DUVI

Diario da 鶹

Traballos do profesor Jorge Lens ilustran a trama do libro ‘El bosque de los deseos’

Fotografas de realidades diversas constrúen un conto infantil

Escrito por Ana B. Gmez a partires de imaxes tomadas en diferentes pases

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ʳܲԲ
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 19/02/2020

21 fotografas realizadas polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da dzܲԾ Jorge Lens en Vigo, Cangas e Bueu, pero tamén en Braga, Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Lisboa e Londres serviron escritora e xornalista Ana B. Gmez para dar forma a El bosque de los deseos, un relato infantil que articula a súa trama arredor dunha serie de imaxes sen un nexo de unin previo e que non foran pensadas para un público infantil. “Trtase de fotografas que pertencan a outros proxectos ou feitas nas mias viaxes por Europa”, explica Lens do punto de partida dun conto que constrúe a súa trama a partir dunha seleccin de imaxes que o docente foi colgando na súa conta de Instagram. 

“Ningunha foto est feita nun contexto infantil, son imaxes tomadas directamente da realidade”, engade Lens do punto de partida de El bosque de los deseos. Publicado pola editorial Lobito Bueno, Gmez constrúe neste libro, a partires desta seleccin de imaxes, a historia dunha nena que viaxa aos seus catro mundos imaxinarios favoritos, o dos dinosauros, o das festas, o dos bonecos e o dos superheroes. “A raz das fotos que a elixindo, a escribindo o texto”, explica Lens do que foi a súa primeira participacin nun proxecto dirixido a un público infantil. “Pareceume marabilloso que xuntando moitas fotos que a priori non teen ningún nexo, puidese construr un texto tan bonito”, recoece do traballo realizado por Gmez para “contar unha historia en cada imaxe” e articular unha trama a partires de fotografas que, ags unha que foi realizada ex profeso para o libro, tian orixes diversas. De feito, dúas das imaxes, tomadas en Londres e Lisboa, forman parte de City Blues, unha exposicin promovida pola Agencia Espaola para la Cooperacin y el Desarrollo (Aecid), coa que Lens percorre desde finais de 2018 diferentes pases de América Latina e que busca proxectar unha imaxe distanciada de estereotipos de diferentes capitais europeas.

Mundos mxicos, pero reais

A pesares de non ter un fo de unin previo, as 21 fotografas que ilustran este libro si comparten “algunha compoente un pouco mxica ou surrealista”, recoece Lens. Nese senso, o fotgrafo e docente salienta o seu interese polo “mundo da representacin, no sentido amplo da palabra”, de tal xeito que, no seu percorrido por diferentes cidades adoita centrar a mirada sobre “figuras animais, disfraces, manequns, carteis con debuxos ou fotografas en vallas que ao mellor estn representando outra cousa que hai detrs”. Diferentes elementos entre os que busca “establecer relacins por cores, por formas ou por significados” en fotografas que en parte implican “dar vida dalgún xeito” a obxectos inanimados. 

Nese senso, o texto de presentacin de El bosque de los deseos destaca que o libro busca tanto “demostrar que a realidade é a mellor ficcin”, como comprometer “ao ollo infantil coa fotografa”. Non en van, lembra Lens, os “poucos libros” infants que empregan fotografas adoitan presentar imaxes “ficcionadas, feitas para ese texto” ou que reproducen “dunha forma moi literal o mesmo que no texto”. Fronte a isto, “o interesante deste libro é que non é literal, que hai un texto suxerido sobre unhas fotos moi abertas de significado”, salienta. 

Nicaragua, seguinte parada

Dúas das fotografas includas no libro forman parte das 50 imaxes que integran City Blues, unha exposicin na que Lens presenta imaxes de Atenas, Londres, Madrid e Lisboa, e que retratan “cidades habitadas, con todos os seus defectos e todas as súas ilusins”. Promovida pola AECID, esta exposicin comezou a finais de 2018 en El Salvador un percorrido por América Latina, que posteriormente levou a Lens a República Dominicana, Guatemala, Costa Rica e Honduras. No terceiro ano do proxecto, City Blues viaxar en abril a Managua, capital de Nicaragua, onde, ao igual que nas anteriores sedes, a exposicin vese complementada por actividades como talleres ou visitas guiadas, que Lens desenvolve xunto co Centro Cultural de Espaa en cada pas.