social, onde exerceu ata que se xubilou na década de 1960, anda que continuou traballando no seu consultorio ata os 82 anos.

Faleceu en 1987, pero un ano antes conceda unha entrevista na que recoeca, como relata Ana Fuentes, que “polo feito de ser muller nunca tiven problemas para exercer a mia profesin pero si atopei dificultades na sociedade viguesa pola mia afinidade co Partido Galeguista”. Con todo, as súas recomendacins s mozas pasaban pola necesidade da “independencia profesional e persoal e a defensa dos ideais, anda que sei moi ben que os homes de hoxe seguen sen aceptar s mulleres que son de verdade independentes, por iso o mis importante é manterse fiel a unha mesma”.