DUVI

Diario da 鶹

Coa celebracin este xoves dunha dobre sesin, a constitunte e unha ordinaria

Bota a andar o novo Consello de Goberno da 鶹

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Democracia
  • Reitora
  • Institucional
DUVI 23/07/2026

Coa celebracin este xoves dunha sesin constitunte e, de seguido, dunha sesin ordinaria do Consello de Goberno, o novo equipo de goberno toma as rendas da 鶹. Na sesin ordinaria, a reitora Carmen Garca Mateo, presentou o seu primeiro informe no que avanzou as cifras de matrcula de primeiro ingreso nos graos, nos que a 鶹 xa ten cubertas o 90% das prazas, e confirmou a realizacin de dous informes sobre a situacin econmico-financeira da institucin.

A xornada arrancou cunha breve reunin extraordinaria que serviu para conformar a composicin do Consello de Goberno da nova lexislatura, integrado por 59 membros, coa reitora Carmen Garca Mateo como presidenta; a secretaria xeral, Emma Rodrguez; e a xerenta, Ana Comesaa e os 15 membros designados pola reitora que, ademais dos dez vicerreitores e vicerreitoras, son os PDI Elena Alonso, Javier Hervés, Virxilio Rodrguez e Elsa Vzquez e o PTXAS Rafael Ameneiro.

A estes hai que sumar os 20 membros elixidos polo Claustro na sesin da pasada semana (dez PDI, oito estudantes e dous PTXAS), e outros 15 membros elixidos tamén polo Claustro entre as persoas que desempeen a direccin dos centros e das unidades docentes e de I+D+i. Completan o Consello de Goberno tres membros do Consello Social alleos comunidade universitaria (Xulio Calvio, Mª Elvira Larriba e Ernesto Pedrosa) e se recoece a presenza con voz pero sen voto de tres representantes sindicais: Miguel Cuevas, Marta Pazos e José Manuel Garca Eirn.

Informe da reitora

No seu primeiro informe ante o Consello de Goberno, Carmen Garca Mateo comezou asegurando que a transicin do anterior equipo de goberno ao novo segue a realizarse “de xeito ordenado e sen sobresaltos” e que ser a finais do mes de setembro cando previsiblemente estea completamente despregado e operativo tanto o novo equipo de goberno, como as vicerreitoras, o gabinete da Reitora e a Xerencia.

En relacin co proceso de matrcula nos graos que oferta a 鶹, a reitora confirmou que neste intre, no que se est a realizar o terceiro chamamento, das 3374 prazas ofertadas, un 90% xa estn cubertas, quedando unhas 370 dispoibles, mentres que a porcentaxe de titulacins pechadas elévase ao 75%. Un proceso que “se est a realizar sen contratempos” e no que a reitora agradeceu a implicacin e o traballo do Servizo de Grao, das reas académicas, direccins dos centros e da nova delegada e presidenta da CiUG, Mara del Carmen Cabeza Pereiro. Precisamente ao respecto desde proceso, na quenda de intervencins tomaron a palabra o director da EE Industrial, José Faria, e o profesor da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Uxo Pérez para alertar do exceso de matrcula en ambos centros. No caso do centro vigués, o director apuntou que contan neste intre con 60 estudantes por riba das prazas ofertadas, igual que sucede en Pontevedra no grao en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte cun 19% de exceso. Ambos docentes solicitaron que se revise o sistema de asignacin de prazas, algo que, como puntualizaba Faria, “transcende 鶹”. A reitora comprometeuse a traballar a futuro, da man da Consellera, da CIUG e das outras dúas universidades, para mellorar o sistema de admisin “que concordo en que necesita revisin”. Tamén se amosou favorable a que o sistema público oferte mis prazas para adaptar as a oferta demanda real en determinadas titulacins e a curto prazo, comprometeuse a traballar para que este exceso de alumando “non supoa unha mingua na calidade da docencia”.

Noutra orde de cousas, Garca Mateo explicou que “para encarar as negociacins do novo Plan de Financiamento cmpre ter informacin detallada e solvente da situacin econmica e financeira da institucin”, razn pola que, confirmou se encargou unha auditora das contas anuais do exercicio 2025 a unha nova entidade auditora, que tamén realizar un informe, neste caso solicitado polo Consello Social, “cunha diagnose independente sobe aspectos clave como remanentes, capacidade financeira, evolucin de gasto de persoal ou teito de gasto”.

