Nun artigo publicado na ‘Revista Espaola de Urgencias y Emergencias’
O grupo Remoss contrapn a realidade silenciosa do afogamento co imaxinario instalado por ‘Los vigilantes de la playa’
Trtase dun proceso “sutil” que dura unha media de 90 segundos
Emitida en 148 pases, cunhas audiencias semanais de 1100 millns de espectadores, a serie Los vigilantes de la playa introduciu na cidadana un “imaxinario de ficcin” respecto do afogamento, instalando na sociedade ideas como a de que unha persoa que se atopa a piques de afogar berra e axita os brazos. Mais diferentes investigacins teen amosado que este é un proceso “sutil, silencioso e que dura pouco tempo”, unha media de 90 segundos, como sinala un artigo do grupo de investigacin Remoss, da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, centrado en “contrastar a evidencia cientfica co imaxinario sobre o afogamento”, como explica o seu responsable, o catedrtico Roberto Barcala.
Publicado na Revista Espaola de Urgencias y Emergencias, este traballo emprega a serie estadounidense Baywatch como punto de partida para pr o foco nunha serie de “mitos e costumes” asentadas na poboacin co propsito de tratar de amosar, a través dos resultados de diferentes investigacins, “que as cousas son doutra maneira”. O punto de partida dun traballo “de divulgacin e concienciacin social”, explica Barcala, é que o número de persoas afogadas mantense nunhas cifras “similares” ano tras ano, o que leva a este investigador a pr de relevo un dos factores polos que, “a pesar de que hoxe temos mis informacin e de que volve haber mis socorristas, a xente sigue afogando”. Este é, sublia, a existencia dun “ideario” ligado s representacins deste tipo de episodios que traslada a ficcin cinematogrfica e televisiva. “O que vemos na ficcin é o que cremos que pasa”, recoece Barcala, que incide en que, no caso de Los vigilantes de la playa, “isto tivo unha repercusin enorme, porque foi a serie mis vista na década de 1990, da que seguimos a falar a da de hoxe”.
A falta de supervisin, principal causa dos afogamentos na infancia
Fronte as “imaxes de afogados gritando, que sempre eran salvados”, o artigo pon de relevo que “durante o proceso de afogamento, ninguén alza a voz”, as como no feito de que se trata dun “verdadeiro problema de saúde pública, que mata entre 400 e 600 persoas ao ano” en Espaa. A serie amosaba tamén “baistas imprudentes, xente alcoholizada entrando na auga” ou “adultos que non prestaban unha correcta vixilancia aos seus fillos, o que leva a Barcala a subliar o perigoso da idea de que “cando un neno berra, é cando tempos que socorrelo”, que se ve plasmada en “numerosas historias clnicas”, nas que os seus coidadores e coidadoras “manifestaron que non os escoitaron pedir axuda”.
Pola contra, unha investigacin do grupo Remoss, que analizou os episodios de afogamento de persoas en idade peditrica atendidos en Galicia polos servizos de emerxencias sanitarias ao longo de 15 anos, permitiu constatar que “a maior parte dos nenos afogan por falta de supervisin”. De feito, o estudo publicado en 2022 situaba este factor como principal causa do 55% destes episodios, que no 46% dos casos non tian lugar en praias ou ros, senn en instalacins acuticas como piscinas particulares.
Mis a serie tamén “tivo cousas boas”
Alén de que Los vigilantes de la playa contribuse a asentar na poboacin unha serie de “falsas indicacins” respecto do que implica o afogamento, “desde un punto de vista clnico, non todo foi un erro”, admite Barcala. O catedrtico alude en concreto ao papel que xogou de “visualizacin do afogamento” ou da importancia que teen as ventilacins de rescate, vez que permitiu dar a coecer o traballo das e dos socorristas e mostrou o “mnimo risco de morrer en praias vixiadas”, un feito corroborado por diferentes estudos, que indican que a maior parte destes episodios danse en areais sen supervisin.
Non obstante, o investigador sinala que, fronte visin da serie, na que as persoas teen que ser salvadas, “o paradigma acutal é a anticipacin, baseada na prevencin activa”. O artigo detense nese senso en que, a pesar de que nas últimas décadas “creceu exponencialmente” a investigacin neste eido, o principal reto continúa a ser ese labor preventivo. Neste punto, Barcala lembra neste artigo o traballo que desenvolve desde 2016 o grupo de traballo multidisciplinar Semes-Socorrismo, da Sociedad Espaola de Urgencias y Emergencias, que ten como fin “promover as boas prcticas baseadas na evidencia cientfica”.
