DUVI

Diario da 鶹

A programacin desenvolverase os das 18, 19 e 20 de maio

Seis investigadoras e investigadores do campus levarn a ciencia s cafeteras nunha nova edicin de Pint of Science

Sern charlas divulgativas abertas ao público interesado

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • پܱ
  • Transferencia
DUVI Ourense 14/05/2026

A cidade de Ourense súmase un ano mis celebracin do 18 ao 20 de maio dunha nova edicin do festival divulgativo , que contar con arredor de 1300 charlas e eventos en 114 cidades e municipios de toda Espaa. O Café&Pop Torgal acoller os tres das de programacin conferencias divulgativas, abertas ao público xeral interesado, de seis investigadoras e investigadores do campus de Ourense e diferentes disciplinas.

Ciencia para un futuro sostible

Alén dos patrocinadores xerais da Pint of Science en Espaa, no caso de Ourense tamén colaboran coa iniciativa a Vicerreitora do campus, as facultades de Ciencias e Historia e a Área de Normalizacin Lingüstica. O da 18, s 18.00 horas, ter lugar a primeira sesin, que co ttulo Ciencia para un futuro sostible: da terra mesa achegarase “aos retos ambientais e de saúde que definen o noso tempo” e a como “a ciencia busca solucins innovadoras dende a base”. Nuno Muoz, investigador do grupo BiotecnIA (Biotecnoloxa Industrial e Enxeera Ambiental) abordar o potencial dos insectos comestibles como alternativa sostible s protenas tradicionais. “Por que interesan tanto? Que vantaxes teen e que frea o seu consumo? Nesta charla exploraremos o seu potencial dentro dos retos actuais da alimentacin”, sinala o convidado. Ademais, falar do traballo que realizan no seu grupo de investigacin de transformacin de insectos en produtos de valor engadido como protenas, quitina, encimas ou mesmo biofilms. 

Seguiralle Sabela Pérez, do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigacin e Transferencia, cunha charla sobre os mitos misxinos na manosfera dixital. Na súa intervencin analizar o impacto deste fenmeno, sobre todo en redes sociais e xurdido como reaccin ao feminismo, e desentraar algúns dos mitos e bulos que difunde. Ser, indica a investigadora, “unha oportunidade para entender como se constrúen estes discursos e aprender a detectalos cunha ollada crtica”. 

Resistencia ambiental e innovacin docente

O da 19, no mesmo lugar e mesma hora, celebrarase a segunda sesin de Pint of Science Ourense co ttulo Retos do século XXI: resistencia ambiental e innovacin docente. “Desde o estudo de solucins ambientais e da saúde no noso solo ata a transformacin do modelo educativo na era dixital, estas charlas exploran como a investigacin de vangarda impulsa un futuro mis sostible e mellor conectado”, comentan desde a organizacin. Vanesa Sants, do grupo de investigacin BV1 Pranta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos, falar do solo e a resistencia aos antibiticos. “Baixo os nosos pés hai un universo invisible cheo de vida. Os microorganismos do solo non s sosteen os ecosistemas, senn que tamén inflúen na saúde global. Nesta charla descubriremos como o solo participa na aparicin e propagacin da resistencia aos antibiticos, un dos grandes desafos actuais, e que solucins se estn a investigar desde a microbioloxa do solo”, apunta a investigadora da 鶹. 

Pola súa banda, a Manuela Raposo, do grupo de investigacin Cooperacin en Investigacin para a Equidade Educativa e Social, ofrecer a charla Titorizar a Formacin Dual na era dixital. “A Formacin Dual est en expansin na universidade espaola, pero implica coordinar o mbito académico e o profesional”, sinala a profesora do campus. Na charla analizar as condicins e como se titorizan estas prcticas, as ferramentas como os ePortafolios, as eRúbricas ou as videoanotacins para mellorar o seguimento, a comunicacin e a avaliacin; que riscos e oportunidades xorden ante o impacto da intelixencia artificial e se estamos preparados para asumir os novos retos neste eido. 

Alimentando o futuro

A terceira e última sesin ser o da 20, tamén s 18.00 h no Café&Pop Torgal, e leva por ttulo Alimentando o futuro: do mar tradicin. Nela explorarase “o potencial transformador de dous piares fundamentais da nosa contorna: o mar e as races culturais”. Adela Alvaredo, do grupo Bio2Val Biorefinera e Valorizacin da Biomasa, ofrecer a conferencia Algas: da area ao prato. “As algas que vemos na praia poden ser moito mis que parte da paisaxe. Nesta charla exploraremos como algunhas especies poden transformarse, mediante procesos sostibles, en ingredientes alimentarios con alto valor nutricional. Falaremos dos seus beneficios para a saúde e do seu papel nunha alimentacin mis sostible, conectando o mar co noso da a da”, apunta a investigadora da 鶹. 

Por último, Mara Garca, do grupo AA1 Investigacins Agrarias e Alimentarias, falar sobre o valor dos alimentos tradicionais. “Son moito mis que receitas: son cultura, saúde e sostibilidade. Nesta charla descubriremos por que o seu consumo se asocia a dietas mis equilibradas e como a súa producin local contribúe a reducir o impacto ambiental. Recuperalos non s protexe a biodiversidade, senn que tamén apoia as economas rurais e conéctanos co noso pasado”, afirma.