Segundo un estudo realizado polo grupo Remoss, analizando os casos rexistrados ao longo de 18 anos
O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio
Esta porcentaxe ascende ao 14% no caso das persoas maiores de 65 anos
A anlise das historias clnicas dos casos de afogamento que tiveron lugar en Galicia ao longo de 18 anos permitiu aos investigadores e investigadoras do grupo Remoss constatar que o 9% destes episodios corresponden a intentos de suicidio. Esta porcentaxe ascende a preto do 14% no caso dos afogamentos de maiores de 65 anos, que foron ademais o grupo de idade con mis casos de suicidio ou intento de suicidio no perodo analizado. Concretamente, o 53% dos casos rexistrados neste perodo correspondanse con esta franxa de idade, na que a taxa de mortalidade foi do 50%.
O equipo investigador analizou os afogamentos que tiveron lugar en Galicia entre 2004 e 2021, co obxectivo de “identificar e describir as caractersticas e factores asociados aos afogamentos intencionais”, sinalan. Os resultados deste traballo recllense é constitúen “o primeiro estudo que hai en Espaa” sobre este tipo de episodios, como explica o coordinador de Remoss, Roberto Barcala, un dos autores deste estudo xunto cos integrantes do grupo Patricia Snchez Lloria, médica da Fundacin Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e Martn Otero, profesor da Escola Universitaria de Enfermara. Na investigacin participaron as mesmo Santiago Martnez Isasi, Antonio Rodrguez Núez e Ignacio Muoz, da Universidade de Santiago de Compostela; Silvia Aranda, da Universidad de Barcelona; e Antonio Iglesias, da Fundacin Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O estudo parte da anlise das historias clnicas dos 1083 casos de afogamento, mortal e non mortal, que neste perodo foron asistidos por unidades de soporte bsico e avanzado do 061 e nos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde. “Colléronse todas as historias clnicas e vimos onde haba evidencia de que foran afogamentos intencionais”, explica Barcala, detectndose un total de 99 casos no perodo analizado, o 9% do total. Non obstante, os autores e autoras deste traballo apuntan tamén unha posible “subrepresentacin de casos”, dada a dificultade para determinar se unha morte por afogamento é resultado dunha tentativa de suicidio ou dun accidente.
Incidencia da idade e da presenza de testemuas
A anlise destes 99 casos levou ao equipo investigador a pr o foco na incidencia da idade nun maior risco de suicidio ou intento de suicidio por afogamento, xa que o 53% dos casos correspondan a persoas de 65 anos ou mis, mentres que as situadas entre os 34 e o 64 anos representaban un 36% do total de vtimas, situndose no 9% a porcentaxe de persoas afectadas de entre 18 e 35 anos. No 60% dos casos, as persoas afectadas eran mulleres, o que contrasta, como apunta Barcala, cos afogamentos accidentais, no que a porcentaxe de vtimas masculinas é superior s femininas.
En 63 dos 99 casos analizados, as persoas afectadas sobreviviron tentativa de suicidio, mais os ndices de mortalidade neste tipo de episodios presentan importantes variacins en funcin tanto da idade das persoas implicadas como da presencia ou non de testemuas. “Os datos globais mostraron que, aproximadamente, nun de cada dous intentos de suicidio haba unha testemua presente”, sinalan os autores e autoras deste estudo, e nestes casos a porcentaxe de supervivencia foi do 95%, fronte ao 28% das persoas que afogaron en solitario. Obsérvase tamén unha maior porcentaxe de tentativas de suicidio sen testemuas no caso das persoas maiores de 65 anos, que remataron en falecemento en mis da metade dos casos, mentres que a supervivencia das persoas afectadas roldou o 80% no caso das persoas de entre 34 e 64 anos, sen que se rexistrase ningún episodio mortal na franxa de 18 a 34 anos. De feito, recolle o artigo, “a maior parte dos afogamentos con fins suicidas en mozos ocorreron en contornas urbanas e en presenza de testemuas”, mentres que no caso das e dos maiores tiveron lugar “principalmente no mbito rural e sen testemuos”.
“Case a totalidade das vtimas” destes episodios, o 99%, eran persoas que “foran diagnosticadas previamente dalgún trastorno de saúde mental”, sinalan as autoras e autores do estudo, que leva a pr de relevo tamén, como apunta Barcala, a importancia da saúde mental. “O afogamento intencional é un problema de saúde complexo e pouco estudado, polo que deberan prse en marcha estratexias de prevencin e saúde pública para diminur estas mortes evitables”, sinalan os autores deste estudo, que apuntan a importancia de implantar “programas de educacin e concienciacin que inclúan a identificacin de risco de suicidio, inclundo as contornas acuticas”.
