Nun proxecto que investigadores de Fisioterapia desenvolven coa asociacin Avempo
Un estudo pioneiro avala os beneficios do exercicio terapéutico con realidade virtual en persoas con esclerose múltiple
Dirixido a mellorar as súas capacidades funcionais
Analizar os posibles beneficios, en persoas con esclerose múltiple, dun programa de exercicio terapéutico con lentes de realidade virtual é o obxectivo do estudo que investigadores da Facultade de Fisioterapia desenvolven coa Asociacin Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (Avempo). Coordinado polos fisioterapeutas Gustavo Rodrguez e Pablo Campo, do grupo de investigacin HealthyFit da 鶹 e do Instituto de Աپ Sanitaria Galicia Sur, preto dunha vintena de socios e socias de Avempo participaron neste estudo pioneiro, que conta co financiamento do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (Cofiga). “Neste colectivo non haba investigacins que exploraran os usos da realidade virtual inmersiva para a mellora das súas capacidades funcionais”, destaca Campo respecto dun estudo que se insire súa vez no convenio de colaboracin entre a 鶹 e Avempo e no que participou tamén a estudante de mestrado de Fisioterapia Elena Ferreiro.
Dando continuidade a proxectos previos do grupo HealthyFit, que exploraban os beneficios da actividade fsica con dispositivos de realidade virtual, este estudo céntrase na realizacin e posterior anlise dun programa de exercicio baseado no uso de exergames, videoxogos que implican unha compoente fsica e cognitiva. “Traballaramos xa con persoas con prkinson ou alhzeimer e tratamos de extrapolar esta experiencia previa a un colectivo co que non se realizarn intervencins deste tipo, maila que xa exploramos os beneficios do exercicio nesta poboacin ”, apunta Campo. A esclerose múltiple, lembra, é “unha enfermidade neurodexenerativa inflamatoria crnica, que implica diferentes afectacins xerais, na marcha, no equilibrio e na forza ou problemas de control motor e tamén unha sintomatoloxa mis especfica, como poden ser cadros de fatiga moi marcados, e que ademais afecta a persoas moi novas”. Nese senso, o obxectivo deste programa, que foi realizado a un grupo de persoas cunha idade media prxima aos 40 anos, era contribur a “mellorar as súas capacidades funcionais e a súa calidade de vida ”.
Un programa de oito semanas
O proxecto abrangueu o desenvolvemento dun programa de exercicio de oito semanas, con dúas sesins semanais, nas que un grupo de participantes deba desenvolva diferentes actividades cuns lentes de realidade virtual inmersiva Oculus Quest 3, un dispositivo de última xeracin. Esta actividade foi supervisada pola fisioterapeuta Elena Ferreiro, como parte do seu traballo final no mestrado en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, xunto co persoal da asociacin e, de xeito, paralelo, outro grupo de participantes no estudo “seguiu realizando as actividades programadas polas asociacin”, apunta Campo. “Acabamos de rematar a intervencin e de facer as avaliacins finais”, engade o investigador, que explica que, a falta da anlise dos datos, “os resultados iniciais son positivos”, xa que constatan que desenvolver do programa é “factible e seguro, sen efectos adversos”, as como a “elevada satisfaccin e o compromiso” das e dos participantes coa iniciativa.
Os usuarios e usuarias de Avempo trasladan un alto grao de satisfaccin tras participar no programa de exercicio terapéutico do estudo. “Trtase dunha forma de incentivar o exercicio mis intenso nos pacientes, aos que s veces cústanos un pouco, e esta experiencia consegue facelo todo moi entretido e variado”, comenta unha das pacientes participantes, que considera que sera “moi interesante” introducir a realidade virtual nas sesins de fisioterapia de forma regular, dndolle continuidade ao proxecto.
Unha colaboracin que dar continuidade
Como explica Campo, esta colaboracin con Avempo arrancou hai preto dun ano, coa realizacin dunha xornada informativa, e levou posteriormente ao deseo dun protocolo de investigacin, , para logo dar forma a este programa de exercicio terapéutico, ao que agardan poder dar continuidade con novas colaboracins. O investigador sublia tamén o positivo de iniciativas como este proxecto, “que non sera posible sen a colaboracin das asociacins, do seu persoal e dos propios afectados" e que contou co financiamento das axudas para a investigacin do Cofiga 2023/2024, xa que “posibilitan que o alumnado do mster poida participar en estudos clnicos e desenvolver investigacins aplicadas”.
