DUVI

Diario da 鶹

Seleccionadas nunha convocatoria financiada con 79.000 euros pola institucin provincial

鶹 e Deputacin de Pontevedra promoven dez investigacins coas que contribur ao desenvolvemento da provincia

Lideradas por investigadores e investigadoras novos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 30/09/2024

Novas estratexias de prevencin e promocin da saúde, biodiversidade e conservacin de hbitats, contaminacin en ambientes terrestres e marios ou tecnoloxas de informacin e da comunicacin. Estas son algunhas das trece lias de investigacin nas que a 鶹 e a Deputacin de Pontevedra buscaban promover o desenvolvemento de estudos que contribúan ao desenvolvemento social e econmico da provincia. Financiada con 79.000 euros pola institucin provincial, ao abeiro dun convenio coa 鶹, nesta convocatoria foron seleccionados dez proxectos, que abordarn cuestins como a creacin, con ferramentas de intelixencia artificial, dunha influencer que contribúa promocin turstica da provincia, a optimizacin da recollida do lixo en zonas rurais mediante redes sen fos ou os efectos nos sedimentos da ra de Arousa dos cambios nos usos do solo na conca hidrogrfica do Umia.

Dirixida a que persoal investigador novo poida pr en marcha os seus proxectos, esta convocatoria financiar tamén estudos sobre a oferta cultural de Pontevedra en redes sociais, a criopreservacin de medusas e as interaccins moleculares nos sistemas biolxicos dos contaminantes organoclorados. Dirixida a persoal que non tivera liderado previamente proxectos seleccionados en convocatorias de carcter competitivo, entre as investigacin escollidas figura tamén unha anlise da realidade xurdico-laboral e das traballadoras do sector dos coidados e un estudo sobre os instrumentos poltico-normativos dos que dispoen as administracin locais fronte os retos demogrficos. Aberta a persoal investigador do campus de Vigo e Pontevedra, promover tamén unha investigacin sobre as capacidades fsicas e cognitivas das persoas con Prkinson e outra sobre os beneficios da marcha nrdica en mulleres que padeceron cancro de mama. 

Cinco proxectos no campus pontevedrés

Dúas das investigacins seleccionadas poen o foco nas redes sociais e sern lideradas por investigadores da Facultade de dzܲԾ. Por unha banda Javier Abun, do grupo Sepcom, desenvolver un estudo sobre influencers virtuais, creados con intelixencia artificial, co obxectivo de crear con estas ferramentas un avatar que poida servir como ferramenta de xeracin de marca rexional e promocin do turismo na provincia. Ademais, a investigadora do grupo CS1 Beatriz Martnez realizar unha anlise das estratexias de comunicacin e promocin cultural en redes sociais de diferentes institucins e organizacins sociais da provincia, as como do xeito no que se representa nestas o Camio de Santiago, co obxectivo de definir un conxunto de recomendacins estratéxicas en materia de promocin cultural. 

O investigador do grupo WellMove, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, Adriano Snchez levar a cabo o proxecto Ponte-Vida, dirixido a avaliar os beneficios que pode ter un programa de exercicio baseado na marcha nrdica, na saúde e calidade de vida de mulleres que superaron un cancro de mama. Profesora da Facultade de Fisioterapia e integrante do grupo HealthyFit, Irimia Mollinedo desenvolver un estudo dirixido a coecer as caractersticas sociodemogrficas e as capacidades fsicas e cognitivas de preto de 350 persoas diagnosticadas de prkinson, as como validar unha ferramenta de valoracin da capacidade funcional desta poboacin.

Por outra banda, o profesor de Direccin e Xestin Pública Santiago Salvador estudar os instrumentos poltico-normativos que o actual marco xurdico ofrece hora de abordar os retos demogrficos, nun contexto de cambio climtico e crise enerxética. Entre outros aspectos, analizar os desafos que enfrontan as administracins locais hora de implantar clusulas ambientais e sociais nos seus procesos de contratacin ou de facilitar a creacin de comunidades enerxéticas. 

E outros cinco no campus de Vigo

Ao abeiro desta convocatoria impulsaranse tamén cinco investigacins lideradas por investigadoras do campus de Vigo, como o proxecto centrado na criopreservacin de medusas e na utilidade destas técnicas para a preservacin da biodiversidade maria, que a investigadora do CIM Estefana Paredes centrar nas éfiras da especie Aurelia aurita. O impacto nos sedimentos da ra de Arousa dos cambios nos usos do solo na conca hidrogrfica do ro Umia ser, por outra banda, o eixe central do proxecto da tamén investigadora do CIM Ángela Fontn, que empregar técnicas de teledeteccin, cartografa e anlise xeoespacial para identificar as principais transformacins do territorio. Ademais, o integrante do grupo de Qumica Cuntica, Nicols Ramos desenvolver un estudo computacional das interaccins moleculares en sistemas biolxicos dos contaminantes organoclorados, compostos qumicos presentes en organismos e sedimentos marios e que afectan negativamente saúde humana e aos ecosistemas marios.

Investigadora da Escola de Enxeara de Telecomunicacin, Isabel Expsito estudar a viabilidade de empregar tecnoloxas sen fos para mellorar a xestin de residuos nas zonas rurais e, mis concretamente, a posibilidade de empregar estas tecnoloxas para medir de forma automtica o nivel de ocupacin de cada colector, o que permitira optimizar as rutas recollida do lixo. Entre os proxectos seleccionados atpase tamén o que Irene Dozo centrar no “ecosistema” do sector dos coidados na provincia de Pontevedra. A investigadora da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo analizar a realidade xurdico-laboral e sociolxica dos e das traballadoras deste sector, pondo o foco tanto na súa proteccin social e atendendo perspectiva de xénero, por tratarse dun sector feminizado.