DUVI

Diario da 鶹

O campus acolleu este mércores unha xornada sobre esta problemtica

Unha forma de violencia de xénero chamada trata con fins de explotacin sexual

Estivo organizada pola Fundacin Amaranta Ourense

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • Institucional
Rosa Tedn DUVI Ourense 27/11/2019

A trata con fins de explotacin sexual como unha forma de violencia de xénero foi o tema central dunha xornada que este mércores acolleu o campus de Ourense e que estivo organizada pola Fundacin Amaranta. Nela salientouse a importancia de abordar a visibilizacin desta realidade tendo en conta que “falar de trata é falar da historia de mulleres que o patriarcado pon a disposicin dos homes de maneira pública; é falar de historias atravesadas por violencia simblica, psicolxica, fsica, econmica, sexual, institucional e sociocultural”, tal e como sinalou na súa presentacin a psicloga Lidia Álvarez.

Segundo explicou Lidia Álvarez, da Fundacin Amaranta, a temtica da xornada foi elixida por dous motivos. “O primeiro ten que ver co fin último do traballo da fundacin, que non é outro que favorecer a integracin persoal e a incorporacin social de mulleres e adolescentes afectadas pola prostitucin e outras situacins de violencia por razn de xénero”, afirmou. O segundo motivo, engadiu, “é a importancia que pensamos que ten visibilizar a grave problemtica social que supn esta trata, propoendo a formacin e a sensibilizacin sobre esta temtica e incidindo en que supn unha forma brutal de violencia contra a muller”. As, recalcou a psicloga, “a trata é un mecanismo que as organizacins criminais utilizan para que o consumo sexual de persoas, xeralmente mulleres, nenas e nenos, se poda levar a cabo”. Un “mercantilismo humano” que, recalcou a experta, “ocorre ao noso redor, en pisos de alterne, en clubs ou na rúa”.

Neste contexto, Susana Lpez Abella, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, fixo fincapé en como nesta problemtica é “unha responsabilidade de todas as administracins traballar para que se faga visible e para que se saiba que cando unha persoa consume prostitucin consume trata, consinte o trfico de mulleres e nenas”. Tamén fixo fincapé en como “nesta loita é moi importante sumar aos homes, senn non vamos dar acabado con esta tremenda lacra que nos avergoa como sociedade”. Na súa intervencin, Lpez Abella explicou as ferramentas da administracin autonmica na loita contra esta problemtica, lembrando como se van a iniciar os traballos para a elaboracin do primeiro plan estratéxico de Galicia contra a trata con fins de explotacin sexual e avanzando como as axudas que cada ano convoca a Xunta destinadas a entidades sen nimo de lucro para que leven a cabo proxectos de atencin integral dirixidos a persoas inmigrantes e vtimas de trata de seres humanos con fins de explotacin sexual contarn en 2020 cun orzamento de 450.000 euros.

Unha forma de escravitude

Mara Alida Iglesias, xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegacin do Goberno en Ourense, incidiu pola súa banda en como “a trata é lamentablemente unha realidade en Europa e Espaa” e “unha forma de escravitude que converte ao ser humano nunha simple mercadora”. O trfico de persoas con fins de explotacin sexual, afirmou, “constitúe unha violacin dos dereitos humanos posto que vulnera a dignidade da persoa, a súa liberdade e igualdade”. Lembrando como xunto s droga e s armas, a trata é un dos negocios mis lucrativos, Mara Alida Iglesias destacou como “a maiora das vtimas son mulleres e a trata est directamente relacionada coa posicin das mulleres na sociedade e coa feminizacin da pobreza”. Eugenia Daz, concelleira de Igualdade do Concello de Ourense, apuntou pola súa banda como “a trata de seres humanos con fins de explotacin sexual é a principal causa de trata en Europa e dela o 95% son mulleres e nenas”. Este fenmeno, afirmou, “tamén hai que velo desde unha perspectiva de xénero” e ligalo coa prostitucin “xa que se non houbera prostitucin non habera trata de persoas con fins sexuais”. Daz Abella denunciou ademais a estigmatizacin social das mulleres vtimas desta problemtica e o silencio ao redor do exercicio da prostitucin na sociedade.

Entre as intervencins de expertas que se produciron trala primeira mesa institucional estivo a de Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade. Na súa conferencia, falou da investigacin realizada por ela xunto a Silvia Pérez e Rosa Mara Verdugo sobre o perfil do “puteiro” espaol e estableceu un vnculo entre os resultados obtidos nela e o estudo sobre masculinidades en situacins “extremas”, como Ciudad Jurez ou crceres de Brasilia, feito pola antroploga Rita Laura Segato. O vnculo que atopa a profesora entre ambos fenmenos é que “hai unha subhumanizacin das mulleres e que moitas veces este tipo de rituais non buscan un elemento de carcter instrumental, como a busca de pracer sexual, senn de carcter expresivo, para dicirlle aos outros homes, que son os que outorgan as identidades masculinas, que son moi machos”. Tratarase, afirma, “mis dunha performance expresiva de reafirmacin dunha virilidade que responde ao mandato patriarcal que dunha busca de pracer sexual real”.