No marco da súa colaboracin coa Universidade de Bremerhaven
Alumnado da Fctou e de Relacins Internacionais participa en Alemaa nun seminario multicultural
Ao longo desta semana unha vintena de estudantes dos dous pases comparten actividades formativas
Alumnado das facultades de Ciencias Empresariais e Turismo (Fcetou) e de Relacins Internacionais do campus de Ourense participa desde o luns nun seminario internacional e multicultural na Universidade de Bremerhaven (Hochschule Bremerhaven), en Alemaa. A iniciativa permite ao estudantado da 鶹 compartir unha semana de actividades formativas e de ocio con alumnado alemn.
Esta visita devolve a realizada polo estudantado alemn que participou en Ourense no mes de abril na International Week 2026, organizada polas facultades de Ciencias Empresariais e Turismo e de Relacins Internacionais. Desde hai anos, existe unha estreita relacin entre a Fcetou e a Universidade de Bremerhaven, que permite que o alumnado dos graos de ADE e Turismo da facultade ourens poden obter ademais da súa titulacin pola 鶹 a de Bachelor of Arts in Business Administration e a de Bachelor of Arts in Cruise Tourism Management, respectivamente, pola Hochschule Bremerhaven. Ademais, cada curso académico realizan unha serie de actividades conxuntas, como a citada International Week e este seminario, actividades s que este curso académico se uniu a Facultade de Relacins Internacionais do campus de Ourense.
No seminario internacional que se desenvolve esta semana e que leva por ttulo Experiments and Evidence-Based Decisions, participa un total de 20 estudantes (dez de Ourense e outros dez de Alemaa). Trtase, indican desde a organizacin, dunha iniciativa que “combina aprendizaxe prctica, traballo intercultural e toma de decisins baseada en evidencia”. Esta “experiencia académica internacional da man da Hochschule Bremerhaven”, engaden, “constitúe unha oportunidade única para o alumnado compartir coecemento, desenvolver competencias globais e vivir unha experiencia académica enriquecedora nun contexto internacional”. Alén de fomentar as relacins internacionais entre as universidades e facultades participantes, o seminario permite ademais ao alumnado practicar idiomas, coecer diferentes formas de estudar e traballar e as enriquecer a súa formacin integral.
O programa do seminario inclúe unha ampla actividade formativa na Universidade de Bremerhaven arredor da temtica elixida, apostando por sesins participativas. Compleméntase con visitas a puntos de interese da contorna, como a planta de producin de Mercedes-Benz, o Centro Alemn de Emigracin (Deutsches Auswandererhaus), o Klimahaus (Museo do Clima) e a propia cidade e porto de Bremen.
