DUVI

Diario da 鶹

Nun proxecto con financiamento estatal desenvolvido en oito centros da provincia de Ourense

Investigadoras da 鶹 forman a preto de mil rapaces e rapazas para ser “consumidores responsables” de alimentos

Co obxectivo de fomentar hbitos saudables e previr a obesidade

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • پܱ
  • ú
  • Աپ
DUVI Ourense 07/05/2024

Este curso académico desenvlvese desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense un proxecto con financiamento estatal destinado a formar como consumidores responsables a rapaces e rapazas de Educacin Primaria e Secundaria. A iniciativa acaba de rematar o seu percorrido por oito centros educativos da provincia, percorrido nos que levou a cabo talleres prcticos que permitiron a arredor de 850 nenas e nenos aprender a comprender a informacin nutricional das etiquetaxe dos alimentos procesados que consumen habitualmente.  

A iniciativa conta con financiamento da convocatoria de axudas para o fomento da cultura cientfica, tecnolxica e de innovacin da Fundacin para a Ciencia e a Tecnoloxa, FECYT (do Ministerio de Economa, Industria e Competitividade) e est desenvolvida por un grupo de sete docentes do Grao en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos do campus de Ourense pertencentes ao grupo de investigacin Food and Health Omics e ao Grupo de Innovacin Docente en Educacin Alimentaria Aliméntate con Ciencia e Conciencia.

Diferentes fases

O obxectivo do proxecto, coordinado pola profesora Beatriz Cancho, é que o alumnado adquira habilidades que lles permitan elixir mellor os alimentos que consomen e ter unha alimentacin mis saudable que repercuta positivamente na súa saúde presente e futura, coa idea ademais de que este alumnado actuar como vector de transmisin da informacin recibida súa contorna familiar e social. Para acadalo conta con varias lias de actuacin que xiran a arredor de tres eixes temticos: azucres engadidos, graxas saturadas e bebidas enerxéticas. A primeira accin foi a elaboracin de materiais didcticos destinados aos talleres e que estn xa dispoibles na web do proxecto para o seu uso por parte das persoas e colectivos interesados. Entre eles hai vdeos divulgativos, carteis, xogos de cartas temticos e as fichas empregadas nos talleres.  

O proxecto continuou coa celebracin de talleres prcticos nos centros educativos inscritos: CEIP Virxe dos Remedios (Castro Caldelas); CEIP Rosala de Castro (Xinzo de Limia); CEIP de Maceda; CEIP de Ribadavia; Colexio Sagrado Corazn (Celanova) e de Ourense cidade Colexio Divina Pastora, CEIP Curros Enrquez e Colexio Marista Santa Mara. Cada obradoiro contou cunha charla formativa e seguiu coa realizacin de diferentes actividades prcticas, a modo de xogo, enfocadas en saber canto azucre engadido, graxas saturadas, sal e estimulantes se esconde nos alimentos que as e os escolares consomen habitualmente (como lambetadas, bolera, galletas, cereais, batidos e bebidas) para que aprendesen a clasificar os alimentos procesados, de mis a menos saudables, en base informacin reflectida nas etiquetas. Finalizados os talleres a pasada semana, est aberto agora un concurso de vdeos TikTok entre os centros e alumnado participante, para que sexan eles os que amosen de xeito visual e creativo o aprendido. Desde a organizacin da actividade destacan a resposta “positiva e participativa” do alumnado nas sesins e agradecen a profesorado e centros a súa implicacin neste proxecto. Polos bos resultados acadados, engaden, a idea é darlle continuidade a esta iniciativa o vindeiro curso académico.

Actuando desde as primeiras etapas

Sobre a importancia da abordaxe desta formacin desde as aulas, o equipo investigador explica que a obesidade infantil estase a converter nun serio problema de saúde pública (catro de cada dez nenas e nenos e tres de cada dez adolescentes teen obesidade) e é unha prioridade estratéxica a nivel internacional para reducir o impacto de patoloxas asociadas, como a diabetes e enfermidades cardiovasculares. Actualmente, engaden, diminuu o consumo de froitas, verduras, legumes e produtos frescos propios da dieta mediterrnea e aumentou o consumo de alimentos procesados con maior contido en azucres engadidos, sal e graxas saturadas. Neste contexto, recalcan, durante a infancia e a adolescencia apréndense e configúranse os hbitos alimentarios e estilos de vida que persistirn en etapas posteriores da vida, polo que apuntan que as intervencins impulsadas desde os centros educativos centradas nas boas prcticas alimentarias, como a realizada nesta ocasin, son moi relevantes.