Os malos resultados foron tamén a nota dominante en fútbol gaélico
O equipo de rugby do campus perde ante o Gernika RT
En baloncesto os xogadores acadaron a súa primeira vitoria da tempada
Esta fin de semana os malos resultados acompaaron ao primeiro equipo de rugby do campus de Ourense, que perdeu fronte a Gernika RT, e aos representantes de fútbol gaélico, que perderon fronte a Estrela Vermelha. A única nota positiva da xornada para os equipos universitarios estivo na categora masculina de baloncesto, que acadou a súa primeira vitoria da tempada.
Rugby
Na sexta xornada da divisin honra B do rugby estatal, o Campus Universitario Ourense de Rugby perdeu 23-43 fronte a Gernika RT no partido disputado no Campo As Lagoas-Marcosende, no campus de Vigo. “Non puido ser e, ao final, Gernika Rugby Taldea foi un merecido vencedor do encontro”, indican desde o club ourensn, agradecendo ao Vigo Rugby Club e Universidade pola cesin das instalacins e medios para o desenvolvemento do partido no seu campo e afeccin por trasladarse ata al para apoiar ao equipo ourensn. Con este resultado, o Campus Universitario Ourense de Rugby sitúase no quinto posto da tboa, con catro vitorias e dúas derrotas. Tamén en rugby pero xa na liga galega, a categora feminina perdeu 82-5 na súa visita ao Muralla RC e categora sub-16 perdeu na súa visita a Pontevedra por 33-27.
Fútbol gaélico
En fútbol gaélico, as categoras masculina e feminina do Auriense Campus da Auga enfrontronse esta fin de semana na Liga Galega de Fútbol Gaélico a Estrela Vermelha. Sobre o encontro das xogadoras, desde o club sinalan que a pesar de que a primeira parte foi moi igualada, no segundo tempo “o equipo picheleiro asumiu a súa superioridade e impuxo un xogo mis rpido que as nosas xogadoras tentaron en todo momento conter”. O resultado final foi Auriense Campus da Auga FG 1-14 (17) vs 1-21 (24) Estrela Vermelha FG. Na categora masculina indican como a pesar do esforzo feito polos ourensns, Estrela Vermelha acadou unha vitoria clara “que deixa un sabor agridoce”, sendo o marcador final Auriense Campus da Auga F.G. 2-7 (13) vs 7-27 (48) Estrela Vermelha FG.
Baloncesto
Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus disputaron esta fin de semana a segunda xornada de competicin con desigual sorte. A categora masculina do Universitario Campus Ourense gaou na casa na primeira divisin masculina por 79-68 contra CLB. Xa na primeira divisin autonmica feminina, o representante universitario perdeu 78-42 na súa visita a CB Seis do Nadal Coia, en Vigo.