En relacin coas actualizacins das retribucins do persoal investigador, que abranguen desde o ano 2022 e ata a actualidade, a reitora confirmou que para executar a sentenza correspondente, “o persoal en activo percibir os atrasos en tres bloques nas nminas de setembro, outubro e novembro; mentres que para o persoal que xa non forma parte da Universidade, vaise habilitar un procedemento para que indique os seus datos bancarios e facer efectivo o pago dos atrasos”.

Polo demais, co gallo da celebracin nas últimas horas do Da Europeo en Memoria das Vtimas de Crimes de Odio, Carmen Garca Mateo reiterou o compromiso da 鶹 “para manterse moi vixiante, denunciar e rexeitar categoricamente calquera mensaxe ou conduta nas súas canles de comunicacin que poida ser considerada delito de odio” e destacou a participacin da institucin nesta efeméride iluminando de cor azul a pasada noite os edificios de Ferro no campus de Ourense, Casa das Camps en Pontevedra e Redeiras a EEI de Torrecedeira en Vigo.

Regulamento de simultaneidade e adscricin do Centro Universitario Euses

Tras o informe de Garca Mateo, a primeira sesin do novo Consello de Goberno procedeu ao debate e aprobacin dos temas recollidos na orde do da. En primeiro lugar, a vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Rebeca P. Daz, anunciou a solicitude para a sada a concurso de tres prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde para o curso 2026/2027. Dúas delas sern de reposicin para o Grao en Enxeara Biomédica por dúas renuncias e a terceira para o Grao en Fisioterapia por unha xubilacin.

Os catro seguintes puntos foron presentados pola vicerreitora de Oferta Académica, Esther Pillado. Por unha banda, presentouse e aprobouse o Regulamento de simultaneidade de estudos oficias na 鶹. Segundo explicou a Vicerreitora, esta é unha normativa que trata de “actualizar a normativa anterior que é de 2017 (modificada en 2020) e o seu obxectivo é regular a simultaneidade de ensinanzas universitarias oficiais que non estean organizadas en Programas Académicos de Simultaneidade de Dobres Titulacins cun Itinerario Especfico”. A novidade mis importante “é permitir a matrcula ata 90 créditos (antes o lmite estaba en 78), equiparando este estudantado ao que est matriculado en Programas Académicos de Simultaneidade de Dobres Titulacins cun Itinerario Especfico”.

Nesta sesin tamén se aprobou o calendario e o procedemento para a aprobacin de verificacin e modificacin de titulacins de grao, mestrado e doutoramento para o curso académico 2028/2029 que, como explicaba Pillado, “est consensuado coas universidades públicas do SUG como en anos anteriores”.

Os dous seguintes puntos avanzaron na tramitacin da adscricin do Centro Universitario Euses 鶹. Primeiramente, aprobouse a integracin do expediente de aprobacin do convenio de adscricin do Centro Universitario Euses Vigo 鶹 mediante a incorporacin do informe da Asesora Xurdica. Unha vez incorporado este informe ao convenio de adscricin “que non se solicitara anteriormente pese a ser preceptivo de conformidade coa nosa normativa”, procedeuse aprobacin da remisin Xunta de Galicia do expediente do Centro Universitario Euses Vigo como centro adscrito 鶹. Deste deito, o Consello de Goberno eleva a solicitude 𳦰ٲ Xeral de Universidades, de modo que este é o derradeiro trmite interno deste proceso.

Finalmente procedeuse eleccin de membros para varias comisin delegadas do Consello de Goberno: Organizacin Académica e Profesorado; Planificacin e Asuntos Econmicos; Investigacin e Transferencia; e Extensin Universitaria e Estudantes. S foi preciso facer votacins no sector PDI para a Comisin de Investigacin e Transferencia e para a COAP, no resto dos casos houbo tantas candidaturas como postos. Ademais, tamén se elixiron os membros da Comisin de Reclamacins a Prazas de Profesorado Contratado.