DUVI

Diario da 鶹

A categora masculina de baloncesto continúa invicta

O equipo de rugby do campus perde contra o Uribealdea RKE nun encontro moi disputado

Este martes celebrarase unha master class solidaria de zumba aberta s persoas interesadas

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 16/12/2019

A piques de parar a súa actividade durante as vacacins do Nadal, os equipos deportivos do campus de Ourense nas diferentes competicins tiveron esta fin de semana desigual sorte nos encontros disputados. Mentres o primeiro equipo de rugby perdeu pola mnima contra Uribealdea RKE, os xogadores de baloncesto seguen invictos e o equipo de baloncesto feminino sumou unha nova derrota. Ademais, este sbado 60 persoas participaron na última ruta cultural universitaria deste ano. 

Competicins de rugby e baloncesto

A xornada doceava de competicin no grupo A da divisin de honra B do rugby estatal saldouse o domingo para o Campus Universitario Ourense cunha derrota na súa visita a Uribealdea RKE. Foi un partido moi disputado que rematou cun marcador de 30-29. Con este resultado, o equipo universitario mantense no terceiro posto do seu grupo, con oito vitorias e tres derrotas no que vai de tempada. Tamén en rugby pero xa na liga galega, o equipo do Campus Universitario Ourense perdeu contra Muralla Lugo por 31-62.

Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus seguen a dinmica de resultados de anteriores xornadas de liga. A categora masculina mantense como lder invicto do seu grupo na primeira divisin masculina tras gaar o sbado 62-68 a Maderas Zamar EDM A Estrada. A categora feminina continúa no último posto do seu grupo na primeira divisin tras perder tamén o sbado 56-44 fronte a CLB.

A última ruta do ano

As rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹 pecharon o sbado 14 a súa programacin de 2019 coa celebracin da Ruta do contrabando. Ruta micolxica e magosto pola Ribeira Sacra. Arredor de 60 persoas procedentes dos tres campus da 鶹 fixeron un percorrido circular de 15 quilmetros e unha dificultade media-alta seguindo o itinerario Luintra, Monteverde, parador de Santo Estevo, Pombar e de novo Luintra, para rematar na rea recreativa de Loo coa celebracin dun magosto.

Zumba solidaria para pechar o cuadrimestre

Como peche programacin deportiva deste cuadrimestre, a Área de Benestar, Saúde de Deporte do campus de Ourense organiza xunto a AQA Ourense este martes, 17 de decembro, s 20.00 h, unha Master Class de Zumba de carcter solidaria e aberta s persoas interesadas, sexan ou non membros da comunidade universitaria. Con 100 prazas dispoibles, as e os interesados en participar s tern que apuntarse na piscina universitaria ou no pavilln de deportes e traer un quilo de comida ou un xoguete que sern doados ao Banco de Alimentos.