O mrketing deportivo centra a cuarta 'Éé Conference', organizada xunto ao club vigués
Unha ollada ao futuro da comunicacin e do deporte da man do RC Celta
As xornadas foron inauguradas pola decana e o presidente da entidade, Carlos Mourio
As tecnoloxas dixitais e os cambios sociais transformaron nos últimos anos o panorama da comunicacin, pero tamén o xeito no que a cidadana segue os eventos deportivos. Con esta idea como punto de partida, este mércores arrancou na Facultade de dzܲԾ a Éé Conference Sports Edition, a cuarta edicin dun ciclo de conferencias promovida por un grupo de estudantes, que neste 2023 se suma o Real Club Celta, no marco dos actos do seu centenario. Da man do club vigués, o evento pon o foco nesta edicin no mrketing deportivo, a través dunha serie de conferencias e mesas de debate nas que participan tanto directores de diferentes departamentos do club como responsables de axencias de publicidade e profesionais da comunicacin.
O papel da comunicacin nun “momento de cambios sociais”
Con preto de 125 inscritos e inscritas, a cuarta edicin desta Éé Conference foi inaugurada pola decana, Emma Torres, e o presidente do Real Club Celta, Carlos Mourio, que puxeron en valor o traballo dos estudantes impulsores desta iniciativa. Como un “exemplo do que debe ser a Universidade, que ten que ir moito mis al das aulas”, presentounos a decana, que afondou na importancia da comunicacin como unha “ferramenta fundamental” para que o deporte chegue cidadana “como unha actividade de benestar social”. Partindo desta vinculacin, Torres puxo o foco na necesidade de “non perder de vista que estamos vivindo un momento de cambios sociais, relacionados de xeito directo co consumo dos medios de comunicacin”, no que tamén "est cambiando" a forma na que se “consume deporte”.De a que incidise que tanto as e os profesionais da comunicacin como do deporte teen por diante “retos por diante moi importantes”, o que levouna a pr de relevo a importancia de que estas xornadas permitan xerar un debate sobre “como vai ser o consumo e a prctica do deporte no futuro e que podemos facer para que ese valor engadido siga funcionando”. Neste reto, sinalou, a Facultade de dzܲԾ constitúe unha “canteira de comunicadores polivalentes, capaces de innovar, de facer fronte a novos retos e adaptarse s novas formas de comunicacin”.
“As cousas hai que facelas con vistas a longo prazo, con visin de futuro”, engadiu nesa mesma lia Carlos Mourio. Na súa intervencin, o presidente do Celta puxo o foco en que, “ao igual que a comunicacin”, tamén o fútbol sufriu nos últimos anos “unha tremenda transformacin”, situando como exemplo as crticas que ao inicio da súa etapa fronte do club xeraba a idea “de que se queramos sacar ao Celta do problema econmico que tiamos, debamos xestionalo como unha empresa”. Na actualidade, “falar da industria do deporte ou de deporte empresa xa non espanta a ninguén”, concluu Mourio, quen sinalou tamén a aposta do club polo traballo pola canteira como exemplo dun “traballo continuado e constante, do que agora estamos recollendo os froitos”.
O acto de apertura completouse coa intervencin dunha das organizadoras da primeira edicin de Éé, Sofa Rodrguez, que salientou que "o que vemos hoxe aqu é o reflexo de moitsima ilusin e traballo”, nunha inicitativa que arrancou en 2019, a partir da idea da estudante Sara Pieiro, que tia como obxectivo achegar ao alumnado as experiencias de profesionais do mrketing e da publicidade. “Traballar en ideas e proxectos que te apaixonan é a mellor forma de aprender”, concluu Rodrguez.
“Na comunicacin, temos que ser consecuentes”
En cada minuto que pasa, realzanse no mundo 1,4 millns de buscas en Google e 4,7 en Yotube, descrganse 400.000 aplicacins, publcanse 200.000 tweets e envanse 190 millns de correos electrnicos. Estas cifras serviron ao director de comunicacin e contidos do RC Celta, Marco Rocha, para pr de relevo o papel que xoga actualmente a comunicacin, na primeira conferencia destas xornadas. Nun “ecosistema” no que teen que competir cos restantes clubs de Primeira Divisin, lograr que o Celta faga chegar a súa mensaxe implica, sinalou, “facer os nosos contidos atractivos”, pero tamén “consecuentes coa marca que xestionamos”. De a que entre os “mandamentos” que rexen a comunicacin do club figure tanto unha “aposta polo emocional” como un xeito de “humanizar a marca”, como “intentar estar cerca do seguidor” e ter en conta a importancia que ten no fútbol “o sentimento de pertenza”. Neste contexto, Rocha puxo o foco na importancia que teen para o club as redes sociais, xa que “agora mesmo, todos ns somos un medio de comunicacin”. Nese senso e co obxectivo de ser “donos da nosa mensaxe”, sinalou, o RC Celta conta con 24 perfs en redes sociais, que suman mis de tres millns de seguidores, dos que s o 38% se sitúan en Espaa. “Somos xestores de paixns”, concluu o responsable de comunicacin do club vigués.
Conferencias e mesas redondas
Oito conferencias e tres mesas redondas integran o programa desta Éé Sports Edition, que acolleu esta ma un debate sobre o papel de TikTok e Twitch no mrketing deportivo, na que participaron o responsable de redes sociais do Celta, Berto Carballo; o influencer Miguel Mandayo, o director de novo negocio e estratexia dixital de Bushido Talent, Pablo Rodrguez, e a responsable da axencia Trend, Xiana Vidal. Tras este coloquio, tivo lugar unha mesa titulada Construr brand lovers no mundo deportivo, na que intervieron o director comercial do Celta, Carlos Salvador; o responsable de mrketing deportivo e comunicacin de Estrella Galicia, José Villanueva, e o responsable de comunicacin do Atlético Guardés, Borja Refojos. As mesmo, esta ma tiveron lugar tamén os relatorios do responsable da axencia MolcaWorld, Fran Carrasco, e do fundador do Marisquio, Carlos Domnguez.
Xa pola tarde, a xornada continúa cunha mesa sobre o futuro do deporte, que reúne representantes do xornalismo deportivo, da axencia Youplanet e da rea de e-sports do Celta, xunto co futbolista do primeiro equipo e estudante da 鶹 Kevin Vzquez e o ex-xogador Borja Oubia.Esta primeira xornada pecharase cunha presentacin do proxecto Galicia Sports 360, a cargo de Marin Mourio, e a actividade retomarase na ma do xoves cunha conferencia sobre mrketing de influencers a cargo da coordinadora de embaixadores e talentos de LaLiga, Juliana Francini. Nesta segunda xornada tern tamén lugar os relatorios de Emmanuel Joven, director de arte na axencia Bap & Conde; Mara José Herbn, directora corporativa do RC Celta, e Andrés Weiss, redactor e xestor de redes sociais do dixital La Media Inglesa.
