Nunha xornada na que participaron profesionais deste sector
Ciencias da Educacin orienta ao alumnado de Infantil e Primaria sobre o seu futuro laboral e formativo
A cita contou coa asistencia de estudantes do último curso dos dous graos
A Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense celebrou este xoves pola tarde a xornada E agora que? Horizontes profesionais para mestres/as en Educacin Primaria e Infantil. A actividade tivo como obxectivo orientar ao alumnado de último curso destes dous graos sobre as opcins tanto laborais como formativas que teen unha vez rematen os seus estudos superiores.
A xornada dividiuse en dúas mesas redondas. A primeira contou con participacin de diferentes profesionais do sector educativo, a maior parte deles egresados e egresadas da facultade ourens, que explicaron ao alumnado os posibles itinerarios profesionais que teen, compartindo con elas e eles as súas experiencias laborais e os pasos que foron dando ata acadar os seus obxectivos. Concretamente participaron nesta mesa Marcos Antonio Fernndez, mestre especialista en Educacin Fsica, psicopedagogo e inspector de Educacin; Elena Gayo, mestra da especialidade en Educacin Primaria e en Educacin Especial, psicopedagoga e directora do CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro; Santiago Pato, mestre na especialidade idioma estranxeiro inglés; Juan Luis Rodrguez, mestre na especialidade en Educacin Infantil, psicopedagogo e orientador do Colexio Plurilingüe Divina Pastora, e Cristina Snchez, mestra de Educacin Primaria, psicopedagoga e investigadora predoutoral FPU.
A segunda das mesas contou coa participacin das e dos responsables dos diferentes estudos de mestrado e posgrao que hai na Facultade de Ciencias da Educacin do campus de Ourense, como son o Mestrado en Intervencin Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos, o Mestrado en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos, o Mestrado para o Profesorado de Educacin Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formacin Profesional e Ensino de Idiomas e o Programa de Doutoramento en Ciencias da Educacin e do Comportamento.
Ìý
