DUVI

Diario da 鶹

Segundo un estudo realizado polo grupo Remoss e a Fundacin Urxencias Sanitarias-061

A maiora dos afogamentos de nenos en Galicia teen lugar en piscinas e débense falta de supervisin

As e os menores de 4 anos son os que sufren mis incidentes

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ú
  • Աپ
DUVI Pontevedra 23/06/2022

Entre os anos 2006 e 2020, os servizos de emerxencias sanitarias atenderon en Galicia 100 episodios de afogamento de nenos e mozos en idade peditrica, de entre 0 e 14 anos, dos que practicamente a metade correspondan a menores de catro anos. Un 46% destes incidentes non tiveron lugar en praias ou ros, senn en instalacins acuticas como piscinas particulares e no 55% dos casos tiveron como principal causa a falta de supervisin, xa que os menores atopbanse sos no momento do incidente. Estes son algúns dos datos que se extraen do estudo realizado polo grupo de investigacin Remoss (Rendemento e Motricidade para o Salvamento e o Socorrismo) da 鶹, xunto coa Fundacin Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, publicado na revista Revista Espaola de Salud Pública, do Ministerio de Sanidad.

Realizado coa colaboracin de investigadores das universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e Barcelona, este artigo presenta os primeiros resultados do traballo que Remoss leva a cabo para elaborar o primeiro censo de afogamentos en Galicia, que abarca dende o incidente acutico, atendido polos socorristas ou por testemuas, ata a alta hospitalaria. Inserido na investigacin que a médica da Fundacin Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 Patricia Snchez leva a cabo para a súa tese de doutoramento, que ten como obxectivo coecer as caractersticas dos afogamentos que tiveron lugar en Galicia nos últimos 16 anos, a partir dos datos recollidos polo 061. “O obxectivo é non s coecer que pasou, senn tamén que ocorreu, cando, onde e por que, xa que isto axuda a atopar medidas preventivas”, salienta o investigador principal do grupo Remoss. Roberto Barcala, que sublia que non existe ningún outro estudo en Espaa destas caractersticas. 

Unha “epidemia descoecida”

“Non hai un rexistro oficial de afogamentos en Galicia”, engade Snchez Lloria, que lembra que a pesar de que a investigacin permitiu detectar un centenar os episodios de afogamento de menores de ata 14 anos neste perodo, o 9% con consecuencias mortais, “a realidade ten que ser moito maior”. Non en van, explica, o estudo susténtase “na anlise caso por caso” das asistencias codificadas polos servizos de emerxencias sanitarias como “afogamento, case afogamento ou afogamento non mortal”, xa que este é un proceso “polo cal a aspiracin de lquido desencadea unha hipoxia sistémica” que non ten porque ter como consecuencia o falecemento. Non obstante, como sinala a médica e investigadora, quedan fra da anlise, por falta de datos, aqueles casos “que foron derivados Cruz Vermella ou Proteccin Civil” ou nos que as vtimas foron trasladadas en vehculos particulares. “É unha epidemia descoecida e estamos observando que é mis epidemia do que pareca”, conclúe Snchez. Nese senso, os autores e autoras deste artigo lembran que o afogamento constitúe “un importante problema de saúde pública na etapa infantil” e unha das cinco principais causas de morte de persoas de ata 14 anos en mis de 40 pases. 

Afganse mis nenos que nenas

Dos 100 casos analizados, o 62% correspondan a nenos e mozos, fronte ao 38% de nenas e mozas, presentando os varn un “maior risco de afogamento” en todas as idades analizadas. O 49% das vtimas tian as mesmo catro anos ou menos e nesta franxa de idade mis do 65% dos nenos e nenas sufriron este incidente en piscinas, públicas ou privadas, e outras instalacins acuticas. De feito, neste grupo o risco de afogarse é maior “por cadas accidentais que por actividades acuticas ou deportivas”, do que d mostra o feito de que tamén se rexistrasen incidentes “en lugares non habilitados para o bao, como barreos, pozos ou lavadoiros”. 

No conxunto da mostra, as piscinas e instalacins acuticas concentraron o 46% dos accidentes, fronte ao 15% de ros, lagos e encoros e o 34% de praias martimas, onde se concentrou o maior número de afogamentos de mozos e mozas de entre 10 e 14 anos. 

Como recolle o estudo, o 52% dos afogamentos tivo lugar entre as tres e as sete da tarde e no 55% dos casos a “principal causa foi a falta de supervisin”. De a que os investigadores poan o foco na importancia da prevencin “como elemento nuclear” para evitar afogamentos. “Por exemplo, simplemente que as piscinas se vendan cun peche perimetral, como sucede en Francia, pode salvar moitas vidas”, apunta Barcala.

Case a metade dos casos, na provincia de Pontevedra

Dos 100 incidentes analizados 46 tiveron lugar na provincia de Pontevedra, 37 na da Corua, 12 en Lugo e 5 en Ourense, sendo 2005 o ano con maior número de afogamentos e Cangas do Morrazo o municipio no que se deron en maior medida. En mis do 80% dos casos, exclundo o dos seis menores que faleceron no lugar do incidente, as vtimas foron trasladadas a un centro hospitalario, no 47% dos casos, a unidades de coidados intensivos peditricas. Non en van, estes episodios implicaron consecuencias como que preto do 40% dos afectados e afectadas presentasen un edema pulmonar e que o 34% rematasen sufrindo pneumona. 

A investigacin pon as mesmo de relevo a importancia que ten neste tipo de situacins a manobra de reanimacin cardiopulmonar (RCP), realizada polo 42% das persoas que presenciaron estes accidentes. Segundo recolle o artigo, no 79% dos casos analizados producise un “retorno da circulacin espontnea”, a recuperacin das constantes vitais, e cando aconteceu isto, a mortalidade foi do 3%, fronte ao 89% cando non se produciu. Deste xeito, unha das conclusins do estudo é como “o inicio da reanimacin por testemuas”, sumada “ rpida resposta dos servizos de emerxencias” sanitarias, que tardaron unha media de 12 minutos en chegar ao lugar do incidente, fixeron posible esta “alta taxa de supervivencia”.

Os primeiros pasos nun amplo campo de anlise

Os resultados deste estudo recllense no artigo , que asinan, xunto a Barcala e Snchez, o tamén investigador do grupo Remoss e profesor da Escola de Enfermara Martn Otero; Silvia Aranda, da Universitat de Barcelona; Oscar Cosido e Jorge Blanco, da Universidad de Oviedo, e Ignacio Muoz e Antonio Rodrguez, da USC. Trtase, como sinalan Barcala e Snchez, dos primeiros resultados dunha investigacin que pretende inclur todas as franxas de idade, as como as consecuencias econmicas deste “problema silenciado”. O proxecto “busca coecer as diferentes manifestacins do afogamento”, salienta Barcala. De feito, unha vez realizado a anlise global, o seu propsito é continuar esta lia de estudo analizando “os incidentes con múltiples vtimas” e na casustica que afecta s persoas maiores. “Estamos anda extrapolando datos e fltanos anda analizalos de forma mis rigorosa, pero chama a atencin que as piscinas particulares son tan perigosas ou mis para as persoas maiores como para os nenos”, adianta nese senso Snchez Lloria.