Dereito acolle unha conferencia sobre a Convencin dos Dereitos do Neno
Os nenos e nenas son... de si mesmos
Jorge Cardona explicou os retos e desafos pendentes neste eido
A Convencin dos Dereitos do Neno cumpre 30 anos e para facer un balance da súa aplicacin e dos seus retos de futuro este venres a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu unha conferencia de Jorge Cardona, catedrtico de Dereito Internacional Público da Universitat de València e antigo membro do Comité dos Dereitos do Neno de Nacins Unidas. Nela, o experto lembrou como os nenos e nenas son “cidadns hoxe, non cidadns do futuro” e como son “suxeitos de dereito con plena dignidade”.
Durante a súa intervencin, feita no marco do Curso de Actuacin Xurdica da Facultade de Dereito, Jorge Cardona lembrou como en 1990 Espaa ratificou e entrou en vigor a Convencin dos Dereitos do Neno, que, apuntou “supuxo un cambio de paradigma fundamental cos nenos, nenas e adolescentes”. Tradicionalmente, detallou o catedrtico, este colectivo era visto ata entn como “un obxecto de proteccin, algo que tia que ser protexido”. Coa convencin, indicou, “o neno pasa a ser considerado suxeito de dereito, xa non é algo que ten que ser protexido senn que é unha persoa por riba de todo e polo tanto titular de dereitos”. Comezaron as, lembrou o experto, 30 anos nos que se fixo “un longo camio de avances” pero no que “anda queda moitsimo por facer”. Para acadar eses avances Jorge Cardona apuntou a dificultade non s de cambiar marcos xurdicos senn tamén “mentalidades”, pondo de exemplo a proposta do pin parental. “Estamos vivindo estes das a polémica de se os nenos pertencen aos pais, ao estado... a lei di que os nenos pertencen a si mesmos, son cidadns, nin os nenos nin os adultos pertencemos a ninguén, somos persoas con plena dignidade”, dixo o catedrtico de Dereito Internacional Público.
Neste contexto, Jorge Cardona indicou que entre os retos e desafos que hai no eido dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes “o primeiro é tomar conciencia do neno como cidadn, que implica o seu dereito a ser escoitado e a participar na familia, na escola, na sociedade”. Ese dereito a ser escoitados, detallou, non consiste en s ser odos senn que se tea en conta o que din. “Isto non quere dicir que haxa que facer o que di o neno nin o que di o adulto senn que quen ten que tomar unha decisin tome en consideracin a opinin do neno e se non a segue que diga o porqué”, explicou. No mbito da xustiza, engadiu, esta consideracin “é especialmente importante, pois temos leis en Espaa que din que se escoitar aos nenos a partir de 12 anos”. As, dixo o experto, “anda nos atopamos que nos divorcios dos pais, o pai vai cun avogado, a nai vai con outro avogado e o neno é como a casa a repartirse. O neno forma parte dese divorcio e necesita a defensa dos seus intereses e ser escoitado non s a partir de 12 anos senn de cinco ou seis anos tamén”.
Dereitos fronte violencia e pobreza
No caso dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, o relator afirmou como “hai moitos retos en Espaa e hai moitos retos globais”. Entre eles, situou un que no caso de Espaa cualificou Cardona como “lacerante”, como é a violencia contra os nenos e nenas. “É un tema do que non se fala, segue sen estar no debate social e é un drama do que temos poucos datos pero os que temos son terribles, como que o 80% do abuso sexual de nenos realzase na contorna familiar”, denunciou. O Comité de Dereitos do Neno, afirmou o catedrtico, “leva desde 2010 pedindo a Espaa que aprobe unha lei integral de violencia contra a infancia equivalente de violencia de xénero, que supuxo un gran cambio en Espaa neste tema”. As, o experto salientou como “é clave e fundamental unha lei que adopte medidas de sensibilizacin, concienciacin, prevencin, castigo e rehabilitacin das vtimas desa violencia”, lembrando como a violencia non é s violencia fsica, senn tamén verbal e psicolxica e como fronte violencia “a mesma dignidade ten un neno que un adulto”.
Entre os retos globais Jorge Cardona citou o feito de que “seguen morrendo no mundo cada da 17.000 nenos menores de cinco anos por causas evitables” e como “hai nenos que estn vivindo conflitos armados ou ambientais dos que non se pide ningún tipo de responsabilidade”. Neste contexto criticou como a comunidade internacional “non actúa como debera facelo”, pois, recalcou, “é insoportable que a da de hoxe morran 17.000 nenos por causas evitables”. No caso estatal tamén falou da inequidade, de como “en Espaa temos case un 36% de nenos, un de cada tres, en risco de pobreza e exclusin”, con opcins moi diferentes segundo a comunidade autnoma de nacemento. “Nacer nunha comunidade autnoma ou noutra marca a vida de moitos nenos e nenas e iso non é aceptable”, dixo.
30 anos despois da entrada en vigor da Convencin dos Dereitos do Neno, afirmou o catedrtico, fai falta anda moito desenvolvemento normativo, concienciacin e un traballo constante na loita polos dereitos de nenos, nenas e adolescentes. “Os dereitos hai que conquistalos todos os das, non hai nada conquistado de todo, nin para os nenos, nin para os adultos nin para ninguén. Hai que estar sempre a”, afirmou.
